Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




XII MARCHA CICLOTURISTA VILA DE AS PONTES. 13 de Xuño 2009

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas Carretera
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie May 27, 2009 8:55 pm    Asunto: XII MARCHA CICLOTURISTA VILA DE AS PONTES. 13 de Xuño 2009 Responder citando

Boas compañeiros.
Un ano mais (e van 12) o CCVilalba-AsPontes organizará a Marcha Cicloturista Vila de As Pontes, que se celebrará o sábado 13 de xuño con saída ás 15 horas dende o pabillón municipal.
Este ano haberá varias novidades que esperamos que fagan ainda mais atractiva a xornada: por unha parte, a Marcha discorrirá por un novo recorrido bastante distinto en canto a paisaxes e probablemente tamén mais duro que o das anteriores edicións, alonxarase da tradicional ruta pola Terra Chá para percorrer os concellos veciños de Somozas, Moeche e Ortigueira, percorrendo carreteras entre arboledas e paisaxes moi interesantes que de seguro non nos deixarán indiferentes. Ademais, para os que lles gusta a subida, nesta edición o tramo libre (Ortigueira-Alto do Caxado), que cada un poderá facer ó paso que considere oportuno, terá 21 kms de percorrido e durante o mesmo ascenderase un desnivel acumulado de preto de 900 metros, unha das ascensións mais interesantes que podemos atopar na nosa provincia.
Despois da Marcha e das duchas de rigor, disfrutaremos todos dunha cena nun restaurante do noso pobo (consistente en menú con dous platos, postre e bebidas) e haberá recordos para todos os participantes, así como sorteo de agasallos e diversos trofeos.

Asimesmo, e pensando nas/os acompañantes que en moitas ocasións quedan na casa cando acudimos a eventos deste tipo, poñerase especial atención para que todas/os aqueles que se queran achegar ata As Pontes este día tamén disfruten dunha tarde amena e interesante: ofreceremos paralelamente ó transcurso da Marcha unha visita guiada ó Museo Etnográfico do Colexio Monte Caxado, unha exposición única e singular que recolle pezas antigas e que fará que os seus visitantes revivan ó pasado da nosa terra e ás suas costumes, tradicións e oficios (podedes ver mais no enlace-> http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/03/24/0003_7609322.htm ). Ademais desta visita ó Museo, haberá algunha actividade mais que seguro será de interés............... Recordarvos que estas actividades están pensadas para que podan participar nelas tanto adultos coma rapaces/as.
Tamén comentar que os acompañantes poderán cenar xunto cos participantes ó remate da Marcha, debendo confirmalo no momento das inscripcións (o custe da cena para eles será de 10€).

Sen mais, dende As Pontes esperamos que a XII Marcha sexa de interés para todos e que tanto os participantes na Marcha coma os acompañantes disfrutedes dunha xornada para lembrar.

Un saúdo a Tod@s, CONTAMOS CON VÓS


Deixovos os trípticos da Marcha, perfiles e altimetría, rutómetro, .........





PERFIL:


RUTÓMETRO:

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Jun 09, 2009 7:01 am    Asunto: Responder citando

Deixo a altimetría do Alto do Caxado dende Ortigueira. Para o que non coñeza ben a subida, que non se engañe anque marque porcentaxes baixos en varios kilómetros, a subida é dura dura, pero hai varias baixadas intermedias que fan que o porcentaxe da pendiente disminua. Nesta altimetría faltaría o último kilómetro (km 21) da subida ata as antenas do Caxado, que nos leva dende os 693 metros ata os 751 metros de altitude (recordade que o inicio do puerto está apenas a 20 metros sobre o nivel do mar) con rampas neste último kilómetro do 15-16%.

(Altimetría por cortesía de Ricardo Vélez).

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Jun 09, 2009 7:19 am    Asunto: Responder citando

Bueno, e falando de todo un pouco parece que a predicción metereolóxica vai a ser bastante boa, non dan auga e parece que non fará frío --> http://www.meteogalicia.es/galego/prediccion/mprazo/mprazo.asp

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Jun 10, 2009 11:31 am    Asunto: Responder citando

Parece que a xornada do sábado vai a ser bastante boa para a bici: temperatura agradable de arredor dos 25 grados, ceo cuberto pero sin chuvia (casi mellor que non pegue moito o Sol para subir o Caxado) e vento de espalda na subida, que a fará un pouco mais levadeira sobre todo nos últimos kms donde suele pegar bastante o vento. A ver si esto non se torce moito dende aquí ata o sábado e podemos disfrutar dunha boa xornada como promete a predicción.


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
javiqf



Registrado: 06 Abr 2008
Mensajes: 121




MensajePublicado: Dom Jun 14, 2009 12:31 pm    Asunto: Responder citando

Agradecer o club ciclista as Pontes o magnífico día de ciclismo que nos preparáchedes onte. Todo moi ben,por certo as mantecadas están moi boas, grazas e un saúdo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
zagato



Registrado: 17 Abr 2008
Mensajes: 215




MensajePublicado: Dom Jun 14, 2009 5:11 pm    Asunto: Responder citando

Alégrome de que todo vos saíra ben.

Eu este ano no puiden acudir por cuestións de traballo pero espero poder rodar por As Pontes pronto.

Un saúdo a todos os participantes.

_________________
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Lun Jun 15, 2009 7:26 am    Asunto: Saudos Responder citando

Eu tampouco poiden acudir a edición deste ano , parece que non coincidimos ultimamente.
De todos os xeitos o Percorrido deste ano pareciame algo durillo para o meu estado de forma, hai que decir tamén que estiven sin flaca desde principios de mayo , despois de unha caida que tiven , e na que o final tiven que cambiar o cuadro da Bici e ainda non estou moi adapatado a nova máquina .
Pero me alegro que a disfrutarades

A ver si podemos coincidir nalgunha Marcha pola Mariña Lucense ........
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
Jorge cc ferrol



Registrado: 28 Dic 2008
Mensajes: 44




MensajePublicado: Lun Jun 15, 2009 11:11 am    Asunto: Responder citando

Bueno! decir que me gusto la marcha aunque me cai al principio del tramo libre y no pude acabar pero bueno!
espero volver el proximo año y disfrutar de vuestra compañia!
un saludo
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Jun 15, 2009 7:46 pm    Asunto: AGRADECEMENTOS DO CC.VILALBA-AS PONTES POLO VOSO APOIO Responder citando

Un saudo a tod@s. Como membro do CCVilalba-AsPontes, e en nome de todos os meus compañeiros de Clube, queremos agradecer o voso apoio (inclúo a aqueles dos que non poidestes asistir á Marcha por diversos motivos) e a compañía de todos os que asististes a esta Marcha.

Esperamos que o pasarades ben e disfrutárades do percorrido e da compañía, do día (a verdade é que o clima estivo moi bon), e tamén da cena.

Gustaríanos que si tedes algunha idea para mellorar ou algunha crítica que facer nola fagades chegar, pois a intención é de seguir mellorando de cara a futuras edicións en todo o posible, como xa se intentou nesta ocasión, para cubrir as vosas espectativas.

Oxe ando algo escaso de tempo, pero espero ter mañán un ratiño para poder facer unha pequena crónica da xornada e da miña vivencia.

O dito, moitas gracias polo voso apoio. Seguimos contando con vós para próximas actividades OK2

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Jun 15, 2009 7:53 pm    Asunto: Responder citando

Deixo o enlace co foro do CCRiazor, donde o bo amigo Miguel deixou a súa crónica da xornada e tamén as fotos que tomou na Marcha (moitas gracias por todo Miguel, sempre un placer contar coa vosa compaña)--> http://www.ccriazor.com/?MW=2&SW=0&ACCION=VT&CODIGO=712#F

Fotos de Miguel


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas Carretera Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear radio | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo