Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




Ruta de senderismo: Fragas da Ribeira e Lostegal (5de xullo)
Ir a página 1, 2  Siguiente
 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Outras Actividades
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Jue Jun 25, 2009 6:52 am    Asunto: Ruta de senderismo: Fragas da Ribeira e Lostegal (5de xullo) Responder citando

O domingo día 5 de xullo o Clube de Montaña O Caxado está preparando unha ruta de senderismo na que poderá participar todo aquel que queira achegarse. Farase o percorrido dende o pantano hacia Vilarbó, polo sendeiro que discurre á beira do embalse, para subir posteriormente ó repetidor polo medio da Fraga de Vilarbó, e baixar de novo ás Pontes polo sendeiro da Cuíña.

Non teño moita mais información, pero intentarei enterarme da hora e lugar previstos para a saída. Para os que lles gustan as camiñatas é unha boa oportunidade, ademais as paisaxes son impresionantes.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Dom Jun 28, 2009 9:08 pm    Asunto: Responder citando

Os amigos do Clube de Montaña O Caxado enviannos unha invitación oficial a tódolos membros deste foro para que os acompañemos nesta ruta.
Saida dende o pabellón municipal ás 9 da mañán. Haberá avituallamento en Vilarbó e detalle para os participantes, e para participar será necesario inscribirse no 65416677
Eu irei, animádevos que a ruta merece a pena e seguro que disfrutaredes, e ademais participar será un xeito de agradecer a estes amigos todo o traballo que fixeron para preparar eses camiños, dos que tamén podemos disfrutar coas BTT FRIENDDS








_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Jul 01, 2009 6:40 am    Asunto: Responder citando

Os compañeiros do Clube O Caxado informan de que haberá servicio de Protección Civil durante todo o percorrido para recoller a calquera dos participantes en caso de que non poda continuar a ruta, asique si algún ten dudas de si poderá completar ou non a ruta que se anime igualmente a vir.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Jue Jul 02, 2009 1:16 pm    Asunto: Responder citando

Bueno pois eu en principio voute acompañar. Voume inscribir pero terei que facer un gran esforzo por levantarme tan cedo porque teño unha cea o sabado á noite.
Volver arriba
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Jue Jul 02, 2009 1:26 pm    Asunto: Responder citando

Xa me inscribin jejeje. Agora solo falta darme levantado jajUA jajUA
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Vie Jul 03, 2009 6:46 am    Asunto: Responder citando

Nacho Hermida escribió:
Bueno pois eu en principio voute acompañar. Voume inscribir pero terei que facer un gran esforzo por levantarme tan cedo porque teño unha cea o sabado á noite.


Nesas ocasións casi é mellor non deitarse Nacho.......... flip
Vas a ver por onde andan Korea, Zalo e algún mais facendo barbaridades, e por onde se tiran a mais de 50 por hora......... STARRS STARRS
Si queres tomamos un café antes da saída, si andas polo pabellón sobre as 8:45 danos tempo. Vémonos Wink

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Vie Jul 03, 2009 1:01 pm    Asunto: Responder citando

Vale, a esa hora conto andar xa por alí. Xa non sei si vir á casa porque a cea tamén é ahí en As Pontes jajaja. Vémonos entón.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Dom Jul 05, 2009 6:52 pm    Asunto: Responder citando

Erguinme ás 8 e chovía a chuzos, despois do palizón do día anterior nos Ancares astures non me apetecía pegarme 20 kms de ruta dura baixo a auga asíque voltei á cama. Polo que oín, preto de 150 asistentes á ruta (a auga non asustou ó personal) e a xente moi satisfeita en xeral polo recorrido e pola asistencia.
Parece que Nacho a fixo, a ver si nos conta algo............

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Lun Jul 06, 2009 10:27 am    Asunto: Responder citando

Pois ben, eu erguinme despois de 4 horiñas e media durmindo. Igual que Chente vin que chovía auga a chuzos. Si non chovese isto non sería Galiza así que collín unha chaqueta e unha muda e arrinquei cara a As Pontes. No camiño atopei a un tolo en bici baixo a choiva intensa. Ó adiantalo vin que era Manuel e acordeime que me dixera que ía ir ata Pontedeume. Vaía dous tolos pensei para mín. Unha vez chegado ó pabellón sorprendeume a gran cantidade de xente que alí había. Non contaba con tanta e moito menos ó chover así. Dixo un da organización que había 140 preinscritos. As malas condicións fixeron que esta cantidade descendera pero eu cheguei a ver un co dorsal 120 asi que polo menos eramos 120. A iso das 9 (moi puntulaes por certo) comenzamos a ruta e sen parar de chover. Eu facía moitos anos que non andaba así que tiña algo de medo ó ritmo que levar. Antes de chegar ó embalse xa me peguei ó que sería o meu compañeiro de viaxe e que me gustaba o paso que levaba. Polo que me explicou é un coñecido de MiguelC. Tras cruzar o embalse entramos nunha zona preciosa que discurría entre as fragas. Sen dúbida algunha a mellor polas que pasamos. Iso si moi perigosa para ir en bici. Despois fumos bordeando o embalse e atravesando toxeiras no trazado máis duro fisicamente. Había sitios nos que a organización puxo cordas para axudarnos a subir e baixar. Á dificultade do desnivel había que incluir o inconveniente de que estaba todo enlamado e o facía ainda máis perigoso. Finalmente chegamos ó avituallamiento en Vilarbó onde nos esperaba unha pouca frutiña e algo de auga para beber. Non paramos moito porque canto antes chegaramos antes nos podiamos cambiar a roupa toda mollada. Subimos pola famosa baixada de Vilarbó onde ten os saltos feitos Korea. Recoñecina precisamente por ese saltos. (descartada para mín jejeje). Chegamos ós eólicos e tras un tramo de carretera baixamos pola costa da Cuiña que agora que sei dela eina subir algún día. Ó final chegamos ó pabellón onde nos esperaba unha rica cervexiña e un pouco de empanada. Despois tiñan pensedo facer un sorteo dun fin de semana nun hotel creo que era, pero eu xa non agardei a iso así que non sei a quen lle tocou. En definitiva, foi unha gran mañá de domingo en bóa compaña. Hai que felicitar á organización polo éxito da convocatoria a pesar do tempo pero tamén me sinto no obriga de facer unha dura crítica. Si ben debo recoñecer que en xeral estaba todo o percorrido ben marcado (nalgunhas ocasión de máis) o que non me parece tan ben é o lugar onde estaban a maioría desas marcas. Considero que carquer deporte de montaña debe ir acompañado dun respeto extremo á natureza e facer pintadas en árbores e pedras é un atentado contra esta, e sobre todo nun entorno tan maravilloso como é por onde pasamos. O dano xa está feito pero espero que en sucesivas ocasións non o volvan a cometer. A pesar de iso darlles as gracias por todos os esforzos que fixeron por facernos pasar un día tan agaradable.
Volver arriba
ZALO



Registrado: 25 Mar 2008
Mensajes: 356
Ubicación: NARON



MensajePublicado: Lun Jul 06, 2009 9:05 pm    Asunto: Responder citando

pois eu ese dia tamen andaba pola fraga(preto de donde fixo os saltos korea,pero na outra veira,facendo algun salto mais ROKER ) e de camiño vin a varios camiñantes,a verdade que o dia non estaba para pasear moito,pero como dixeches antes estamos en galicia e ai que mollarse jajUA
facendo relacion as macas que comentas que estan pintadas nas arbores e pedras,quero comentarche que existen unhas pinturas ecoloxicas que non contaminan,pero pola contra desaparecen en pouco tempo,non sei se as que empregaron son deste tipo,pero haber ainas.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email MSN Messenger
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Lun Jul 06, 2009 9:13 pm    Asunto: Responder citando

Descoñecía a existencia desas pinturas. Si son as que utilizaron retiro o que dixen anteriormente.
Volver arriba
ZALO



Registrado: 25 Mar 2008
Mensajes: 356
Ubicación: NARON



MensajePublicado: Lun Jul 06, 2009 9:38 pm    Asunto: Responder citando

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email MSN Messenger
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Jul 07, 2009 10:12 am    Asunto: Responder citando

O enlace coa crónica en Amigus --> http://www.amigus.org/web/archives/011311.php

Parece que houbo mais de 120 participantes de fora de As Pontes, ós que se sumaron mais de 30 membros do Clube de Montaña O Caxado (que non levaban dorsal), co que a participación pasou dos 150

Sobre o tema das pintadas Nacho, discrepo en parte contigo. É certo que non é bonito nin moi ecolóxico, pero bastante menos ecolóxicas son outras actuacións moito mais graves que se fan nos montes (parques eólicos coas correspondentes pistas de servicio, talas indiscrimadas, queimas, arroxo de basura,.......) e que ademais provocan un impacto paisaxístico grave.
Unha ruta P.R. para que esté homologada ten que estar sinalizada correctamente (é un requisito), para que calquer camiñante en calquer momento poda seguila. Os amigos do Clube O Caxado xa intentaron con antelación sinalizar a ruta mediante estacas, pero desaparecían constantemente (hai moito desaprensivo que non entende que todos queramos disfrutar dos espazos naturais...... atravesa un coto de caza). Co cal, a solución final e mais drástica é loxicamente a de marcar sobre puntos que non sexan "removibles", como pedras ou troncos. É o prezo que hai que pagar para que calquera poda disfrutar desa ruta.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Mar Jul 07, 2009 10:33 am    Asunto: Responder citando

Estou dacordo en que hai outras actuacións moito máis graves, pero os malos actos de outros non poden servir para xustificar os nosos. Tamén entendo que hai que ter a ruta debidamente marcada e algunhas das marcas que puxeron non as critico. Tiñan tabliñas pintadas e amarradas ás árbores cunhas bridas. Iso pareceme ben, sen embargo o de pintar no entorno xa non me parece ben. Pero como dixen antes, si esa pintura é desa ecolóxica da que falou Zalo, tampouco teño nada que obxetar. Notouse un espléndido traballo por parte da organización e por elo hai que felicitalos e agradecerllo.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Jul 07, 2009 4:24 pm    Asunto: Responder citando

Olvidábaseme de comentarche Nacho, que a quedada de Enduro que quere facer Korea vai discorrir polo sendeiro da beira do pantano, o mesmo que recorríchedes o domingo (ese que dís que é moi perigoso), e inclúe tamén a baixada de Vilarbó (a dos saltos por onde subistes) e a baixada da Cuíña para rematar a faena (non sei si te fixaches en cómo é esta última, pero por alí tíranse Zalo e Korea a mais de 50 por hora, coa cantidade de roca que hai..... surprise surprise ). Para que vexas o que estes entenden por "duro", jejej

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Outras Actividades Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Página 1 de 2


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro phpbb | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo