Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




ACTIVIDADES DE BTT CICLASPONTES 2009

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes-2009
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
CICLASPONTES



Registrado: 09 Dic 2008
Mensajes: 28




MensajePublicado: Mar Dic 09, 2008 11:58 pm    Asunto: ACTIVIDADES DE BTT CICLASPONTES 2009 Responder citando

ACTIVIDADES DE BTT 2009



De cara á próxima tempada 2009, para os aficionados á BTT haberá moita “movida”, asíque ide engrasando esas máquinas. Como veredes, xa hai varias actividades previstas, e estamos seguros de que surxirán algunhas ideas novas ó longo do ano.

- Actividade conxunta BTT-Carretera no Cebreiro
Os amigos de Rutasdebici.com organizarán unha actividade conxunta tanto para os carreteros como para os beteteros do foro, na zona do Cebreiro, donde se poderá disfrutar de paisaxes incribles e baixadas 100x100 mountain como a de Triacastela (9km cheos de trialeras), tendo ademais a un paso a Serra do Courel e os Ancares. A actividade consistirá en ruta o sábado para BTT e carretera, cena conxunta o sábado, pernocta no Cebreiro, almorzó conxunto o domingo, ruta para BTT e para carretera, e comida tamén todos xuntos. Paralelamente, organizaranse actividades de sendeirismo e de coñecemento da zona para as mulleres-novias que queiran acompañarnos. Barállase como data probable o findesemana do 25 e 26 de Abril, anque esto non é definitivo. Requerirase inscripción con bastante antelación polo tema da reserva de camas.



- Xuntanza en Vilalba, actividade conxunta carretera-BTT
Os compañeiros de Vilalba queren invitarnos a participar nunha actividade conxunta que se celebrará hacia os meses de xuño-xullo pola zona de Vilalba. Mentres os "carreteros" fan un recorrido pasando polo Alto da Cruz da Cancela (puerto de 8km ó 8% de pendente media), propoñerase un recorrido BTT interesante pola zona, que ben podería ser o de Monseivane ou outro. Disporemos de duchas e haberá unha comida final na parrillada A Casilla (Martiñán) para todos os participantes.



- Xuntanza en Coto Segade:
a realizar hacia o verán (xullo ou agosto) Iván e algún colaborador mais prepararán unha ruta pola zona durante a mañán e comida (churrasco) ó remate na área recreativa de Coto Segade, á que tamén poderán asistir as mulleres-novias.



- Xuntanza "Ruta das Setas" de Roupar: será nesta ocasión Marcos o que nos prepare unha ruta pola zona da Carballeira-Vacariza-Roupar, finalizando en Roupar donde teremos duchas e a continuación poderemos participar na comida da "XV Festa da Seta" que nesa parroquia se organiza durante o mes de octubre.




A realización das seguintes Actividades Populares dependerá do apoio co que contemos á hora de financiar os seguros necesarios:
- II Roda no Lago. A idea sería realizala como actividade deportiva durante as Festas do Carme (18-25 de Xullo)
(Podedes ver mais información sobre a primeira edición desta actividade Pinchando aquí)
- I Ruta das Painceiras. Proposta para realizala como actividade deportiva durante as Festas de Ribadeume-Bermui (15 Agosto)
- II Ruta BTT do Forgoselo e Fragas do Eume. Por temas loxísticos, teríamos opcións de realizala durante a Semana Santa ou a finais de Agosto-comezos de Septembro.
(Podedes ver mais información da primeira edición desta actividade Pinchando aquí)
Como xa decimos, a realización destas 3 actividades dependerá do apoio económico co que contemos....




E por suposto, o “plato forte” da sección de BTT de Ciclaspontes para o 2009:
- A LIGA DE BTT CICLASPONTES 2009
(PINCHAR AQUÍ)




-Outras actividades consideradas de “interesante Asistencia”:

Dende a creación do foro, houbo moita xente que nos ofreceu o seu apoio e colaboración desinteresada, polo que debemos intentar asistir a diversas actividades como:
- Xuntanzas de BTT da PC Leboreira
- Xuntanzas BTT de Rutasdebici.com
- Marcha de BTT do CC Burela
- Marcha de BTT Ares-Mugardos-Ares
- Marcha de BTT do CC Ferrol
- E como non, a Marcha de BTT "Subida o Monseivane" organizada polo CCVilalba-AsPontes
(De seguro que deixamos algunha no tinteiro, disculpádenos).
A todas estas actividades debería intentar asistir o maior número de foreros posible, hai que apoiar a esta xente do mesmo xeito que eles nos apoian a nós FRIENDDS

Un saúdo e bo ano 2009, agora toca poñerse as pilas!!!
okAY

_________________
WWW.CICLASPONTES.CREATUFORO.COM
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
MANOLO CARBALLO



Registrado: 26 Ene 2008
Mensajes: 41




MensajePublicado: Jue Dic 18, 2008 8:05 pm    Asunto: Responder citando

Vicente o dia 1 de febreiro penso que e a marcha BTT de BURELA
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes-2009 Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear radio gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo