Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




XV MARCHA CICLOTURISTA VOLTA AS MARIÑAS ( 2 MAIO)
Ir a página 1, 2  Siguiente
 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas Carretera
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
ivan
Invitado








MensajePublicado: Mar Abr 07, 2009 4:30 pm    Asunto: XV MARCHA CICLOTURISTA VOLTA AS MARIÑAS ( 2 MAIO) Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.

Volver arriba
ivan
Invitado








MensajePublicado: Mar Abr 07, 2009 8:21 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Abr 08, 2009 6:49 am    Asunto: Responder citando

Acabo de facer a preinscripción. Parece que este ano vai ser moi dura....... será unha boa preparación para os que ides ós Lagos

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ivan
Invitado








MensajePublicado: Mie Abr 08, 2009 10:03 am    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Abr 27, 2009 4:46 pm    Asunto: Responder citando

Falei con Miguel do CCRiazor e comentame que non están recibindo algunhas das preinscripcións e inscripcións que se fixeron a través de correo electrónico (deben ter algun problema no seu sistema informático).

Asique todos os que fixestes as inscripcións e non vos chegou un email de confirmación do CCRiazor, volvede a avisalos por mail a: mise_73@yahoo.es
Tamén podedes confirmar a vosa inscripción nos tlfs:
-MIGUEL 655 989 330 (TARDES)
-ROBERTO 636 218 922 (MAÑÁS)


¿Quen vai ir a esta Marcha? Facía falta xuntarse un bo grupo, é unha ruta bonita (e longa) e ainda encima dan moi bo tempo para o sábado

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Abr 29, 2009 8:32 pm    Asunto: Responder citando

Bueno, infórmovos de que Carlos Franco e eu xa estamos inscritos dende o luns. Eu sairei ás 13:30 do pabillón (si quedades a outra hora tamén me vale....), e teño sitio para levar a outro acompañante e outra bici asique si alguen quere vir que me avise.

Por certo, van a ser 120km e moi duros, cun tramo libre moi potente e longo, e eu non estou en moi boa forma despois deste parón asique estiven falando con Carlos e casi seguro que a facemos xuntos a ritmo medio, dándolle o que se poda pero sin cebarnos co ritmo dos de diante, si alguen mais se apunta podemos facer un grupo entre nós para ir relevándonos e levar mellor a ruta, que ainda así nos vai chegar ben.............. anque sei que algúns ides con intención de "disputar ata que o corpo aguante", si alguen se anima coa idea pode ir comentándoo.

Un saudo

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelc
Invitado








MensajePublicado: Vie May 01, 2009 2:04 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
ivan
Invitado








MensajePublicado: Vie May 01, 2009 4:26 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Vie May 01, 2009 7:49 pm    Asunto: Responder citando

Creo que vamos ir unha boa tropa de aquí. Por si algún non se enterou, saimos ás 12:15 do pabillón polideportivo con intención de ir a comer por alá algo "consistente" que falta fará para aguantar eses 120kms.

Este ano, e coma nas últimas edicións, parece que o bo tempo e o calor nos van acompañar, vaise agradecer porque o recorrido ten tela........... vémonos

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun May 04, 2009 4:33 pm    Asunto: Responder citando

Parece que a xente quedou demasiado cansada como para escribir sobre esta marcha FERMMO , ainda debemos estar convalecientes (eu polo menos sí que estou)

Alegreime de ver na Coruña tanta representación pontesa, si non me equivoco eramos 10 de aquí: Iván, MiguelC, Higinio, Manolo e Roberto Carballo e eu que fomos a comer na parrillada San Isidro en Bergondo, unha parrillada de carnes buenísima, "nutrición deportiva" de calidade, e claro, así con tanta materia consistente no estómago non había quen pedaleara (abaixo deixovos algunha foto da papatoria para dar envexa SPAGETTTI ). Tamén apareceron na saída Carlos Franco, JavierVB, Moncho (Jardín) e Otero; xa digo, alegreime de que foramos tanta tropa de aquí, parece que a xente de As Pontes non só se anima coas marchas de BTT e tamén empeza a haber asistencia ás de carretera.

O día, perfecto SUN, sol e temperatura agradable en todo momento, nin asomo de vento, ideal para a práctica do ciclismo. Sobre a ruta en sí, a min fíxoseme durísima, coñecía de antemán o recorrido e sabía da sua dureza, pero aínda así cebeime demasiado ó principio, nas subidas de Irixoa e de Montesalgueiro, o corpo e as pernas respondían ben e tirei para adiante (un que lle gusta meterse nos "fregaos", a pesar de que levaba intención de ir tranquilo). Pero claro, por normas da fisioloxía humana, é imposible aguantar 4 horas a ese ritmo sin estar entrenado como é debido, e así me foi que apartir do km 85 (no alto de Montouto) acercóuseme o señor do mazo e pegoume un gañotazo que paqué vos vou contar mazoT mazoT mazoT BIKETTTTT penguin

Ainda así, conseguín chegar a Carral co grupiño (por diante só 4 ou 5 escapados si non me equivoco), pero na subida hacia Cabrois acabouseme por completo a gasolina KAALOOR KAALOOR STARRS STARRS e dende alí, Monte Xalo de por medio e ata o final un puro sufrimento e agonía, estiven por baixarme varias veces (sorte que levaba ós amigos Sergio do CCRiazor e a Higinio ó meu lado, que iban tamén "tocados" pero con todas as ganas de "rematar a faena", si non chega a ser polos seus ánimos...........FRIENDDS), así a trancas e barrancas conseguín ir chegando ó ansiado final en Tarrío.

Despois ducha (en auga quente, o cal é moi de agradecer) e xa nin quedamos a tomar un pincho cos amigos do CCRiazor, ó que mais e ó que menos tardáballe por chegar á casa asique voltamos casi sin despedirnos sombrero . Pedir disculpas á xente do CCRiazor por marchar así, e darlles as gracias por todo o traballo e a ruta que nos ofreceron (para o ano que ven espero repetir, pero si ten 20kms menos non me vai a parecer mal, jejej). A verdade é que o traballo para que todo saíse ben foi meritorio, e penso que todos os ciclistas que acudimos disfrutamos dunha excelente xornada (é que somos masocas, canto mais sufrimento mais satisfeitos quedamos). A única pena foi o rapaz da PC Quintena que rompeu a clavícula, desexarlle unha pronta recuperación.

Comentar tamén que me tocou un ciclocomputador Trek no sorteo entre os inscritos antes do día 27, non iba a ser todo sufrimento e parece que polo menos en algo sí tiven sorte este día Wink

En definitiva, unha ruta bonita e moi dura (penso que unha boa preparación para os que van ós Lagos, algún decía que era tan dura coma esta), á que hai que acudir con moita tranquilidade e calma si non se está suficientemente entrenado, ou con moito entrenamento si non se sabe conservar a tranquilidade e a calma a pouco que o pelotón acelere BALIEENTTE BALIEENTTE ROKER ROKER ..................coidarse



CAMFOTO as fotos da comellada, pedalear non pedalearemos pero en comer non hai que nos de feito ..............


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ivan
Invitado








MensajePublicado: Lun May 04, 2009 5:19 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
miguelc
Invitado








MensajePublicado: Lun May 04, 2009 8:35 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
HIGINIO



Registrado: 19 May 2008
Mensajes: 53
Ubicación: As PONTES



MensajePublicado: Mar May 05, 2009 8:58 pm    Asunto: Responder citando

Sabado dia 2 de mayo 12 da mañan saida do palacio de deportes das Pontes cara a Cruña Ivan Bellas Miguel Cases Vicente Cabarcos Manolo e Roberto Carballo mais un vello, obxetivo pasalo ben disfrutando dun dia duro de bicicleta e coa intencion de mandarlle polo camiño unhas sopiñas quentes. Pasada a unha do medio dia co fol medio vacio algun iluminou o cerebelo o pasar pola parrillada San Isidro, ben cerquiña do cruce de Sada e dixo de ficar ali, consenso xeneralizado.
Abrir boca, fonte de ensaladiña mixta , leituga, tomate, esparrago, cebola, aceituas, ovo cocido e abundante bonito del norte, todo isto acompañado por unhos boliños de pan e duas xarriñas de cerveza. Na mesa faise o silencio e desaparece a ensalada nun abrir e cerrar de ollos, o personal volta a darlle o pico acousa prometia , camarero por fabor algo consistente ,fonte de carne, boi, tenreira,costela de porco, chourizo criollo,mollejas e galo, outra vez silencio, non pasando moito tempo a bandexa queda co cu oaire ,repeticion da sogada ,outra fonte igualita ca primeira, esta vez cando se llegou polo medio o persoal relaxouse un pouco e de novo enpezaron os contos, esqueciame as duas fontes de patacas fritas que tamen quedaron tembando, unos cafetitos e cara o pavillon polideportivo de Tarrio chegando porriva das tres da tarde, pagar a inscricion o que non a tiña feito, baixar o material , montar maquinas e un pouquiño de quecemento .
Ata aqui o horario da mañan e a parte ludica da cousa a tarde xa ten outra historia algo mais movidita.
Pasadas as tres e media formamos na linea de salida porriba de 120 sufridores pa enfrentarnos os mais de 115 km que tiñamos por diante supostamente duritos. Collemos direcion o Burgo,Ponte Pasaxe pa acometer o primeiro repeito cara o Espiritu Santo aqui os animais que lle metera o medio dia tiñan que estar ainda medios vivos porque envestian escaravellaban, fozaban e brincaban entre pecho i espalda, salin cos dous botellos cheos de auga e un deles xa quedou seco antes de llegar a Betanzos non mais do km 25 . Empezamos a subir o primeiro porto alto de Irixoa, 10 km sin descanso, o pasar por Paderme os baqueiros que controlaban a manada apartaronse e fuxiron de diante, aqui empezou a estampida,saliron coma casi sempre unha ducia deles pa poñer acada un no seu sitio,intentei siguilos pero logo me dei conta que faltaban 90 km e aquel non era o meu rimo, por detras destes que saltaron o principio do libre xuntamonos un grupillo de cinco ou seis e sempre tirando del Manolo Carballo ou eu , pasando polo alto cerca dos primeiros empezamos a baixada e algus tobogans cara o inicio do segundo porto alto de monte Salgueiro alo polo km 45 o empezar a subir e visto que os compañeiros de fatigas non colaboraban decidin tensar un pouco meterlle outra estalla , pouco a pouco funme separando deles e nisto que vexo dous que se descolgaran do primeiro grupo andarian a 300ms , a mitade da subida conseguin enlazar con eles un do CC.Riazor e outro que non tiña publicidade, faltando unhos 100ms pa chegar o alto quixen coller o botello da auga retorcin un pouco o lombo e sinto un trallazo ali donde empatan as costelas co espiñazo deixoume paralizado da cintura pa riba e case que sin alento, pensei que se acabara, dixenlles os dous compañeiros o que me pasaba e deberon baixar gas conseguin coronar con eles,
Baixada da costa do sal cara a Coiros e Betanzos a toda pastilla, o tullido a roda pois ainda que aqueles pinchazos do principio foran ben a menos seguia con molestias mas costas e medo no coiro a que me repetira outra vez, andabamos polo km 70 us 25 os tres solos e faltabanos o mais duro, os siguentes 20 incluida a dubidaa montouto son todo repeitos e tobogans baixando dende oalto de montouto divisamos unhos cuantos puntos de colorines pola extrada, no me lo puedo creer, era o grupo dianteiro, despois de sudar ben a camiseta llegamos a sua roda, ali estaban Chente e os meos colegas Rufino e Fernando o carteiro ,dixeron que por diante andaban tres escapados, fomos neste grupo de 9 ou 10 unhos 5 km asta o desvio a Carral aqui empezou o duro de verdade era o km 90e os esforzos feitos pa coller os de diante empezaron a cobrar tributos.
Os dous compañiros de viaxe Chente eo servidor fomonos descolgando, nas rampas mais duras subindo Cabrois cun trece e catorce por cento perdemolos de vista, eu estaba seco os botellos vacios a boca reseca o sal do churrasco queria salir, fomos tirando cara o alto do Xalo Chente o compañeiro do riazor mais eu, cando pensei que non podia seguir pola sede que tiña, aparece, debia ser dios en forma de avituallamento pe a terra, un pouco por detras Chente e CC Riazor fixeron o mismo, repostei de auga mandeille un zume de laranxa e un ptatano, dixenlles os socios que me iba indo pouco a pouco e recuperando algo si e que a esas alturas e rampas dun trece por cen se pode recuperar, cheguei o cumio do monte Xalo con 100 km e ben cansado posto 14 polo alto do premio da montaña como non tiña dorsal que me quedara no maleteiro do coche non aparezo na clasificacion do alto.
Desde aqui asta a meta 20 km casi todos en baixada e algus repeitos de pouca monta, fun tranquilo un pouco haber si chegaban Chente mais o outro compañeiro pero o que chegou foi un que non conocia preguntolle polos meus socios edime que lles pasara no avituallamento,fomomos tirando con calma pois o amigo dixo que andaba nas penultimas mandeille que se puxera a roda que lle iba votar o ultimo que me quedaba que por certo pouco era, nos repeitos descolgabase un pouco enton afloxaba un pouco e enganchaba de novo.
Subindo o ultimo repeito a 50 ms da chegada e co plato metido as pernas pesaban moito esubin un piñonciño a bicicleta que se atranca non poido mover os pedales, pe a terra a cadea tensa parecia a corda dunha guitarra estaba no plato grande e ultimo piñon que tiña intento baixar a cadea do plato non poido do piñon tampouco, por fin e sin poucos esforzos logrei baixala do piñon,co pe no chan no medio da carretera sinto por detras us berros conocidos llegaban Chente e Jaime con dous ou tres mais, o compañeiro de fatiga do CC.Riazor esperou que montase a cadea e dixo eu ati nonche paso e fixemos os ultimos metros xuntos, por fin chegada ,e vivos.

Algus cando chegamos xa salian da ducha ben guapitos e perfilados o churrasco entraronlle de frente e incaronlle ben odente, o monte Xalo mais ben rodearono e a dentadura nin lla enseñaron, a isto chamaselle saber vivir.
En cuanto me fun dar unha duchiña ben merecida o amigo Ivan cargou as maquinas na maleta, o final quedou unha roda que non se queria gardar, intentando sacar unha das bici cletas pa colocalas mellor baixeime un pouco e asi me quedei, deume outro trallazo nas costas que me deixou sin bisagra ,decidimos salir sin comer os pinchos pois fame tampouco habia, o copiloto colleo os mandos e eu con non poucas dificultades logrei entra no asiento do lado, paramos na Capela mais en Goente mandamoslle as cañitas correspondientes e pa casa.

Namais chegar metinme na cama non podia estar sentado e a fame ainda non voltara paseinas putas cada vez que queria dar a volta faciame falta mais sitio que a os transportes especiales que carrexan as pas pa os muiños do vento cando xiran en redondo, noite pa esquecer con fortes dores e sin cerrar ollo. Levantome as 9 da maña do domimgo con moitos problemas consigo meterm no coche e chegar o centro medico, contolle a doctora de urxencias o que pasaba, mandame sacar a roupa da cintura pa riba e deitarme na camiña avisua que se me deito ali me quedo enton dime que me sentara si podia, conteille como fora a historia e fixo un pronostico ,achaque de lumbagia, palpoume un pouco polo espiñazo e confirmou o pronostico.
Pullazo no medio do lombo duas clases de pastillas e pomada pa restregar polo zoa dolorida, segun ela unha semaniña de descanso carretera e manta, ando medio jodido pero moito mellor os medicamentos al pie de la letra,a semana de descanso mirarei de deixala en catro dias.

Como podedes entender dia de disfrute e sufrimeto, casi que asi tiña que ser, e esperando pola proxima que sera alo polo 23 en tierras de D. Pelallo.
Darlles as gracias os do CC.Riazor pola sua laboura e excelente organizacion pa o ano voltaremos,
Tramo libre 90 km desnivel acumulado 2164 ms pendiente maxima 19 x100 km en subida 49.
Un saludo a todos e perdonade polo toston.


.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie May 06, 2009 7:56 am    Asunto: Responder citando

Higinio, o teu é para sacarche o sombreiro sombrero alaU alaU alaU alaU alaU alaU alaU sombrero

Non só participas nas marchas coa ilusión de calquer rapaz que comeza na bicicleta, sinon que ós teus ¡¡57 anos!! métesnos caña a todos e rematas a marcha nun meritorio 14º posto, moito por diante de infinidade de xóvenes da metade de idade da túa...... eres o máximo winnnnner BRAIVO

Ademais, agradécese moito a tua labor de "cronista oficial do foro", déixasnos a experiencia desta marcha relatada "a todo color" para a posteridade ............ da gusto lerte, non che queda ningun detalle no tinteiro

Como xa comentei, eu acabei agotado, nin maneira de mover as pernas nos últimos 30kms, gracias ó teu apoio e tamén o de Sergio (o compañeiro do CCRiazor, un bo amigo e mellor persoa ó que coñezo dende fai xa tempo, si de casualidade lée esto envíolle unha aperta), si non chega a ser por vós creo que chegaría no furgón-escoba.............. FRIENDDS

Tan só desexarche unha pronta recuperación dese lumbago, "gajes del oficio", estou seguro que esto non te manterá apartado durante moitos días da carretera que a tí non hai enfermedade nin problema que te pare.

Un saudo, e recuperarse pronto que o sábado temos outra liada BALIEENTTE

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Vie May 08, 2009 7:27 am    Asunto: Responder citando

Deixo os enlaces coas fotos do CCRiazor CAMFOTO

FOTOS VARIAS

TRAMO NEUTRO-SUBIDA IRIXOA E MONTESALGUEIRO


http://picasaweb.google.es/miliblan/PasoPorElXalo09# MONTE XALO-TROFEO MONTAÑA

E tamén deixo o orden de paso dos ciclistas polo alto do Xalo, en xeral os asistentes de Ciclaspontes fixeron unha boa clasificación, con 8 ou 9 dos habituais das quedadas do foro entre os 30 primeiros OK2 (non aparecen Rufino que debeu quedar no posto 8-9, Higinio no posto 14º, e Carlos Franco no grupo 18º)

CLASIFICACIÓN TROFEO SUPRADYN
(Paso por el Xalo)

1º 29 SEOANE PINTOR , ROBERTO LUIS OCAÑA C. C. 3 H. 10 M.

2º 36 LOPEZ DE GU LAREU BALO , JUAN LUIS VIGUES C.C. a 5 :10

3º 146 ESMORIS MOLINA PEDRO ANTONIO a 6:25

4º 99 CATOIRA VEJO , ALBERTO BARBANZA C.C
26 BERNARDEZ LOSADA , LUIS ALBERTO MURALLA C.C. a 13:50

5º 7 ABUIN TREUS , JOSE ANTONIO CAMBRE C.C. a 14:10

6º 14 DE ALONSO GOMEZ , OSCAR VALDEORRAS BIKE
84 CARRERA RODRIGUEZ , CARLOS TEA P.C A 14:30

82 LOPEZ SAAVEDRA , FERNANDO SANTA MARTA
155 ABELLA AMOR JUAN CARLOS a 14:45

8º 16 AUSIN LOBON , PEDRO FERROL C.C. a 15:15

9º 159 FARALDO VELASCO LUIS a 15:20

10º 25 BURGO LOPEZ , DAVID MURALLA C.C.
27 JANEIRO REY , PABLO BARBANZA C.C a 15:40

11º 98 CASTRO SOLLA , MARIO SPOL C.C. a 16:10

12º 35 VEIGA GARCIA , LUIS ARAGONTA C.C. a 16:55

13º 152 RAMOS BOTANA JAVIER a 17:30

14º ¿??????? a 22:00 (HIGINIO)

15º 46 CABARCOS DOPICO , VICENTE VILALBA-AS PONTES 11 PAZ TRILLO , FERNANDO CAMBRE C.C.
79 SOUTO OTERO , JAIME SANTA MARTA 180 PASANDIN GARCIA JESUS
174 MUIÑA FUENTES FERNANDO
172 RIVEROS RICO SERGIO C.C. RIAZOR a 24:40

16º 180 PASANDIN GARCIA JESUS
102 OTERO FRESCO , JOSE VILALBA-AS PO 93 BELLO GARCIA , MANUEL QUINTENA P.C
23 GONZALEZ FERNANDEZ , OVIDIO MILAGROSA C.
170 PEREIRA ROMERO OSCAR M. a 25:30

17º 21 VILLADA MOIRON , JUAN CARLOS MILAGROSA C. a 26:00

18º 2 BRANDARIZ SEOANE , JULIO CAMBRE C.C
78 CARBALLO ROMERO , ROBERTO SANTA MARTA
77 CARBALLO ROMERO , MANUEL SANTA MARTA 18 CHAO PICO , MARCOS ANTON FERROL C.C.
¿??????? a 28:00

19º 4 GESTAL BELLO , JOSE DAVID CAMBRE C.C.
151 GARCIA VARELA JOSE a 30:40

20º 42 DORADO NOYA , LUIS VALDEORRAS BI
85 MARTINEZ ROZA , EDELMIRO TEA P.C. a 31:30

21º 80 DOS SANTOS FERREIRA , RICARDO JOR SANTA MARTA
147 CASTELO SANCHEZ JOSE ALBERTO a 32:00

22º 39 FUENTES PICO , MANUEL TRASANCOS C.C, a 23:30

23º 31 SANTANA GOMEZ , BENITO RIAZOR C.C.
69 DOMINGUEZ FEAL , MANUEL MUXIA P.C.
167 MOSQUERA ALVAREZ JACOBO a 34:40

24º 103 GARCIA VILLAR , JOSE RAMON SANTA MARTA a 36:00

25º 56 MATO LORENZO , ALBERTO CARBALLO C.C a 37:30

26º 158 RECOUSO GARCIA JUAN CARLOS a 38:10

27º 24 GAMARRA MONDELO , JOSE LUIS VALDEORRAS BI
40 BARREIRO CHOUSA , DAVID VALDEORRAS BI
149 JAIME CARRODEGUAS MARTINEZ a 39:10

28º 162 NUÑEZ RODRIGUEZ JUAN CARLOS a 38:10

29º 41 GALLEGO FELIPEZ , RAUL VALDEORRAS BI
165 DE ANTA LORENZO JAVIER a 41:20

30º 33 GONZALEZ TABOADA , FRANCISCO RA RIAZOR C.C.
101 LAMAS VILANOVA , RAMIRO MONTENEME
179 VILA ARIAS LUIS a 43:10

31º 6 LUIS NOVOA , ALEJANDRO CAMBRE C.C.
169 VILLACAMPA CAAMAÑO FRANCISCO a 44:40

32º 72 JURADO ALBA MARTINON , JOSE ANGEL QUINTENA P.C a 46:00

33º 16 AUSIN LOBON , PEDRO FERROL C.C a 47:05

34º 17 SANCHEZ VAZQUEZ , JORGE FERROL C.C a 47:25

35º 13 MARTINEZ DIAZ , GALDINO CANGAS C.C.
32 NEGON TORO , MIGUEL MILAGROSA C.
81 ARIAS FUENTES , JOSE LUIS SANTA MARTA
83 PEREIRA AMOEDO , RICARDO TEA P.C.
106 FERNANDEZ BELLAS , NEMESIO GRAFICAS LAR a 48:15

36º 73 PONTE DIAZ , OSCAR QUINTENA P.C
178 GOMEZ NEGREIRA JUAN JOSE a 49:20

37º 60 AMBITE REY , ISMAEL QUINTENA P.C
62 BARALLOBRE CANCELA , JOSE ANGEL QUINTENA P.C
67 CALVIÑO MORLA , CANDIDO QUINTENA P.C
91 CAMILO NIETO , WILSON JOSE QUINTENA P.C
143 BOGA NAYA FRANCISCO JAVIER a 50:00

38º 22 GARCIA FERREIRA , JOSE ANTONIO MILAGROSA C.
65 AMBITE REY , HECTOR MANUEL QUINTENA P.C
90 VEIRAS GARCIA , JOSE RAMON QUINTENA P.C
¿???????????????????? A 52:10

39º 70 POSSE FERNANDEZ , RAFAEL QUINTENA P.C
75 CAMPOS COSELO , FERNANDO QUINTENA P.C
92 DUARTE LOPEZ , JOSE GONZALO QUINTENA P.C a 53:40

40º 5 MARANTE SUAREZ , JOSE MANUEL CAMBRE C.C. a 54:10

41º 156 BARBOSA AMOR JUAN MANUEL a 55 :50

42º 144 MIGUEL ANGEL PASTOR COLINAS a 1 h. 3 m.

43º 164 ALCAZAR COBO AGUSTIN a 1h. 4 m.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas Carretera Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Página 1 de 2


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crea tu foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo