Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




FOTOS - ALTIMETRÍA - Track da ruta

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> I RODA NO LAGO BTT
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Abr 01, 2008 8:27 am    Asunto: FOTOS - ALTIMETRÍA - Track da ruta Responder citando

Neste post colgaremos o enlace coas fotos que tomemos ese día. Comentarvos que estamos abertos a colgar as fotos que faga calquera dos participantes, asíque animádevos a levar as cámaras.
Despois enviádelas por mail (vcd1978@gmail.com) e nos encargámonos de colgalas na web de fotos (o dito, xa vos poñeremos o enlace para que todos podamos velas).

Polo de pronto, na seguinte galería do compañeiro Iván temos algunhas fotos moi artísticas da extracción mineira, para ir abrindo boca:
http://picasaweb.google.es/buzonene1977/MinaAsPontes

bikerrrrrrrr CAMFOTO bikerrrrrrrr

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ivan
Invitado








MensajePublicado: Dom Abr 06, 2008 3:14 pm    Asunto: fotos roda o lago Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Dom Abr 06, 2008 3:50 pm    Asunto: Responder citando

Iván, eres un máquina tío; esto acaba de rematar fai un rato e xa nos colgas as fotos para que as podamos ver alaU alaU OK2
Por certo, vaia calidade que ten esa cámara.

Tal e como dixen ó comezo deste post, se alguen mais sacou fotos, pode enviárnolas a calquera das seguintes direccións de correo electrónico e nós colgaremolas para que todos podamos velas:

buzonene@yahoo.es
vcd1978@gmail.com

Un saúdo compañeiros Wink
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Lun Abr 07, 2008 4:12 pm    Asunto: FOTOS Responder citando

Hai van as miñas fotos
http://picasaweb.google.es/FSEOANEP/RODANOLAGO

Noraboa a Ivan polo seu amplo reportaxe.
Espero que se recupere pronto e poida disfrutar con nos na próxima

Un saudo
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
montero



Registrado: 18 Mar 2008
Mensajes: 67




MensajePublicado: Lun Abr 07, 2008 5:28 pm    Asunto: rota satelite, altimetria e animacíón interactiva Responder citando

(Mensaxe modificado polo Administrador o 8-4-08 ás 11:45)

Como quedara, deixovos o enlace onde podedes atopar as fotos vía satélite, altimetria, animación interactiva e o arquivo correspondente para quen teña instalado o Google Earth e queira vela nel...

Para acceder Click aqui

Creei un foro, a modo de mostra, pero que non está funcionando como foro polo momento, para que vexades cómo quedaría ciclaspontes si se integrase no portal: http://www.aspontes.narrede.com
(tedes acceso directo pinchando en www.ciclaspontes.narrede.com)

Toparédevos con unha réplica deste foro con alguns temas mais e funcionalidades extendidas, pero seguide de momento neste de ciclaspontes.creatuforo.com a tódolos efectos, xa que inda se están a mirar con chente "VCD" as posibilidades do novo foro do mellor xeito....

como información www.aspontes.narrede.com ( sitio onde está aloxado ese foro de mostra ) é un portal de foros e servicios unificados , nos que están a integrarse asociacións, colectivos e usuarios/as da localidade....Por suposto o seu caracter e apolítico e de libre participación...
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Abr 07, 2008 7:17 pm    Asunto: AGRADECEMENTO A FERNANDO E MONTERO Responder citando

Moitas gracias por esas fotos Fernando, estás feito un artista da cámara, dando pedales e tomando fotos ó mesmo tempo en varias delas.alaU
Tamén agradecer a Montero que nos deixou un arquivo de Google Earth con esta ruta, animación incluída.alaU

Sobre o tema que nos comenta Montero, aclararvos que de momento o que segue operativo e funcionando plenamente é CICLASPONTES.CREATUFORO.COM, para que non dé lugar a confusións. OK2

Para quen lle interese saber algo sobre ese novo foro quest , intento explicarvos(anque pode que non sexa este post o lugar mais indicado): sería facer unha mudanza ("migración") a este novo servidor, pero que aínda estamos a valorar (polo que de momento seguimos no foro actual).WHATT

Neste momento, estamos valorando con Montero este novo servicio, e cómo adaptalo ó que nós necesitamos. Parece que con él gañaríamos en seguridade (a páxina actual é un hospedaxe gratuíto, e como todo o gratuíto en internet pode ter os seus riscos, como pode ser a perda de datos en algún momento, etc); tamén gañaríamos en amplitude de servicios (chat, soporte ilimitado de información,...), e sobre todo, estase intentando contar co respaldo do concello de As Pontes a esa plataforma de foros, de forma que se intentará promocionar que as distintas asociacións e grupos de As Pontes utilicen esta plataforma única para unificar os seus foros (o cal nos permitiría un acceso moito mais sinxelo á información sobre actividades que realicen esas asociacións, e o acceso tamén desas asociacións á información sobre o que nos fagamos). surprise Sobre o papel, parece interesante, pero como todo o que comeza a dar os seus primeiros pasos, ainda queda moito por avanzar.

De todos xeitos, terémosvos informados sobre todo o que vaiamos avanzando neste sentido, e por suposto contaremos coa opinión de tódolos foreros antes de dar pasos que afecten ó foro de forma importante, como pode ser este, posto que o foro somos todos os que nel estamos rexistrados, todos temos voz e voto neste espacio.
Un saúdo. Vicente
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Mar Abr 08, 2008 6:26 am    Asunto: DUDAS FORO CICLASPONTES Responder citando

No me entero mui ben deste rollo que vos traedes (Chente e Montero). quest . Aclarademe en cal dos foros estamos e desde cando nos mudamos, ou si seguimos neste. Non me entero de nada. WHATT WHATT. Un saudo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Abr 08, 2008 9:57 am    Asunto: Responder citando

Para non liarvos mais, repito: Arrow

Arrow Segue operativo e con plena funcionalidade
Arrow www.ciclaspontes.creatuforo.com POALLÍ
Sobre o tema desa nova ubicación en outro servidor non hai nada aclarado polo momento, é posible que non cheguemos a mudarnos, e antes de dar un paso así por suposto contariamos coa opinión e o visto bon dos membros deste foro.
Espero que se despexaran as dudas que algúns tiñades en este sentido; calquer novidade vola farei saber ó seu tempo.
Un saúdo
Vicente
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
montero



Registrado: 18 Mar 2008
Mensajes: 67




MensajePublicado: Mar Abr 08, 2008 5:06 pm    Asunto: Aclaracións... avisase que é un pouco largo... Responder citando

Boas Tino, en primeiro lugar sinto si ese comunicado a raiz do ofrecemento pola miña partede de mellora de servicios do sistema de foros que estamos a empregar os participantes aqui en creatuforo foi causa de confusión .. en principio pareciame suficientemente claro cas explicacións miñas e mais ainda coas de vicente... "mea culpa" porque seguramente os que nos adicamos á esto da informática cando falamos do tema non hai dios q nos entenda ... Smile ... o dito ..que se aclara o que faiga falta que pa eso estamos...

Como previamente se acordou con vicente-chente-VCD con vistas a avaliar e ir vendo as ventaxas que ofrecia aos usuarios o novo sistema proposto de foros de as pontes creouse unha replica dos apartados principais do foro que tiña ciclaspontes en creaturoro (foro inicial pa entendernos). Para mais facilidade de acceso por parte dos usuarios ao novo foro proposto tamén foi creado un enlace directo desde www.ciclaspontes.narrede.com para que os usuarios de ciclaspontes non teñan que pasar polo resto de foros si non queren para chegar ao de ciclaspontes ) A intencion era e sigue sendo que os administradores do foro inicial Vicente e Ivan foran vendo o funcionamento e ventaxas e facendo as probas que quixeran.... e tamén que os usuarios puideran opinar e probaran os novas funcionalidades directamente....inda que se dixo e repiteu que se seguira empregando o habitual xa vexo que non se entendia de todo .... espero eu tamén que ahora quede todo mais aclarado sobre este punto.. sinón con preguntar todo se amaña...

para mais información dos foreiros/as entón contaremos a proposta feita de cámbio do foro de creaturoro ao sistema integrado de foros de as pontes

1.- O sistema de foros integrados de as pontes ( accesible desde www. aspontes.narrede.com) xurde cando meu irman a trabés do motoclube de aspontes www.finasportbikers.es me lia pa que lles faiga unha web, bueno pois nada .. a ver logo .. o primeiro é evidente que a web non é o que mais lles vai favorecer.. necesitan sobretodo un sistema de comunicación con socios, afeccioados .. efectivamente...un foro... empézanse probando varios gratuitos o que pasa q nos decatamos que non habia control ningún e podia perderse todo si á empresa que os ofrecia decidia cortar o asunto... ademais que as simpaticas das empresas que daban o servicio adicabanse a vender os correos electronicos dos usuarios a empresas de publicidade, e machacarnos os correos particulares.. logo buscaronse as ventaxas sin os inconvintes inda supoñendo un coste económico e moito traballo. Neste asunto e logo de pasar por varias versións chegouse á definitiva que é a que está ahora posta e que permite moitisimas mais posibilidades de control, expansión e opcions para os usuarios que as iniciais. A todo esto recalcar que o sistema de foros de as pontes é un sistema de foros locales, independiente, apolítico e de libre participación como se ten indicado e está motado nun servidor privado en internet co que se ten a garantía da continuidade de funcionamento, expansión etc..

2.- A idéa sería invitar á integración no sistema de foros de as pontes a toda-las asociacións e colectivos de As Pontes, con un foro particular e xestionado por cada asociacion/colectivo a través dos moderadores que designen cada unha e con sitios de acceso restrinxido para tarefas de organización, socios, directiva etc.
En prirncípio estoume poñendo en contacto so con algunhas xa que poido "financiar" e dar soporte ata un límite ca intención de demostrar a utilidade e funcionalidade do sistema .. para poder integrar a todas as que queiran habria que buscar a financiación imprescindible.. tampouco nada do outro mundo pero evidentemente algo que un currante como eu non se pode permitir a chuleria de sufragar.. si me toca a lotería xa nos olidamos deste apartado Very Happy ... O da financiación subsiguiente inda é un tema a traballar; de todolos xeitos eu me comprometo a manterlle os serbizos de xeito gratuito e indefinido a estas asociacións colectivos que están colaborando no arranque do mesmo ( vaia que faigo eu de patrocinador neste caso )...

E despois de todo este "rollo" que conseguimos co asunto este... home o primeiro a ciclaspontes si quere participar no arranque pois ter un foro con todalas opcións e garantías posibles e que ademais lle salga gratis como as demais que están no arranque. Ao pobo de As Pontes pois este sistema integrado de foros proporciona unha plataforma na que comunicarse co resto de ponteses/as e enterarnos e participar, si é a intención, nas distintas actividades organizadas polas distintas asociacións da vila, sinón xa sabes que esto é moi dificil ou imposible, ( o sistema permite facer busquedas dentro de todos os foros á vez, existe un calendario interactivo no que van aparecendo os eventos de cada asociación, ademais de enlace directo a dito evento para mais informacion...etc ... e mais servicios comuns que se iran engadindo porque o sistema e aberto ao ter control sobre todo él.. E non me lio mais porque habería moito que explicar e tampouco e o caso .. por suposto repito que si alguén quere mais información sin ningún problema...

3.- Conxuntamente ao sistema de foros preparase a barra de navagación de As Pontes tamén como servicio adicional gratuito... Radio on -line, acceso directo aos foros, comunicación de novas mensaxes nos foros, chat directo entre usuarios etc.

4.- Algunhas ventaxas que ofrece o sistema con respecto as opcións de foros gratuitas disponibles na rede:

- A versión dos foros é a ultima e con todas as posibilidades añadidas de funcionalidade e seguridade que esta circunstancia permite. , fotos, videos,a vatares, zona de descarga etc etc...
- Podese facer salvagarda do contido do foro mediante copia de seguridade directamente no servidor no que está aloxado. ( non é posible en versións gratuitas )
- podese trasladar o contido do foro a outra uvicación si se precisa por mantemento/ ampliación ou mellora ( Non posible en versións gratuitas )
- No de As Pontes non se empregan os correos particulares dos usuarios para publicidade nin SPAM .. de xeito nin siquiera se comproba si o correo do usuario é correcto cando fai o rexistro...
- E porsuposto o resto de opcións que se incluien ademais da garantía de poder ir mellorande e espandindo segun se necesite...

5.- Como inconvinte xa comentado con Vicente .. ao tratarse a opcion na que se esta ahora de un foro gratuito non se poden trasladar facilmente as mensaxes xa publicadas .. hay que copiar e pegar no novo un a un os que se queiran pasar...

6.- Con respecto ao que me comenta Vicente de que "parece" mais dificil .. temos comprobado cos usuarios xa rexistrados que é somentes unha apreciación inicial ao que enseguida se acostumbran os participantes e que pasados un par de dias están encantados con todas as posibilidades adicionais que lles brinda este sistema .. de todolos xeitos hai plans tamén pa facilitar o aprendizaxe do funcionamento a quen non teña experiencia algunha no tema ( turoriais en video accesibles dende o foro e proposta ao concello de cursos para administradores e usuarios )...

Con respecto a proposta inicial de traslado do foro por suposto sigue en pe, moitos ben coñecedes a miña implicación co deporte e tamén co MTB, asi que teño colaborado e colaboro alegremente con calquera que teña iniciativas .. Tamén é certo que una vez presentado o proxecto a participación ou non de ciclaspontes xa dependerá das condicións de financiación que poña o concello ou de asuntos de financiación conseguida...

Sin mais que xa foi abondo ladrillo ... aqui estamos para calquer duvida ou proposta
saudos
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Abr 09, 2008 7:28 pm    Asunto: MAIS FOTOS Responder citando

O compañeiro Miguel Ferreiro, ó que esperamos ver polo foro en breve, enviounos mais fotos desta I RODA NO LAGO, algunhas en marcha e todo. Si os hai artistas, eu si o intento fijo que me empotro contra o que se poña diante. Podedes velas PINCHANDO AQUÍ
Si alguen sacou mais que nolas envíe e colgámolas.
Un saúdo a tod@s

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> I RODA NO LAGO BTT Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo