Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




Despois do túnel sempre hai luz.

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> A esencia de Ciclaspontes
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
HIGINIO



Registrado: 19 May 2008
Mensajes: 53
Ubicación: As PONTES



MensajePublicado: Dom Jun 29, 2008 4:13 pm    Asunto: Despois do túnel sempre hai luz. Responder citando

Disculpas ós ortodoxos da nosa lingua pola miña mala ortografía e o meu idioma (índa non o fixera, e aproveito esta ocasión). De todas maneiras, eche unha mestura do que falaban os labregos, os canteiros, os que facían zocas (e casi que de cada ano tamén facían pés), o que aprendín dos meus pais e meus avós e mais daquel castrapo co cal pretendían adouctrinarnos naquelas pequenas escolas públicas do final da década dos cincuenta, hoxe desaparecidas das nosas aldeas. En definitiva, o que eu mamei.Este novo oficial ou academico a verdade que ás veces, teño dificultades con él e outras casi non o entendo, e si se fala de escribilo, moito menos.
¡A otra cosa mariposa!
Esta é un pouco a historia dun aficionado os deportes, tanto na súa faceta de espectador, como de practicante. Teño 56 tacos e de seguro que mais de medio cento, levareinos practicando alguna actividade deportiva ou varias ó mesmo tempo.
Empezei como supoño que, naquel entonces, empezaron todos os nenos das aldeas e pobos pequenos, correndo detrás dunha pelotiña chea de remendos de goma, e como campo, a carretera chea de pedras, as máis grandes, sacábamo-las para non confundilas ca pelota, e de paso, non fender os fondos dos zoquiños, xa que éstes, tiñan os baixos de madeira de vidueiro co cal, había veces, que quedaban medios afesos. Isto tamén podía pasar cando non atinabas á pequena pelotiña e o zoquiño encontraba o nocello do compañeiro, entón, saltaban chispas e viase como engordaba o pé, parecía maxia! pero coido que non a era.
Ós quince anos, empezei xogando nos equipos de fútbol que había polas aldeas e que xogaban polas festas das parroquias. Xoguei cos Tritós de Saa, A Faeira, Cabreiros, Meidelo, Vilavella, Rivadeume etc. Moitos dos xogadores rivais doblarianme en anos e cando “o cativo” escapaba había que coutalo como fora, asi que, “o pequeno” andaba casi todo o tempo ou ben polo chan, ou polo ceo, de pé paraba pouco.
Con dezasete anos, chamoume Maltrana, que era entrenador do Calvo Sotelo xuvenil. A proba era un domingo pola mañá, 7 de Mayo do ano 1969. O xoves anterior era festivo, e xogando nun partidiño, sufrín a miña primeira lesión grave, rotura de tibia e peroné do nocello esquerdo, incluídos os ligamentos do mismo nocello. Tres meses de escayola e algún mais de recuperación, por aquel entón a rehabilitación non sonaba. A miña ilusión dos xuvenis desapareceu, pero non me debeu afectar moito logo que, pasando un ano mais ou menos, empezei outra vez a dar couces ó balón participando co equipo da Faeira nunha liga pirata que organizaban equipos aficionados da parte de Ferrol, Piñeiros, Limodre, Maniños, Chanteiro, Santa Mariña e algún mais. O meu equipo non quedou dos primeiros pero eu gañei o trofeo o máximo goleador. Cando acababa de xogar, metía o pé en auga moi quente con moito sal para que se me pasara o enchume, porque o pé sempre acababa coma un tronco.
Seguín co fútbol campo algún anos mais. Polos anos oitenta, empezou o fútbol sala entón, organizaron en Vilalba un campeonato e fomos a participar de aquí de As Pontes, Basanta e mais eu, a un equipo de alí. Debe de haber moito tempo que xa non me acordo de cómo se chamaba.
Despois de dous ou tres anos indo a Vilalba, empezou o fútbol sala, aquí en As Pontes. Xogábamos na pista de cemento do Poblado, e xogaba cos bombeiros de Endesa. De aquí naceu o "Autos Puentes fútbol sala". Fomos participar na 2ª división de Ferrol Terra, xunto cos Lostregos, que tamén eran de As Pontes, e outros equipos de Ferrol Terra, entre eles, O Parrulo, que penso que esta agora na 1ª división Nacional. Quedamos primeiros por derriba dos Lostregos, que acadaron o segundo posto.
O equipo do Autos Puentes empezou a coller altura e resultados, estando a punto de ascender á 1ª división Nacional, e tendo nas súas filas a grandes xogadores como Gareca, Pellón, Pichel, Fernando, que era o porteiro e chegou a xogar ca selección Nacional de fútbol sala, pero rompeu por dúas veces o tendón de Aquiles e tivo que abandonar, por certo, Fernando é o meu irmán. Por aquel enton, os que eramos do montón, quentábamos banco. Neste tempo organizouse a Liga local de fútbol sala, e entrei a participar.
Xogando un partido, aló polos anos oitenta e tantos, sufrín a lesión mais grave que pode ter calquera deportista, "Triada de Odón", pensó que non se escribe así pero para entendernos poido decir que é a rotura do menisco interno e externo, rotura de ligamento interno a altura do fémur e rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, a miña perna menos mala. Adeus ó deporte, Hospital San Rafael, radiografías e probas. A os dous días operación a cargo do doctor Gelino, trinta anos, catalán, acabado de chegar a A Coruña, tres horas de quirófano, trinta puntos na perna desde a mitade do fémur, á mitade da tibia, una grapa metálica collida á cabeza do fémur cun tornillo e en forma de boca de cocodrilo suxetando o ligamento lateral interno, una plastia de material sintético sustituíndo o ligamento cruzado, pois éste, estaba desfeito. Catro ou cinco días no hospital con moitos dores e pá casa. Dous meses de escayola dende a ingle hasta a punta do pé. Cando ma sacaron, a miña perna, antes musculosa, parecía a dun carrizo chas chas, isto acabouse, pensei eu. Catro meses na sala de rehabilitación do Hospitalillo de Endesa, a palabreja rehabilitación ahora xa sonaba. Moitas sesións de onda corta, penso que centos de miles de veces de subir e baixar a perna sentado nunha silla, cada vez con mais peso. Centos e centos de kilómetros de bicicleta estática, moito traballo, sacrificio e algunas lágrimas.
Ós oito meses, incorporación ó traballo, bastantes problemas, hinchazón permamente, liquido sinovial, extracción de sangre media podrida, pouca estabilidad… unha mier……
Pouco a pouco foi mellorando. Ós dous anos, xa xoguei un partido de solteiros contra casados polo meu patrón, a festa de Rivadeume. Esta millora durou pouco. Un bo día no traballo, fixen un xiro brusco e a miña plastia do xeonllo dixo hasta aquí cheguei. Problemas de hinchazón constante, inestabilidad total, molestias, consultas ó médico, resonancia magnética. Confirmado, rotura de plastia, ligamento cruzado anterior do xeonllo. Dúas opcións:
Dr. Cien Fuegos, recomendación:
1) retirar trozos de plastia e limpeza de rodilla. Isto sólo de momento e a ver como evoluciona potenciando a musculatura do xeonllo a base de moitas horas de piscina e moita bicicleta.
2) Outra sería o mesmo, mais sacarme un trozo de tendón rotuliano e insértalo como ligamento.
Decidín a primeira, e a ver o resultado.
Hospital Xeral, Dr. Cien Fuegos, artroscopia de xeonllo, ingresar pola tarde e o outro día pá casa. As molestias casi fóra, hinchar menos, estabilidad igual. Había que traballar o xeonllo para fortalecelo.
Natación non e o meu, non me van os locales cerrados. Tiña no meu garaxe unha bicicleta de carreiras que comprara polo ano setenta e nove no economato de Endesa por 12.500 pts. Era moi fermosa, marca Orbea Aralar, cor verde metalizado. Xa estaba un pouco furruxada, xa que non era precisamente o meu deporte favorito. Era mui traballoso, pero pensei: " o que algo quere, algo lle ten que custar" e empezei a darle un pouquiño cando me prexubilei con 48 anos e algún meses, e tendo tanto tempo libre, collino un pouco mais en serio.
Coincidín en varias das miñas saídas, ainda que curtas, (pois cando chegaba por Cabreiros arriba, xa me apetecía dar volta) con Manolo e Roberto Carballo que entón a min parecianme casi que profesionais, pois xa tiñan boas monturas de aluminio marca Kuipps. A miña era de ferro medio vello. Fixeronme sudar moito para podelos seguir, e de lonxe (pero cando poida xa chas cobrarei). Casi que me fixeron comprar bicicleta nova, Mendiz Estatus cor blanca, moi fermosa. Ás veces, hasta lles daba andado, a cousa foi indo así. Da rodilla funme esquecendo máis, seguro que porque mellorou, e metinme (mellor dito meteume) Manolo no equipo Peña Ciclista Santa Marta de Ortigueira.
Empezei con eles a entrenar os fines de semana, a participar nas competicións de Master que organiza a Federación, o primeiro ano que fun ó campeonato galego na Cañiza (Ourense).
Era un día do mes de Agosto, á unha da tarde, cun recorrido moi duro e 40º de temperatura, pero menos mal que baixando, nunha curva, seguín de frente e limpiei un cacho de heucalizal. Retirada e a esperar á sombra que foran chegando os deshidratados.
A 2ª proba que fixen foi en Ferrol no circuito da Malata e quedei de 2º. A o ano seguinte (fai tres anos), participei no Galego en Ponteareas. Os Master 50 tiñamos que dar solo una volta ó circuito. Iba no grupo de cabeza cun compañeiro de Terrazos Riego, de Vigo, tamén Master 50, e en vez de coller a meta nun desvío que había, seguimos co grupo que tiña que dar outra volta. Cando pasaron un par de kilómetros, pararonnos os motoristas da organización e dixeronnos que íbamos mal, que tiñamos que haber entrado xa en meta, co cal, volta para atrás e chegamos 5º e 6º. Un dos dous houbera sido o campeón galego Master 50 do ano 2005.
O pasado ano foi o campeonato en Boiro. Penso que estaba millor que nunca pero fallei de novo. Na saída, quedeime un pouco e tiven que facer moito esforzo pa coller a algún dos Master 50 que sabía que iban diante. Sobre o kilómetro 20 paseilles a dous que xa conocía e parecíanme que os collería pero non sabía fijo cantos mais tiña por diante, polo menos un que eu sabía que andaba mais, pois pasara o ano anterior de Master 40 e xa ganaba carreiras nesta categoría. Faltando uns 5 kilómetros para chegar á meta, e xa moi tocado, mirei os dorsais, nº 51 e 54 con outro de dorsal 30. Era un repeito ben duro e logrei collelos. Intentei deixalos, (pois os dorsais 50 eran os meus rivais) pero non logrei separarme mais de 10 ou 20 metros. Desistín, sabía que a chegada era boa para min.
A chegada acababa tirando para arriba, e a carreteira estaba dividida en dúas mitades por medio dos conos para que os que tiñan que seguir foran pola parte dereita e os que acabaran, entraran pola esquerda, pero herro de novo. A falta de 30 ou 40 metros, iba a tope e metinme pola dereita dos conos. Cando me din conta busquei os conos mais separados para pasar a o outro lado, pero foi tarde porque pasaronme os dous e quedei 4º.
O primeiro foi o compañeiro de Sarriana que pasara de Master 40 (e que é superior), e logo, os dous que me pasaron na meta e encima aguantar a Manolo e a Carlos "o guardia".
Aprobeito para agradecerlle a Manolo (xa que nunca llo dixen) o haberme enseñado un pouco a sufrir e pelexar ata perder a última gota de sudor.(este si e peleon)
En resumen:
Nocello esquerdo medio torto e deformado, a visagra arriba e abaixo un 70% e lateralmente 0%.
Xeonllo dereito cun ferro tipo boca de cancodrilo metido no oso, sen meniscos e sen ligamento cruzado.
A visagra dará hasta pouco mais dos 90º e algo de artrosis.
Faltanme algunas pezas pero compénsanse con moita moral. Da que me sobraba, vendinlle una pouca ó alcollano.
Poida que haiba mais dun que pensé que isto e una novela de J.J.Benitez, pois non, de ficción ten moi pouco (que mais quixera eu). Ten moito mais de dura realidade.
Espero que este relato poida servir a alguén que nun momento dado, ben por lesións ou por outras causas vexa que as cousas non son sempre como parecen nun primeiro momento cando todo o ves nublado. Ó final case sempre sae o sol.
A ver se alguén mais se anima e conta a súa historia, que ven de seguro que habelas ailas.
"O que moito ten de todo, de conciencia andará mermado". Saúdos. Higinio.

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Dom Jun 29, 2008 10:03 pm    Asunto: Responder citando

Higinio, canto mais te coñezo e mais sei da tua vida, mais me sorprendes; e eso que nalgunha ocasion, aqui no foro, dixen que de ti xa ni me sorprendia nada, estaba errado.
Moito nos queda que aprender, espero que fixandonos en xente coma ti (como ti o fixeches en Manolo Carballo) vaiamos tirando pa diante e aprendendo tanto a sufrir enriba da bicicleta, como a saber afrontar a vida en todas as suas facetas, cando non temos os mellores momentos. Espero que me sigas sorprendendo coas tuas cronicas, e poder padalear e aprender a o teu lado. Un saudo de un colega.

TINO

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ivan
Invitado








MensajePublicado: Lun Jun 30, 2008 9:26 am    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> A esencia de Ciclaspontes Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo