Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




Clásica Lagos de Covadonga

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas Carretera
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
save



Registrado: 21 Mar 2008
Mensajes: 56




MensajePublicado: Dom Ene 18, 2009 9:22 pm    Asunto: Clásica Lagos de Covadonga Responder citando

Boas;
Estaba mirando unhas cousas na páxina de championchip e vin que xa está aberta a inscripción para a cicloturista de Covadonga, como sei que hai varios "valentes" que se apuntarán pois avisovos...(eu creo que este ano aínda non me vou atrever, pero recoñezo que é unha das rutas que máis me gustaría facer).Deixovos o enlace para as inscripcións
www.championchipnorte.com

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
save



Registrado: 21 Mar 2008
Mensajes: 56




MensajePublicado: Dom Ene 18, 2009 9:28 pm    Asunto: Responder citando

Perdón...entrade en "calendario de eventos" e xa aparecen todas as probas que cronometra esta xente e para as que podedes facer a inscripción desde a súa páxina (a maioria son probas de running así que se vos apetece correr tamén tedes pa elexir...)
Saudos
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelc
Invitado








MensajePublicado: Dom Feb 15, 2009 12:07 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
ivan
Invitado








MensajePublicado: Dom Feb 15, 2009 6:50 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Jue May 21, 2009 9:46 am    Asunto: Responder citando

Este ano pérdoa (qué envexa me dades!), pero algún ano destes caerá................. a ver si polo menos o sábado non chove e podemos saír por aquí a estirar algo as pernas.
Pasádeo ben e disfrutade do día e da ruta, xa nos contaredes como vos foi Wink

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun May 25, 2009 6:47 am    Asunto: Responder citando

¿Como vos foi??? quest

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar May 26, 2009 2:41 pm    Asunto: Responder citando

¿Quedastes moi agotados? Contádenos algo desta marcha......

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
HIGINIO



Registrado: 19 May 2008
Mensajes: 53
Ubicación: As PONTES



MensajePublicado: Mie May 27, 2009 3:55 pm    Asunto: LAGOS 2009 Responder citando

Como parece ser que naide se anima a contar a sua esperiencia do pasado sabado polas tranquilas chairas da huesera y demas, e como sufrin por eses lares, terei que ser eo de novo quenho faiga.
Viernes as tres da tarde salimos cara a terras asturianas Manolo ,Roberto, Ivan mais o abo de turno. Paramos no Montero mandamoslle unhos cafeitos e ruta asta cangas, Ivan mais eu seguimos un pouco mais cara os picos de Europa embusca do hotel que tiñamos reserbado a us 10km non foi mui dificil dar con el pois o guia desenvolviase ben , despois de recoller as chaves volta o pavillon de Cangas presentar credenciales e recoller a bolsa co dorsal e unha camisola mui chula que cando a saquemos a paseo sera a bosa envexa "bueno isto e por joder un poiquiño" andaba por ali xa toda atropa Manolo, Rober, Rufo ,Ricardo e Xaime Miguel Cases mandou recado que esperaramos por el que estaba na casa dos abos e que estaria con nos pa cenar todos xuntos.
Como non podia ser doutra maneira antes da cea us cuantos culines de sidrina. As nove cena oficial bueno esto tiña que ser asi pero o certo e que esperamos casi unha hora pa meterlle dente o primeiro plato . A comida tal cual me gustou pois o revoltixo de setas con hovos e xamon tiña o nome xa que o xamon viase menos cun sumarino no medio do atlantico e de segundo nonsei que era con ameixas pero eo non as mirei por ningun lado, estabache moito mellor o churrasco do ano pasado o bon foi a compaña os contos e as risotadas.sobre as doce recollida cara apiltra.

Por un lado Manolo e Rober nun cuarto Xaime e compañia noutro e Ivan e eo xuntiños pero non revoltos. Reloxo posto pas seis e media, antes de conciliar el sueño xa escoitei berros dun cativo serian cerca das duas durmixei un pouco e berros de novo na habitacion do lado, volta e volta e nisto que sinto as pingueiras no lousado quisen pensar que soñaria pero polo .arallo era verdade mirei o reloxo eran as cinco, outra media volta e sona o movil hora de colocarse en vertical, a Ivan non lle vin moitas ganas de levantarse, entro no baño e auga polo lombo escollina fresca haber se me correxia o sono que tiña e que non poidera desfacerme del pola noite.
As sete e media xa estabamos en Cangas seguia caendo auga esperamos que abrira algunha cafeteria pa mandarlle un tente en pie e algo mais, con isto que xa son as oito e cuarto, montamos maquinas e linea de salida, chegamos ali e os guerrilleiros que non forman todos metidos polos portales e abrigados as casas, seguia chovendo, un pouco antes das nove o batallon empeza a situarse, en pouco tempo xa non se via o ultimo da cola andaria a 500 mts , seguia pingando, discurso e aviso do peligro da carretera na baixada da Torneria por mor de barro na estrada.
A palabra esacta seria acojonado pero como sona nal direi que estaba intranquilo polo que se aveciñaba.
Saimos ben por diante pero antes da primeira rotonda cara Arriondas que estara a 500 mt algus xa andabamos polo medio da masa, alo mais adiante conseguimos xuntarnos Xaime Manolo Ricardo mais eu , Rufo e Roberto meteronlle peito e seguiron a marcha dos de diante,Ivan desparecido, por detras andaria se no mandaran a cuneta e de Cases nin asomos.
Fomos debullando kilometros, seguia chovendo a auga que soltaba a rroda dos de diante cegabache os ollos e ti sen pestañear e nonte mobas da linea que pasa porriva apisonadora . Con este estado da estrada fixemos os primeiros 45 kls nunha hora.
O grupo principal foise partindo, nos grupetes que se foron formando empezaron as escaramuzas de turno, no meu so estaba eu de Manolo e de Xaime non savia nada andarian por detras pois diante non pasaran, a carretera seguia mollada pero casi parara de chover e asta quixo sair o sol pero escondeuse rapidamente fun neste grupo asta empezar a subir aTorneria aqui disolveuse a sociedade cada un buscou o seu sitio ou mellor dito puxeronnos no noso sitio . Dicia algun que non conocia esta subidita que este era o aperitivo do segundo plato que eran os Lagos , e eu pensaba pa min que engañados estades, este plato ben podia ser unico pois e pata negra con denominacion de orixen "jalufo jalufo",catro ks duros duros cos dous ultimos que nunca se acaban e que te deixan sin pernas, con todo cheguei o alto bastante ben.
Baixada dus nove kilometros con curvas mui cerradas e toda chea de barro pola auga e as obras que estan a facer , estaba perfecta pa baixarse sin querer e de repente, collina con calma , foronme pasando mais dun cento que non tiñan moito medo de saber o duro que se encontraba o chapapote, sentinme mais que aliviado cando se acobou a baixada e empezaron as primeiras ranpillas do alto Da Rebollada son sete kts que duros non son pero despois do que tiñamos feito xa as patas non opinaban igual, andabamos polo kilometro 70 a carretera como estaba e a Torneria polo medio.
No alto deste porto estaba situado o chiringuito con comida e bebida , botei pe a terra mandeiche un boliño con chiculate, media banana us figos pasos e unhas almendriñas, como vedes tiña apetito pois nin tempo a comer me deixaran tamen repostei os botellos que xa andaban medios secos bebin un botellin de isostar e disposto a salir , nesto vexo pasar un de amarelo Manolo mandolle un berro pero ni caso miro si ben Xaime e no vexo,quito o chubasqueiro xa parara de chover e os lagos acercabanse faltaban vinte kts e queria coller a Manuel , xunteime con10 ou 12 pero estes non estaban moito pola labor fun tirando o que podia pero o grupo do colega non parecia . faltando us dos kts apareceu pero ainda habia que collelos , o fin mismo donde estaba o control de subida logrei chegar a eles.
Estaba ben tocado pois os ultimos vinte kts fixeranme pupa , empecei a subida non mui ben pero a medida que fun collendo o ritmo encontreime mellor subin asta a Huesera co 34- 23 quedabame ainda un par de cartuchos na recamara e estaba tranquilo aqui gastei un e fun moito mais comodo asta chegar o cumio . Rematei jodidillo pero bastante inteiro .
Parada pa refrescar no chiringuito da auga e camiño de volta . Cando subin estaba todo despexado con neve toda o arredor unhas vistas impresionantes, nada mais empezar a baixada niebla espesa non se ve un burro a dous pasos, unha ristra deles pola carretera arriva algunhos facendo eses que collian a estrada toda ,pouco tempo menos me lebou chegar a baixo que arriba, chegando xa a Cangas engatillouseme unha pata e logo non podia pasar pedal.
Chegamos o pavillon Manolo, Roberto mais eu encima das duas e cuarto parecimos lazarenos agua mierda y barro por todos sitios como indios preparados pa ir a guerra.
Desmontar maquinas e meter a maleta ,duchas e recollida de diplomas ,aparece Ivan , a comer toca pa encarar a volta a nosa terra.
Devolta pa casa Roberto que viña diante chegando a Oviedo en vez de coller a autovia pa A Cruña lebounos de excursion a cuenca Do Caudal cando lle pareceu ben cambiou a ruta e enfilamos o bo camiño asi coma cuarenta kms o outro xeito , debeuno facer porque o seu TRACTOR ten o gasoleo subencionado pero o meu aiga carga combustible normal.
Paramos a tomar unhas cañitas a lo por Navia e chegamos cerca das 9 da tarde e sin mais novedade.
Segun o diploma , puesto 375 , tempo final 4.17, promedio 26.07. e tempo de subida, 1h 05.
De 3000 inscritos pa un abo coma amin xa non esta mal millorei o do ano pasado tanto en tempo de subida como en tempo total,apesar do estado da estrada
Menudo rollo vos mandei Saudos.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ivan
Invitado








MensajePublicado: Mie May 27, 2009 4:03 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie May 27, 2009 6:18 pm    Asunto: Responder citando

Sodes o Máximo alaU alaU alaU
Un ano destes terei que acompañarvos nesta aventura Wink

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas Carretera Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear un foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo