Antes de nada, darche a benvida a este foro (eres Rubén si non me equivoco, non?).
A nosa idea é que este espacio sirva non só ós que facemos carretera ou rally-btt, si non que poda servir como lugar de encontro e intercambio para calquer aficionado á bicicleta desta zona, sexa na variante que sexa, incluíndo descenso, dual e todo o demais, pero para eso tedes que ser os que o facedes quenes vaiades introducindo información no foro.
De feito, seguro que algún de nos se pasa a ese lado "oscuro" jejej, polo menos para probar cousas novas, así que vos animo a que vaiades escribindo o que podades.
Outro tema é o seguinte: igual que hai unha sección de carretera e outra de btt, poderiamos crear unha nova sección de freeride para quedadas ou todo o que se vos ocurra, así que xa contaredes si vos interesa, e creámos ese apartado sin ningún problema (como dixen, este foro está para fomentar o ciclismo na zona, sexa na variante que sexa).
Sobre o tema de circuítos e descensos na zona, o mellor é que fales con Rober (membro nº18 deste foro). A última vez que falei con él comentoume que estaba a preparar (con un grupo de xente de aquí de As Pontes) un circuíto de Dual na zona da "feira do cabalo", ó lado do circuíto de motocross. E tamén coñece algún trazado para facer descenso dende o repetidor hacia A cuíña. Así que o mellor é que lle envíes mail; se non consigues contactar con él (non anda moito en internet) avísame e pásoche o seu tlf.
Sin o permiso de Rober (espero que non lle pareza mal), poño no foro un par de fotos del facendo trasnadas (ese casco Rober, que un día vaste matar):
O dito, si vos interesa crear un apartado no foro me avisades. Un saúdo a todos os Freeriders deste pobo
