Este post é para informarvos de que temos disponible no foro un sistema de mensaxes privados, que podemos enviar ou recibir de calquer usuario rexistrado e ós que ninguén terá acceso excepto nós e esa persoa (nin sequera o administrador ten acceso a eles, dacordo coa política de privacidade da páxina hospedadora).
O sistema de funcionamento é moi simple, moi similar ó funcionamento dunha conta de email: na parte superior desta páxina tedes un acceso directo ós mensaxes privados, en caso de que teñamos algún sin ler o sistema indica "usted tiene 1 mensaje nuevo", e en caso de non ter ningún indicanos "usted no tiene mensajes nuevos". Para acceder a eles só temos que pinchar co raton encima desa zona, e automaticamente se nos desplegará un menú de mensaxes, aparecendo "bandeja de entrada" (os mensaxes que imos recibindo), "elementos enviados" (os mensaxes que nós enviamos e o destinatario leu) e "bandeja de salida" (os mensaxes que enviamos e que o destinatario aínda non leu; no momento que os lee pasan automaticamente a "bandeja de salida").
Unha vez lidos ou enviados, temos opción de borralos ou de archivalos na bandexa de "elementos guardados".
Por último, explicarvos que a forma de enviar un mensaxe privado a calquer usuario é: abrimos no menú da parte superior a sección "miembros"; unha vez aberta, desplégasenos toda a lista dos usuarios rexistrados, debemos seleccionar o usuario ó que queremos enviar o mensaxe pinchando na zona que pon "mp" que está xusto ó lado do nome. O sistema abre automáticamente un cadro no que poderemos escribir o mensaxe en cuestión (recordade poñer asunto, se non non enviará o mensaxe).
Sei que esta é unha información moi simple e que todos (ou casi) controlades este tema, pero aquí vola deixo por si pode ser de utilidade a alguen.
Un saúdo
