Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
CRÓNICA DOS 3 AVENTUREIROS COMELLÁNS

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> CAMIÑO DE SANTIAGO BTT. 26-29 XULLO
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Vie Ago 01, 2008 10:14 pm    Asunto: CRÓNICA DOS 3 AVENTUREIROS COMELLÁNS Responder citando

Despois duns días de ben merecido descanso (disculpade pola tardanza), imos a poñernos mans á obra para contarvos a experiencia sin que sexa un tostón.
Antes de nada, comentarvos que o pasamos depu....madre e que é unha experiencia para repetir, moi aconsellable. É difícil plasmar nunhas liñas as vivencias de 4 días completos, pero imos intentalo.


ETAPA 1. MOLINASECA - VILLAFRANCA DEL BIERZO.
(31km)

Pois ben, aínda coa resaca da Festa da Fraga erguémonos sin madrugar moito, as equipaxes xa feitas e as bicis ben a punto esperaban no garaxe. Ó final somentes eramos 3 e como o amigo Manolo de Vilalba se ofrecera a levarnos no seu furgón ata Molinaseca (un agradecemento compañeiro), por suposto non rexeitamos esa oferta. Ás 11:45 puntuais esperaban él e mais Emilio no pabillón polideportivo, ata onde nos desplazamos Tino e mais eu. En apenas 5 minutos cargamos as bicis e xa estábamos rumbo a Molinaseca (ó lado de Ponferrada). Ás 2 da tarde chegamos alí, despois dun confortable traxecto no furgón. Emilio, Tino e eu comemos alí nun mesón, eso sí, con moderación para facer os 30 km que nos separaban de Villafranca sin demasiado lastre. Foi unha pena que Manolo tivese que regresar con prontitude a Vilalba por asuntos familiares e non nos puidese acompañar na comida.
Despois dos cafés de rigor, comezamos a pedalear sin presa hacia o noso destino do día. Calor (o redor de 30º) e pouco vento, día ideal para pedalear. Pasamos por Ponferrada donde fixemos algunha foto no castelo, e proseguimos ata Cacabelos. Aquí paramos para o 2º café do día e ver a contrarreloxo final do Tour, que non nos podíamos perder. Ó seu remate, continuamos ata Villafranca; algún repeito duro antes de chegar casi nos fai votar pé a terra, pero as forzas estaban intactas e conseguimos pasalo.

Chegamos a Villafranca sobre as 6 da tarde, ó Albergue Ultreia da familia Jato, unha mier..a perdonando a expresión. Todo vello e sin demasiada hixiene........ e a simpatía dos albergueiros que brillaba pola sua ausencia. Un vello albergueiro que había alí arredediós que lle quitáramos o candado ás bicis, que alí non había "malvados"........ A un tris estivemos de irnos a algún hostal, pero ó final "resistimos", había que introducirse no ambiente do Camiño e esta era "terapia de choque" para ese fin.

Despois de ducharnos e deixar as literas arranxadas fomos a visitar Villafranca. Un pobo antigo e con encanto; caña aquí e caña alá, pasamos a tarde; ceamos inmellorablemente (non vos conto para non dar envexa, pero aquí comezou o noso "Camiño Gastronómico", somentes decir que a cecina e as chuletillas increíbles jeje), e ás 11 no albergue que pechaban as portas .............................................. asíque a dormir.



_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Vie Ago 01, 2008 10:47 pm    Asunto: ETAPA 2. VILLAFRANCA-SARRIA Responder citando

ETAPA 2. VILLAFRANCA-SARRIA (90km)

Despois de pasar unha noite mais mal que ben, sin pegar moito ollo (algún penso que non dormeu nada) espertamos alá polas 6:30 da mañán. O resto dos "habitantes" do albergue xa se tiñan erguido e algúns xa marcharan a "facer camiño". Sin moitas ganas, fomos recollendo os sacos, empaquetando e amarrando nas bicis a equipaxe. Un pequeno almorzo (apenas unha tostada con mermelada e un vaso de colacao) e sobre as 7:30 arrancamos, parapetados cos chuvasqueros. Frío a esas horas da mañán, e algo de néboa que non impedía a visibilidade. Xa dende a saída de Villafranca a carretera vai picando cara arriba, hacia Vega de Valcarce, e dende alí empínase aínda algo mais hacia Las Herrerías. Aquí comeza o porto do Cebreiro. Esto xa é outra historia; levamos algo mais de 1 hora pedaleando e polas contas que botamos levaranos mais de unha hora chegar ó alto (ronda os 10-11 km de subida). Asíque cada un ó seu ritmo, fomos tirando parriba sin presa pero sin pausa.

Ahí vai que a metade de subida, nunha rampa ben dura na que me puxen de pé rómpeme un eslabón da cadea, indo de pé e con toda a forza, coa conseguinte perda de equilibrio e casi-mocazo do que me librei polos pelos........... debeu ser o Santiago que velaba por min porque nun intre vinme cos fuciños no chán. Despois de parar e sacar o eslabón roto proseguín a subida.

Chegamos ó alto do Cebreiro ás 10:15 mais ou menos. Xa había fame, e qué mellor que un par de ovos fritidos con xamón (para cada un) que nos comemos nun mesón. Maravilla, cando saímos xa éramos outros. Unhas fotos nas pallozas, sellar as credenciales e continuar ruta hacia Triacastela, pero antes tivemos que subir o Poio e o alto do Hospital, que sin ser duros sí que se fixeron algo longos despois do que xa tiñamos subido. A baixada a Triacastela pola carretera; polo camiño é moi técnica e trialera, e coas equipaxes que levábamos non tiñamos ganas de arrisgar. Baixada a 55-60 km/h e preto de 10 km, unha gozada. En Triacastela enlazamos de novo co Camiño, subidas técnicas e algunha baixada "chunga".

Nunha destas baixadas problemón: cáeme a cadea entre o piñon grande e radios, machaca varias cabecillas. A roda feita un desastre, pero resistiu que non foi pouco. Non sei por qué será, pero despois de 5000 km e 0 problemas na bici, estes sempre aparecen cando peor lle veñen a un. Despois de unha hora eterna reparando a cadena, axustando o cambio,......... coa moral baixa proseguimos. Perdémonos, tiñamos intención de ir a Samos e cando nos damos conta pasaramos o desvío, que non estaba sinalizado (polo menos nós non vimos ningunha sinal). Volta a desandar varios kilómetros,baixo un sol de xusticia, para ó fin chegar a Samos sobre as 2:30 da tarde.

Alí atopamos a dous ciclistas valencianos que se animaron a vir a comer con nós. Comemos no mesón A Pontenova, recomendable si algunha vez ides por esas terras. Troitiñas e churrasco, e un precio realmente baixo. Saímos de alí co estómago e a carteira cheos, que é difícil nos tempos que corren. Os valencianos alucinaban con cómo se comía en Galicia (neste caso nós casi que tamén).

Despois uns 7 km que nos separaban de Sarria, por carretera e a paso tranquilo que había que facer a dixestión.

Xa en Sarria dirixímonos ó albergue A Pedra (serían as 5 da tarde). Esaxerado contraste, en comparación co albergue anterior esto era un hotel 5 estrelas. Moita xente di deste albergue (nos foros dos peregrinos) que é o mellor de todo o Camiño. Nós confirmámolo: unha habitación só para os 3, todo novo, limpio e pulcro, colchóns excelentes,....... Despois da ducha e de lavar e tender a roupa dos días anteriores, fomos a ver e disfrutar do ambiente de Sarria e do seu malecón (o paseo fluvial cheo de bares e terrazas), donde se estaba de vicio co calorciño que facía en compañía dunhas cervexas ben frías.

Quedaramos co alberguero (Jose) en que nos tivese unha tortilla preparada para as 9 no bar do albergue. Según algún peregrino "a mellor tortilla do mundo"; non sei si para tanto, pero realmente estaba ben boa. Acompañada de fiambre da casa e unha ensalada, non se podía pedir moito mais. Bueno sí, uns chupitos de caña de herbas casera ós que o alberguero invitou, e ó remate destes volveu a invitar, e ...... así 2 ou 3 rondas ata que nos deron a unha da mañán, de palique co alberguero e con unhas rapazas vascas que facían o camiño e tamén se aloxaban alí. A estas horas, xa o corpo pedía descanso asique para a cama e a dormir (esta vez sí, o soño foi de luxo).

Pero por oxe non vou escribir mais. Cando teña tempo rematerei a 3ª e 4ª etapas. Un saudo


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ivan
Invitado








MensajePublicado: Sab Ago 02, 2008 1:38 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
EMILIO LOPEZ COLLAZO



Registrado: 20 Ene 2008
Mensajes: 26




MensajePublicado: Sab Ago 02, 2008 8:09 pm    Asunto: Responder citando

Bueno eu non teño mais que contar xa que o relata Vicente de maravilla, so decir que eu quero ir sempre asi con esta compañia. Ata tiña a bici engrasada po la maña, por que o noso amigo Tino levantabase unha hora antes pra facelo. Gracias Tino
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Sab Ago 02, 2008 10:36 pm    Asunto: Responder citando

A verdade e que pouco se pode engadir ao que comenta Chente, tendo un cronista asi, penso que pouco nos queda que decir. A ver si Chente se anima a poñernos a cronica dos dous ultimos dias que tampouco teñen desperdicio.
Sobre das averias da bicicleta, Chente, xa che comentei no seu dia que oxala todos os problemas sexan estes.
O unico que me queda por decir e que e unha esperiencia para repetir, tanto polo percorrido, como pola compañia (inmellorable); estes dous elementos xa querian seguir ata Fisterra, e se non fose polo meu traballo de seguro que o percorrido acabariase "no fin do mundo".
Dar as grazas os dous compañeiros (Emilio e Chente) pola sua compañia.
Ah! Emilio xa ves que vos tratei como mereciades, como verdadeiros profesionais que sodes, "do bo xantar". Non toda a grasa se lle bota ao caldo, algunha tamen vai parar a cadea das bicicletas.
Un saudo a todos, sobre todo a os dous acompañantes. Eu xa estou desexando sair a facer o seguinte.

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Ago 05, 2008 12:39 am    Asunto: 3ª ETAPA: SARRIA- ARZUA Responder citando

Pois ben, imos rematando co que comecei fai un par de días:

3ª ETAPA: SARRIA-ARZÚA
(80km)

Luns 28: este día erguémonos sin presa, ás 8 da mañán pasadas. En media hora recollemos todo e en marcha (algún despediuse da alberguera cun par de bicos). En marcha relativa, porque aínda había que ir ata a tenda de bicicletas de Sarria para montarlle unha cadena nova á miña burra, e ver si a roda era "católica ou protestante", si aguantaría o tirón ou non.
Tiramos dende o albergue ata a tenda. Sorte que ó lado desta había un bar para tomar uns cafés e algo de almorzo mentres esperábamos. Alguen nos dixera que no verán adiantaban a apertura ás 9 da mañán; error, por alí non apareceu o bon do paisano ata as 10.
Sí señor, aínda había que poñer a máquina a punto, e esperábannos preto de 65 km para ir comer a Melide, menudo maratón nos esperaba esa mañán!!! Emilio, mais avispado, xa marchara facía un bo rato (sobre as 9:30), non quería ir ás presas e prefería que o colléramos polo camiño.

Pois eso, que chegou ás 10 Antonio (o mecánico de 2Ruedas en Sarria) vello coñecido da miña época laboral nese pobo; cambioulle a cadena nun intre, enderezou un pouco o cambio traseiro, regulouno, mirou a roda e sentenciou:
- Esto aguanta.
- Seguro Antonio?? mira que si non aguanta non che temos outra tenda ata Palas de Reis.............
- Aguanta home aguanta!

Pois ala, si aguanta tiramos. E tiramos como foguetes en día de festa, a toda leche dende Sarria hacia Portomarín pola carretera (non podíamos perder o tempo indo polo camiño pois pretendíamos ir comer a Melide).Xa pra asentar o almorzo, nada mais saír de Sarria un porto de 4km ó 4-5%Embarassed
E así foron caendo os kilómetros, duros nesa zona de subidas longas e baixadas mais longas si cabe. O ceo prometendo chuvia, pero vai termando durante todo o camiño.
Pasamos Portomarín, foto rápida na ponte e rumbo a Palas de Reis.
No km 38 do día recibimos chamada de Emilio
- Por donde andades?
- Estamos no punto kilométrico ....(non recordo) da carretera Portomarín-Palas

Resulta que él estaba tan só 3 km mais adiante tomando café nun bar. Alí esperou e xa tiramos xuntos, a ratos polo camiño e a ratos por carretera (xa non había tanta presa, tiñamos avanzado bastante), chegando a Palas sobre a unha da tarde (pasamos de largo) e a Melide ás 2.

Alí, e para non perder a costume, paramos a comer na mítica Pulpería Ezequiel. Maravilla de pulpo á feira, 6 racións caeron nin mais nin menos, e como quedamos con fame (increíble pero certo, ainda que as racións eran de campeonato) aínda mandamos un par de pinchos morunos. Mais 4 xarras de viño do país. E algún tamén tomou postre..................... semejantes tíos bestias
Agradecemento a Tino pola invitación a esa comida (metéuselle nos cornos facelo e non houbo maneira; na miña defensa debo decir que o resto das comidas as paguei eu........................ sí, sí, non é coña, pagueinas eu; era o que levaba o "fondo común" dos 3, asique o resto das comidas canseime de "invitar").

Pois co estómago cheo e con mais ganas de deitarnos nun prado que de pedalear, arrancamos de mala gana para facer os 16 km que nos separaban de Arzúa. Ó chegar ó primeiro repeito importante, pé a terra; os tentáculos do pulpo pesaban moito dediós a esas horas, asique a subir a pé tocou (está recollido nas fotos de abaixo). Emilio escojonábase á risa e decía:
-Xa verás cando lles conte nas Pontes que tiveches que apear nun repeitiño..................
Pois sí, e bon me foi pois corría risco de padecer algún ataque ó corazón.

Bueno, con algunha que outra coña mais foron pasando eses km, estes xa todos por camiño de verdade. Xa en Arzúa, un albergue novo e moi decente, o albergue Ultreia á entrada do pobo. Unha habitación para 30 ou mais, homes e mulleres e nenos e nenas, todos mezclados (pero non revoltos eh!).
Duchámonos e saímos a dar un paseo polo pobo (Emilio quedou botando a siesta). Xa á noite nin fame había, aínda seguía o pulpo vivo (non me extraña). Unhas ensaladas e algo lixeiro, peixe á plancha, infusións para asentar todo, e pronto a dormir, fora un día duro e non había ganas de contos.

Durante a noite, eu dormín bárbaro gracias ós tapóns que levei, pero algún penso que non pegou moito ollo gracias á axuda dun par de "individuos bufadores" que cohabitaban no barracón.DEMON Xa pola mañán decían que si un deles "cantaba rancheras" e o outro "facíalle os coros", ficción ou realidade??

Veña, mañan poño a última etapa, a mais corta pero tan intensa como as outras. Un saudo


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Ago 05, 2008 11:46 pm    Asunto: 4ª E ÚLTIMA ETAPA: ARZÚA -SANTIAGO Responder citando

4ª E ÚLTIMA ETAPA: ARZÚA -SANTIAGO (39km)

Xa queda menos para rematar este relato.
Despois de descansar bastante ben en Arzúa, erguémonos sobre as 8 da mañán Emilio mais eu. Tino xa se erguera unha hora antes, polo visto non daba durmido (malditos bufadores) e a nós veunos de maravilla (aínda que a él penso que non tanto): preparou as bicis, engrasou as cadeas,....... cando nós nos erguemos xa tiña almorzado e estaba listo para saír.
Asique almorzamos e partimos os últimos do albergue, xa todoquisque liscara. Néboa espesa e frío en Arzúa, ataviados cos chuvasqueros. Preguntamos ó "espabilado do pobo":
- Por onde se enlaza co Camiño de Santiago?
- Por aquí ou por alí..........
Vaia fenómeno, por un sitio ou por outro, pois sí que foi explícito o paisano, valíanos mais non preguntar.
O caso foi que pronto enganchamos o camiño(seguindo as indicacións que nos dera o paisano, tiramos "por alí"), e pouco a pouco foi aclarando o día e levantándose a néboa para dar paso a unha mañán de calor e como dí a canción "facía un sol de cara...o".
O camiño dende Arzúa en adiante é ben bonito, sempre metido entre arboleda, pero tamén é duro, nin un só kilómetro chan, sempre subir e baixar (con algunha das subidas ben dura). Camiñantes a tutiplén, en moitas ocasións grandes grupos ós que había que avisar para que deran paso. Sobre as 12 da mañán chegamos ó Monte do Gozo. Alí sacamos a foto da estatua fea que veredes abaixo, disque "monumento ó peregrino", aínda se escornou ben o que o ideou para facer semellante cousa................ índa si polo menos lle deran algo de color.
Atopamos tamén a un matrimonio cunha rapaciña de 11 anos que viñan en bici, preguntámoslles de dónde viñan: nin mais nin menos que dende Madrid (na bici), alucinamos, si a rapaciña con 11 anos fixo ese recorrido con 18 gañaralle o Tour a Contador polo menos. Nós ó seu lado quedamos á altura do betún.

Dende alí a Santiago todo baixar. Chegamos ás 12:30 pasadas. Fotos diante da Catedral (eso sí, nin siquiera se nos ocurríu entrar nela). Despois, a sellar as credenciais á oficina do peregrino e recoller a Compostela. Emilio mais eu xa estábamos argallando para prolongar a ruta ata Fisterra, un día mais. Sorte (ou lástima) do traballo de Tino, se non agora poderíamos contar a crónica do 5º día jeje.

Para despedir como merecía o noso "Camiño gastronómico" fomos comer a un dos "mellores" restaurantes de Santiago, lugar habitual de obreiros e outros bos xantadores, con comida caseira e de calidade: o mesón "O Tangueiro" en San Lázaro. Había fame (como non!) e pedimos algo de todo: empanada de bacalao, caldo galego, churrasco de ternera e cocho, criollos, cerveza e viño da casa que non faltara, algún postre, chupitos...... Alá foi outra fartada mais, esta vez xa era a última da ruta. Votando contas, menos mal que non fixemos o Camiño dende Roncesvalles que si non viríamos para casa con 5 ou 6 kilos de mais (polo menos).

Despois dos cafés pouco tivemos que esperar, pronto apareceu o amigo Manolo de Vilalba para recollernos. Volvimos a colocar as bicis no furgón, e en pouco mais de unha hora xa estábamos de regreso en As Pontes, serían as 6 da tarde.

En definitiva: 4 días de bici e bo humor (en total 240km), nos que disfrutamos de momentos dignos de recordar, e sempre nun ambiente inmellorable; comimos e bebimos como reis; o clima sempre acompañándonos, ..................... que mais se pode pedir???


Tan só espero, con todos os tochos que acabo de soltar por ahí arriba, non tervos aburrido moito e que fósedes capaces de apreciar un pouco mellor a nosa vivencia, a ver si con esto vos entran ganas de facer a ruta mais adiante.................................

Un saúdo e un agradecemento ós compañeiros de fatigas Emilio e mais Tino (como moito pódese igualar a compaña, pero é imposible mellorala) polo bo humor e o ambiente que crearon. Sempre todos de acordo e todos á unha. Así da gusto.
Un agradecemento tamén a Manolo de Vilalba, que perdeu unha parte do seu tempo de vacacións para irnos a levar a Molinaseca e buscarnos a Santiago, e nin siquera deixou que o invitásemos a comer. É moi de agradecer o seu esforzo.

E a tod@s os que lerades estas crónicas Dios vos bendiga polo aguante que tivestes, non é fácil soportar tremendo tostón........................... tan só animarvos a que fagades o Camiño cando teñades tempo. Estou seguro que en canto o fagades por primeira vez, quereredes repetir. E acordádevos de contarnos a vosa experiencia eh!

Un saudo a tod@s

(Déixovos o enlace co album web das fotos do camiño: http://picasaweb.google.com/vcd1978/CamiODeSantiagoBTT2529Xullo2008)


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Mie Ago 06, 2008 6:12 am    Asunto: ¡¡¡ BOA CRONICA !!! Responder citando

Noraboa pola Crónica e pola aventura.
xa vos comentei que son experiencias a repetir e sempre de agradecer , a ver si na próxima podemos coincidir , xa que as aventuras estan garantizadas
Un saudo
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Mie Ago 06, 2008 7:36 am    Asunto: Responder citando

Efectivamente Chente como ti dis a compañía inmellorable. A verdade e que eu tiña ganas de facer o Camiño por primeira vez, pero despois da esperiencia estou desexando voltar a facelo.
As cronicas estan perfectas, salvando algun que outro detalle, como o de esquecerte de falar da “espiritualidade do camiño”, lembra que eu empecei a vela chegando a Ponferrada e canto mais andabamos mais espiritualidade via (e eso que non entramos en ningunha Iglesia, nin tan siquiera na Catedral). Bromas a parte, voltando a leer as cronicas por si che esquecia algo importante creo que na primeira falas de que chegamos a o albergue Ultreia da familia Jato, e penso que o albergue de Ultreia e o de Arzua, (corrixeme se non e certo) non vamos mezclar un con outro porque a verdade e que a diferencia e enorme, tanto no estado do albergue como no trato.
Solo me queda dar as grazas a Manolo de Villalba polas molestias que se tomou en levarnos e traernos (e recorda se lees esto que temos unha comida pendiente), a os compañeiros de fatigas Emilio e Chente, e a toda a xente, albergueiros, camiñantes, camareros, etc, que nos axudaron a facer o camiño mais levadeiro. Unha mencion especial a “Jose” do albergue a Pedra en Sarria (que tio mais enrollado) e a o dono do meson “A Pontenova” en Samos (home moi agradable que non quere que da sua casa se vaia ninguen con fame, e a verdade e que o consegue), os dous sitios son de visita case que obligada alaU .
Bueno da gusto facer o camiño tan ben organizado todo como nos tiña Chente, tanto os albergues (salvo Jato en Villafranca, que "simpatico" o dono, que amabilidade) como os sitios donde nos levaches a comer excelentes, tiñasnos previsto donde lavar a roupa, etc, en difinitiva dareiche un “10” como organizador, pero por favor se temos que preguntar algo, deixa que sexa outro o que o faga, non porque non te sepas expresar, nooon; mais ben polo ollo que tes para escoller os persoaxes. Como ben dis na cronica da ultima etapa que fenomeno, que ardilla, pero acordate que a entrada de Sarria cando lle preguntaches a aquela paisana polo albergue non se quedou atrás, espabilada ela coma unha leituga, lista coma un pimento, que facilidad de palabra…Fora cachondeos grazas por todo.
Un saudo a todos e animadebos a facelo, e unha experiencia unica.

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Manuel Díaz



Registrado: 06 Ago 2008
Mensajes: 253
Ubicación: VILALBA



MensajePublicado: Jue Ago 14, 2008 9:24 pm    Asunto: Responder citando

estou esperando pola comida, mágoa que non poda ir á ruta de Caaveiro a comprobar como vos sentaron as paparotas esas pillíns. Saúdos
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> CAMIÑO DE SANTIAGO BTT. 26-29 XULLO Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro phpbb | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo