Publicado: Mar May 05, 2009 8:04 amAsunto: 2ª Ruta da Liga de Carretera, o sábado 9 de maio á tarde
Pois tal e como estaba previsto, anque con bastante retraso, previsiblemente este sábado faremos a segunda ruta da Liga de Carretera si as previsións metereolóxicas non se torcen (estade atentos ó foro, pois xa para o xoves saberemos con bastante exactitude o tempo que teremos, do que dependerá si se fai ou non esta ruta).
Saída ás 16 horas do pabillón polideportivo.
O recorrido consistirá en recorrido de ida-volta a Pontedeume, con tramo libre dende a rotonda de Cabañas ata o alto da Serra (entre Lavandeira e a Capela, con aproximadamente 9kms en subida). Farase un reagrupamento na recta da Capela para voltar dende alí todos xuntos a As Pontes.
O recorrido sairá aproximadamente en 65kms, e o tempo estimado é de 2h30min, asíque si non hai ningún atranco e chegamos con tempo, o que teña ganas ainda poderá facer a subida do Caxado (xa o falaremos polo camiño a ver que opina a xente), anque esta parte non sería puntuable.
Intentaremos contar con duchas para os que veñan de fora, pero non están aseguradas.
Aquí vos deixo o perfil do tramo libre, e os datos de desnivel (cortesía de Ricardo Velez):
Altura Inicial --> 5 metros
Altura final --> 421 metros
Desnivel ascendido --> 416 metros
Longitud --> 9 km
Pendiente Media--> 4,6%
Pendiente Máxima --> 8%
"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Miguel, nesta ocasión púxose para a tarde pola xente que curra o sábado á mañán................... é moi difícil que todas as rutas nos coincidan ben a todos, pero haberá mais rutas para "desquitarse". De feito, si é posible pola climatoloxía o seguinte findesemana (16 ou 17 de maio, probablemente o domingo 17 á mañán) faremos a 3ª ruta da Liga.
As prediccións de meteogalicia de momento non son de todo malas para o sábado á tarde, a ver si non cambian:
PREDICCIÓN TARDE DO SÁBADO
"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Registrado: 25 Ene 2008 Mensajes: 244 Ubicación: As Pontes
Publicado: Jue May 07, 2009 7:50 pmAsunto:
Boas chente,eu en principio vou estar ali coma un clavo,pa unha queada q se fai pola tarde...xa q nunca poido de mañan,non me meterei en pelexas q sigo cos meus problemas musculares,vou o xoves a ver a isma,pero tara ben pra sair algo en compañia.Saudos.
Hola gente espero tomar la salida mañana acabo dellegar de subir ese alto y tengo los cuadriceps cargados, hace poco más de un mes que comencé a entrenar y llevo muy pocos kilometros en las piernas , un saludo
Ó final tivemos un día moi bon, con boa temperatura (arredor de 20-22º) e sin vento, aparecimos 10 ciclistas no pabillón --> o Santa Marta en bloque: Manolo e Rober, Rufino e Ricardo, e Fernando, tamén Jose, Blas Lamas, Roche e Tinolp, e eu. Polo camiño, na gasolinera de Goente atopamos a Rodri e a outro rapaz de Pontedeume (non recordo o nome) que viñan en dirección contraria para atoparnos. Asique en total, 12 participantes na ruta (¿donde andades metidos os demais, que hai mais de 30 inscritos??)
O ritmo de saída foi suave, pero xa á altura das Filgueiras algúns levaban ganas de ir aumentando o ritmo e o resto íbamos intentando non perder comba. Chegamos a Cabañas en apenas unha hora, asique o ritmo foi bon. Unha vez alí, Rodri e Blas Lamas (que iban adiantados respecto ó grupo) xa decidiran ir subindo pola carretera vella, co cal non fixeron o tramo libre nas mesmas condicións que os demais (arrancaron o tramo por diante do grupo).
Debido a esto, puntuarán dentro da categoría que lles corresponde, pero como últimos clasificados dentro dos participantes dese grupo (pois sí fixeron o tramo pero non nas mesmas condicións que o resto). É unha pena pois Blas fixo unha escalada moi boa e quedou no segundo posto no alto da Serra, seguro que si arrancase xunto co resto tamén entraría nos postos dianteiros, pero as normas da Liga hai que respetalas e lóxicamente as condicións deben ser iguales para todos os participantes.
O tramo en sí, a subida de Cabañas ata o alto da Serra, 8,5 km que se fixeron a un ritmo alto (17 minutos cronometrou alguen?? ), con Fernando moi forte e controlando moi ben o tramo (primeiro clasificado no alto) seguido de preto por Blas, e os demais subimos tamén a bo paso pero sin amosar tanta facilidade. Neste tramo, ata tivemos vehículos de control e todo (achegouse a vernos Higinio e tamén Santos-Pergamino e Tino).
Unha vez no alto, reagrupamento e volta todos xuntos tamén a bo paso (Rodri e o outro rapaz de Pontedeume acompañáronnos ata A Capela e deron volta), anque ó final o ritmo era alto e algúns descolgáronse antes de chegar a As Pontes. Unha vez aquí, algúns subiron ata o Caxado, outros xa marcharon para casa, xa era decisión de cada un.
Disculpade pero non me fixei moi ben en cómo fora o orden de chegada no alto da Serra, asique necesitarei que votedes unha man a ver si a sacamos entre todos.
Quedeime co seguinte orden (por favor, correxídeme si non foi así que xa digo que non me quedei ben co orden de chegada):
1- Fernando
2- ((Blas Lamas))
3- Vicente
4- Rufino
5- Manolo Carballo
6- Roberto
7- ((Rodri))
8- Ricardo Ferreira
9- Roche
10 - Tinolp
11- (Rapaz de Pontedeume)
12 - Jose
"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Registrado: 25 Ene 2008 Mensajes: 244 Ubicación: As Pontes
Publicado: Lun May 11, 2009 7:54 pmAsunto: E o correcto
Saudos a todos,como ben di chente e normal q non puntuemos na liga,eu xa lle comentara q non iba subir co o grupo, pra marcar o meu ritmo e non limarme,jeje x iso o de subir x lo outro lado,a min gustame mais ese tramo de subida..e xa non ia con idea de meterme en batallas.so decir q estivo un dia de bicicleta caralludo e como anda o personal,jaja.Graciñas os directores de carreira polo animos,jejeje
"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro