Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




V PEDALADA ÁRTABRA 2012

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas BTT
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Feb 13, 2012 8:05 am    Asunto: V PEDALADA ÁRTABRA 2012 Responder citando

PRESENTACIÓN “V PEDALADA ÁRTABRA 2012”

Amig@s beteteiros, o CLUB CICLISTA RIAZOR quérevos dar a benvida á quinta edición da “Pedalada Ártabra”. Unha rota de montaña variada e divertida que esperamos, satisfaga as vosas esixencias.
A marcha limitarase a 200 bikers sendo a inscrición a través de pasarela de pago segura dende a páxina www.ccriazor.com. As datas e custe serán as seguintes:
-Dende o 15 de Febreiro ao Domingo 18 de Marzo custo de 15 €
-Dende o 19 de Marzo ao Venres 23 de Marzo custo de 20 €
A ese prezo hai que incrementarlle 12 € do seguro por un día no caso de que non se posúa a licenza da Federación Galega de Ciclismo.
O peche das inscricións será ó Venres 23 de Marzo ou antes si se completa a cifra de 200 ciclistas.
A rota, non competitiva e libre desenvólvese polos montes dos arredores de Culleredo, A Coruña e Arteixo, contando con novidades no seu trazado. Facendo o percorrido completo, sen utilizar as escapadas, pódese calificar de nivel físico e técnico ALTO a pesares de ser solo 39 quilómetros que non deixarán de sorprender. No caso de coller as dúas escapadas deseñadas, o nivel físico e técnico é MEDIO. Estableceranse horarios de paso por eses dous puntos para evitar excesivas demoras á hora de comer.
Coma sempre, teremos avituallamento, lavado de bicis, duchas, trofeos, agasallos a tódolos participantes incluído un detalle as mulleres que se animen a participar e comida ó remate.
Xa sabes por outros anos, que mantemos unha loita contra os que se aproveitan do traballo alleo porque nos parece inxusto que alguén sen escrúpulo algún, invada un trazado por onde transita unha proba regulada e amparada pola lei do deporte, así como por todos os demais organismos competentes, e, parécenos inxusto que os que pagades relixiosamente para poder gozar dun día de BTT, teñades que compartir carreiros con alguén que o fai polo morro, con alguén que utiliza os mesmos vestiarios que vós, que se para no avituallamento e que deixa sen bebidas a quen pasou pola taquilla, que se ducha en auga quente, toma as cañas e, en moitas ocasións, até come sentado ao voso lado: é inxusto, moi inxusto. Non nos parece mal que se faga a ruta o mesmo día, están no seu dereito, pero o trazado ten que estar libre destes personaxes unha vez pasa a moto que abre a proba, ata que pasen os compañeiros que pechan a mesma. Sentimos moito que pasen estas cousas, nós faremos todo o que está nas nosas mans, só queremos que o saibades e que, entre todos, fagamos sentir a estes personaxes culpables dos seus feitos, o triste é que só se darán conta o día que, se vexan envoltos nalgún contratempo.
Despois da boa acollida dos anos anteriores, onde sempre pechamos as inscricións antes da data fixada, confiamos en non defraudarvos nesta nova edición e gozar da vosa compaña o vindeiro 01 de Abril.

Lugar de Saída: Pavillón de Tarrío – Culleredo (A Coruña)
Data e Hora: 01 de Abril do 2012, saída as 9.00h
Teléfono de contacto: 658.523.677 (horario de 20:00 a 22:30, Marcos)
Inscricións: www.ccriazor.com

O enlace ao video de presentación é http://youtu.be/abATUqlvFGc

NOTA: A inscrición na marcha implica a aceptación íntegra do regulamento da mesma.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Feb 15, 2012 9:36 pm    Asunto: Responder citando


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas BTT Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear un foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo