Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




DISFRUTE NA FONSAGRADA

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas Carretera
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
HIGINIO



Registrado: 19 May 2008
Mensajes: 53
Ubicación: As PONTES



MensajePublicado: Lun Jul 07, 2008 8:16 pm    Asunto: DISFRUTE NA FONSAGRADA Responder citando

Acabo de chegar de estirar un pouco as pernas, baixei polo roxal e subin ata Iglesia Feita, mola a subidita nun platiño de cincuenta coma o meu, depaso paguei en Vilar de Mouros un café aue tiña adeudado dende o sabado que tamen sain a estirar , ou algo mais que estirar e non levei cartos, e coma os xuros andan algo caros non fora a ser …
Pois ben, como digo , cando cheguei entrei no foro a ver como lles fora os compañeiros na marcha de BTT de Ferrol e ollei a cronica do amigo Ivan, casi podia darme unha pouca de envexa pero nesta ocasión non e asi, supoño que o pasaron de pu… madre, algo me contou o peleon de Manolo, eu perdinlle un pouco a aficion a montaña, sonche moi zoupon case sempre me esnafraba, nisto era sempre o primeiro, bueno sempre non, cando por ai andaba o bo amigo Javichin era el o que tiña o honor de ser o primeiro.
Agora contobos. O domingo as seta da maña, chovendo ainda ben, saimos cara a base da Fonsagrada uns cantos “maquis” cas burritas no maleteiro , ca idea de derrotar a un enemigo de dazanove kilómetros, e un desnivel medio de un seis por cen, que o compañeiro Souto ollara polas montañas do principado, os maquis voluntarios eran os seguintes; Manolo o Souto, Pepe o Pergamino, Moncho o Jardin, Javier o funerarias , Vicente o Villalves e mais o servidor.
Habia alguns mais na lista pero collerian medo , non se presentaron o combate, foi o que gañaron , o mellor dito o que perderon.
Chegamos o destino base alo polas oito e media, aparellamos as burriñas, abrevamos o gando e marcha.
A saida da Fonsagrada desvio a dereita, direccion nin se sabe, baixada duns dez kilómetros, frio de perder as unllas, o acabar a baixada repeiro doente duns tres kilómetros, penso que algun tubo asta mais que ideas de dar un paseiño a pe, seguimos con algo de rompepernas e baixada duns dez kilómetros, ata o val do Navia, cruzamos a ponte porriva do pantano Grandas de Salines, esta vez si direccion Asturias.
Seguindo o curso do rio Ibies que empataba no Navia ali mais abaixo e a uns tres kilómetros atopamos un letreiro que nosfacia saber que entrabamos en terras de don Pelayo, seguimos esta caretera, por certo en moito mellor estado ca do outro lado da fronteira chegando o pobo de San Antolin , que lle da nome o mesmo rio.
Casi cuarenta kilómetros dende a saida, parada, a escuadra non se pon dacordo, aguns queren seguir ata o enemigo, que esta a uns cinco kilómetros, outros teñen mais dubidas “conclabe”hai fumata blanca, volta pa tras polo mismo sitio, os doce kilómetros cruzar a ponte do rio cara Fonsagrada, primeiro porto ben durito , uns sete kilómetros , rompepernas de novo e baixada ata o ultimo porto, dez kilómetros de subida condenada e chegada a base.
Ata aquí o rutometro.
Recomendación; todos aqueles que queiran disfrutar dun dia duro de bicicleta e dun paisaxe de naturaza no seu estado mais puro , dos que xa non quedan moitos, ca ferbenza mais alta da nosa terra e outras moitas cousas que hai que pasar por elas pa entendelas e disfrutalas, non poden deixar de achegarse por estes lares.
O chegar de volta a base , cos ochenta kilómetros e catro horas, ducha reparadora no camping do pobo, e ainda mais reparadora zampada no restaurante Cantabrico , situado no centro do pobo. O que pase pola Fonsagrada cun ruxir de tripas que entre, de seguro saira satisfeito, as cinco da tarde camiño da casa.
Un dia pa non esquecer.
Teño que decir que o enemigo quedou intacto, pero por moi principesco que sea caera, tera que baixar as orellas.
Coido que teremos que acercar mais a intendencia, pero a infantería esta en pe de guerra e desafiado tamen queda ( voltaremos) .
Un saudo dos “maquis”.

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Jul 08, 2008 7:03 pm    Asunto: Responder citando

Polo que entendo non chegastes a subir ese porto dos 19 km ¿¿non?? Corríxeme si erro na suposición. Entón (si non erro) e vista a boa experiencia que pasastes, haberá que volver outro día con algo mais de tempo para o desafío. Propoñede datas, no mes de agosto ou comezos de septembro, que eu esta segunda volta intentarei ir (sobre todo polo da comida no Cantábrico, teño oído falar moi ben).

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ivan
Invitado








MensajePublicado: Mar Jul 08, 2008 8:59 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
SOUTO



Registrado: 25 Ene 2008
Mensajes: 42




MensajePublicado: Mar Jul 08, 2008 10:41 pm    Asunto: FONSAGRADA QUE BONITIÑA ! Responder citando

Ahí vai a miña experiencia de Fonsagrada.
A noite anterior non puiden durmir nada. As 5 da maña xa despertei e non peguei ollo ata as 6 que me levantei.
Baixei a recoller o coche ás 7 da maña despois de almorzar ben e chamoume Pergamino dicindo que se apuntaba á marcha, que o foramos buscar que xa estaba preparado.
As 9:00 chegamos a Fonsagrada depois de parar en Vilalba e Muimenta. Cando tiñamos montado as bicis e iniciamos a ruta eran as 9:30 da maña.
Facía un frio de carallo. Tomamos rumbo ao rio Navia pola estrada LU-721 que comunica Fonsagrada con Villabol de Suarna. No inicio da baixada primeiro problema para Vicente de Vilalba, xa que tiña a dirección da bici floxa e non podía frenar de diante pois tiña moita holgura e tiña medo de caer. Depois de baixar unhos 10 km. como apuntou Hixinio e pasar pola fervenza de Seimeira, que é a máis grande de Galicia, chegamos ao inicio dun porto dunhos 3 km. (Alto de Miñide), cunhas rampas doentes, sobre todo chegando en frio e sen tempo a quentar. Logo de coronar continuamos baixando outros 12 km. ata chegar a ponte sobre o río Navia que nos levaría ao Principado de Asturias por outra estrada e que tiña un firme mellor.
Continuamos camiño pedaleando ao pé do río Ibias que desemboca no Navia por unha estrada preciosa rodeada de árbores. Logo chegamos a San Antolín de Ibias e alí decidimos dar volta. Era o km. 36 de etapa e ainda que algúns coma mín desexaba ver o inicio do porto de Connio, creo que fixemos ven en dar a volta e deixalo para outro día.
Regresamos pola mesma estrada e adiantaronse Hixinio, Perga, Moncho e Javier. Eu quedei con Vicente que este ano leva poucos kilometros e chegábame ben tamén a subida.
Dende o río que está na cota 240 subimos durante unhos 10 km. ata a cota 600 aprox., logo baixamos novamente durante 3 ou 4 km. ata a cota 340 e novamente volvemos a subir durante 9 km. ata a cota 952 que e xa na Fonsagrada. Fíxoseme dura a primeira subida sobre todo pola falta de concentración. No paraba de rirme con Vicente e non daba respirado. Logo decidín subir solo e tendo máis concentración subín mellor.
Duchas no camping e comida de rechupete no Cantábrico que nos axudou a recuperar as forzas.
Quedounos o Connio sen subir pero queda para outro día, ben pode ser en agosto ou setembro.
Podedes ver a altimetria e imaxes da estrada no seguinte enderezo do catalogo visual de estradas da Xunta de Galicia, seleccionando: provincia de Lugo e estrada LU-721.

http://www.cptopt.xunta.es/portal/jsp/jahia/templates/cptopv/cptopv_templates/include/incxunta/externas/frames.jsp
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
SOUTO



Registrado: 25 Ene 2008
Mensajes: 42




MensajePublicado: Mar Jul 08, 2008 10:43 pm    Asunto: catalogo visual de estradas Responder citando

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Mie Jul 09, 2008 6:05 am    Asunto: Responder citando

Chente poidoche asegurar que no Cantabrico comese de P.M., eu levo unha serie de anos indo facer al menos unha comida cada ano e moi ben, sobre todo as carnes (o cocido e impresionante,moi bon o botelo e con moita fartura, sobre todo se e no inverno e fai frio). Intentaremos estar na proxima se se pode.

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Jul 09, 2008 8:04 am    Asunto: Responder citando

Boa pinta ten esa excursión. Deixaremos en mans de Souto que nos planifique todo (e párate ben en planificar o tema da comida eh Wink )

Como datas, eu casi preferiría nas primeiras semanas de septembro o día 7 ou o 13, ou algunha das de mediados de agosto, o 9 por exemplo (comentarvos que o día 30 dese mes hai un grupo de btt do foro que están a planificar unha ruta para todos, da que se informará en breve, polo que non é moi bon findesemana para esta saída).

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas Carretera Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo