Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




A esencia de Ciclaspontes

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> A esencia de Ciclaspontes
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Jun 30, 2008 11:58 am    Asunto: A esencia de Ciclaspontes Responder citando

ESFORZO, VONTADE E CONSTANCIA, esas son palabras clave para comenzar a entender o ciclismo en calquera das suas variantes, un dos deportes mais duros, pero ó mesmo tempo mais gratificantes que existen. E estas gratificacións proveñen quizais de conceptos que oxe en día, e cada vez de modo mais palpable, teñen na nosa sociedade menos valor e son menos respetados, como son o afán de superación persoal, a dedicación, o sufrimento, a amistade e o compañerismo,..... Cada vez hai menos xente disposta a sacrificarse na vida, prefiren que se lles sirva todo en bandexa; ¿quen non ten coñecidos que pasan horas e horas no sofá,...... sin facer absolutamente nada, despreocupados,.....? Pero para calquer aficionado ó ciclismo, penso que esas son algunhas das razóns que impulsan a facer tales sacrificios, que deixan de ser sacrificios ó facer o que nos gusta de verdade.

O ciclismo convírtese deste xeito non só nun deporte, si non nunha preparación para a vida, donde o mais importante é a saude, a amistade e o compañerismo, o saber encaixar os problemas que van surxindo, pois como ben dí o compañeiro Higinio, “ó final case sempre sae o sol”. Pero para eso hai que seguir loitando e non darse por vencidos, “pelexar ata a última gota de sudor” (unha forte aperta, “maestro” Higinio).

O sacrificio e a dureza deste deporte fan que quenes o practican teñan unha actitude ante a vida moi especial. Somentes espero que esa nosa actitude ante a vida e a nosa actitude deportiva sexa a que realmente queremos que sexa, que eses valores que antes comentaba prevalezan ante todo, e que se recupere a credibilidade e o respeto perdido nos últimos tempos hacia este deporte que amamos.

Encaixado neste clima de “actitude ante a vida” naceu o foro de ciclismo “Ciclaspontes”. No momento da súa creación, conviviamos en As Pontes moitos aficionados a este deporte, ciclistas da PC Santa Marta, do CC Vilalba-AsPontes, do Clube Triatlón Ferrol, do CC Cambre, e moitos outros (a maioría) non asociados a ningún clube. Cada un entrenaba e participaba nas actividades, rutas e marchas que podía ou das que se iba enterando, pero non había un coñecemento xeral do que facían o resto dos compañeiros, un sistema de organización que servise para compartir información entre todos, para organizar saídas conxuntas ou asistir a marchas de xeito coordinado,.....

Valorando a fondo esta carencia como algo que era moi necesario solventar, e valorando tamén o mellor xeito de facelo, decidiuse a creación deste espacio coa intención de ofrecer un punto de encontro común para calquer aficionado da zona (ou de calquer outro lugar, todos serán benvidos). Un lugar donde compartir información diversa, donde o clima de compañerismo e amistade prevaleza ante os intereses de cada persoa, un lugar donde todos nós temos a posibilidade de organizar ou participar en rutas e quedadas, ofrecer a nosa colaboración ou solicitala para calquer actividade que queramos preparar, compartir todo aquelo que queiramos, ................................... en definitiva, un lugar de encontro no que TOD@S E CADA UN de nós teñamos voz, posibilidade de facer cousas e aportar todo o que queiramos/podamos a este deporte e ós nosos compañeir@s. Cada un de nós pode involucrarse na medida que considere xusta.

Por este mesmo motivo, este foro non está relacionado directamente con ningún clube ou asociación deportiva, para non restrinxir os seus obxetivos a un limitado número de persoas. Este é un lugar POR E PARA TOD@S independentemente da sua procedencia.
O rexistro e a participación é libre e gratuíto para calquera, sempre e cando respete os valores e actitudes que Ciclaspontes defende, prevalecendo o compañerismo e o respeto ós demais por encima de todo.

Só espero que cada un de nos aporte o mellor de sí mesmo, para dese xeito medrar e fomentar a práctica e o respeto hacia este deporte e os seus valores.
Un saúdo
Vicente


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
HIGINIO



Registrado: 19 May 2008
Mensajes: 53
Ubicación: As PONTES



MensajePublicado: Mie Jul 02, 2008 1:10 pm    Asunto: Responder citando

Ante todo, volverche esa aperta que me mandas, que sei, é moi sincera, poidoche dicir que amiña sae do mesmo caixón.
Felicitarbos tanto a ti como a Iván pola idea de sacar esta páxina, da cal penso que algúns xa somos adictos. Como ben dis, había e hai material, faltaba o referente e estou seguro que o temos en ti.
Hai un refrán castelán que di algo así:
"En la mesa y en el juego se conoce al compañero". Eu vouche facer un en galego:
"No deporte e na expresión coñecese ó home bon".
A veces, non fai falta unha relación moi cercana ou de moitos anos, só con algúns detalles e outras cousiñas coñecese ás persoas (Non cambies).
O de mestre, na de na, en tal caso, aprendiz de todo.
Polos meus anos mozos, eses títulos non estaban ó alcance de todos e ó meu tampouco. Aínda que valeras, (que xa non seria o meu caso), facían falta outras cousas das que a mayoría carecíamos. Non obstante, pa min hai outras titulacións que se levan na persoa, unhas heredadas e outras recollidas cos anos da túa vida,que son máis importantes, coma ti ben dís. A solidaridade, a amistade, o esforzo persoal, poder de sufrimento, a amabilidade, o bo humor, a fantasía etc.,son valores que non se dan en ninguna parte, pero si se comparten no deporte, e sobre todo, no ciclismo co que nós disfrutamos.
Cando falo de deporte non é de empresas, negocios, especulación, trampas ou mentiras, ese deporte deixou de interesarme fai anos.
Cando quero ser espectador, marcho á veira do Neira, Ladra ou Río Miño e alí a o tempo que disfruto doutra das miñas actividades preferidas, querendo engañar a quen casi nunca se deixa pero pasaoo ben. Tamén o faigo mirando os fermosos paisaxes, e vólvome os meus 10-12 anos, cando cós pés mollados polo orvallo, saltaba balados, seves ou silveiras e escoitaba ós paxaros piar, e os grilos e carricantas cantar, por isto falo de fantasía, xa que algunhas veces tamén é boa.
Cando todos estes valores e algúns máis se perdan. o apocalipsis estará máis preto. Como di un bo amigo meu cando o chamo polo teléfono "A mandar que aínda estou vivo".
Saúdos.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Jue Jul 03, 2008 8:11 am    Asunto: Responder citando

Coñezo ben esas apertas, e sei que son sinceras compañeiro.
Ante todo, gracias polo apoio; como sabes ben, tanto Iván (puntal básico deste foro, sin él esto non sería o mesmo) coma min, simplemente estamos "organizando un pouco" (si se lle pode chamar organizar) esta idea, que foi "cuajada" xunto con moitos de vós co fin de intentar darlle un pequeno empuxón ó ciclismo na nosa zona, e promocionar dese xeito este deporte xunto con eses valores que antes se comentaban e nos que nós firmemente creemos e defenderemos sempre.

Sobre o título de "mestre", quizais non teñas ese título que extenden en moitas Universidades, pero por suposto que non era a ese tipo de "mestre" ó que me refería. É certo que hai moitos por ahí, dos que podes aprender álxebra, xeografía ou linguas, pero esa "mestría" non ten en xeral moito que ver coa vida cotidiana. Eu me refiro a eses coñecementos que che dan as experiencias dos anos vividos, ós que poucas persoas se deteñen a meditar o tempo suficiente como para poder aprender deles (moitos pasan/pasamos correndo pola vida). Neso SÍ ERES MAESTRO, e penso que non só eu, si non moitos queremos "aprender" contigo.
Asi que fágoche unha petición, penso que en nome de tod@s: sigue alimentándonos coas tuas ideas e experiencias, e mantén sempre esa pizca de fantasía e bo humor que amosas, que nós seguirémoste atentos e gustosos.

Redígome: Unha forte aperta.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Jul 07, 2008 12:18 pm    Asunto: Responder citando

Puntualizo: sin pretendelo (acabo de darme conta) puden ferir a sensibilidade de algún/ha compañeir@, cando falaba sobre os mestres, neste caso o que pretendía na resposta anterior era aclarar que non me refería ós mestres de "profesión", os que ensinan cálculo ou linguas, si non ós mestres "da vida", a aqueles que nos amosan as suas experiencias e vivencias do mellor xeito que saben, e dos que podemos aprender moito para a vida cotiá.

Sobre os mestres de carreira, unha profesión moi loable, somentes o que pretendía comentar é que moito do que se aprende nos colexios non ten unha aplicación real no día a día (ainda que hai unha boa parte que sí), pero por suposto, ese é un déficit do noso sistema educativo, da planificación das asignaturas e dos contidos, mais que das persoas que os imparten.

Quizais a falla dese sistema educativo está en non só contemplar a educación en canto a contidos, si non tamén en canto a valores e en canto a vivencias......... ainda que hai mestres que dun xeito ou outro atopan a forma de facelo chegar ós seus alumnos e suplir esta carencia, sendo "mestres de profesión" e ó mesmo tempo "mestres da vida" (e fago especial referencia a un dos mestres da miña infancia no Colexio Monte Caxado, José María López Ferro). Algún dos que está involucrado directamente na ensinanza podería comentarnos mais sobre esto ......................................

Sin pretender ampliar este tocho nin entrar en maiores debates sobre a educación, pido disculpas polo (xa digo, non intencionado) comentario sobre esta profesión tan respetable alaU

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> A esencia de Ciclaspontes Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo