Esta é unha actividade que xa leva tempo dando voltas na cabeza de algúns, e gracias á iniciativa e traballo do compañeiro Souto o próximo sábado día 4 de xullo organizarase unha saída á zona de Fonsagrada- Ancares asturianos, tomando como punto de partida ó municipio de San Antolín de Ibias (
http://www.ibias.org/ ), da que poderemos disfrutar tanto os de bici de carretera como os de BTT e tamén as/os acompañantes. Xa é definitiva a fecha, pois parece que a predicción metereolóxica para o fin de semana é moi boa.
O programa consistiría no seguinte (expoño a información que me pasou Souto):
- Transporte: saida de As Pontes as 7 da mañá, si somos un grupo numeroso iremos en autobús e podemos parar en Vilalba a recoller ós que queiran vir de alí. O custe do bus rondará os 300 Euros, e consideramos que debemos de ser un mínimo de entre 15-20 persoas para que os costes sexan asumibles (arredor de 15 ou máximo 20€/persoa). Loxicamente, cantos mais sexamos mais económico sairá o transporte pois o custe repartirase entre os asistentes. Trataríamos de subir as bicicletas ao autobus o venres pola noite para que o sabado so ter que subir cunha bolsa pequena coa toalla e muda, xa informaremos durante a semana da hora para cargar as bicis. Si non se chega a ese mínimo de participantes, iremos nos nosos coches particulares.
Chegada a San Antolín de Ibias as 9:15 da maña para montar bicis e iniciar a saída.
O regreso faríase á tarde, despois de comer e tempo para tomar uns cafés e cargar de novo as bicis (sin regresar moi tarde).
Transportaranse nas arquillas inferiores do bus, será necesario que cada un leve cinchas (das de goma como as de enganchar nas bacas do coche) para asegurar as bicis, e os que non queiran que se lles rallen que leven mantas, cartóns ou bolsa de transporte.
Duchas: estamos en contacto co concello de Ibias e parece (ainda non é seguro) que poderemos dispoñer de duchas na piscina municipal ou no pabellón polideportivo, asique preparade mochila con chanclas, toalla e muda.
Limpeza de bicis: no pobo hai unha gasolinera con autolavado; funciona con monedas de 1 e 2€ (levade suelto si queredes pegarlles un mangueirazo).
Comida: comeremos no Mesón Eiroa (San Antolín de Ibias), onde nos reservan o comedor (hasta 40 persoas) pero debemos confirmar o número de asistentes como moi tarde o xoves.
O menú consistirá en: 1ºplato: embutidos da zona e pinchos variados, 2ºplato: carne asada de ternera e cordero, con patacas e ensalada; postre e café. Bebidas: viño da casa, cerveza, augas e refrescos.
O custe do menú será de 14 € por persoa (ó que haberá que sumar o custe do transporte).
Como xa se comentou, haberá actividades de BTT, carretera e actividade de senderismo para as acompañantes (si é que algunha se anima a vir).
O programa de actividades sería:
Carretera:
Km 0 San Antolín de Ibias pola estrada AS-348.
Km 4. Inicio puerto del Connio.
km. 24 Alto del Connio. 1.315 m. (19 km P. media 5,39%) - 1ªCategoría
Km. 37 Cruce esquerda dirección Cangas de Narcea por AS-15.
Km. 47. Cruce esquerda dirección San Antolín de Ibis por AS-29
Km. 64. Inicio puerto Pozo de las Mujeres Muertas.
km. 71. Alto Pozo de las Mujeres Muertas. 1.132 m (5 km. p. media 9,5%). - 1ªCategoría
Km. 89. Cruce esquerda dirección San Antolin de Ibias
Km. 92. San Antolín de Ibias.
O recorrido do puerto do Connio vai integramente polo bosque de Muniellos que é unha reserva natural protexida.
El puerto del Connio se subió en la vuelta ciclista a España del 2006 y el contenido integro de esta que haremos nosotros coincide con una etapa de la vuelta a asturias del año 2009 exceptuando la subida al alto del Acebo que ganó Paco Mancebo.
Altimetria Connio:
http://gcensidesa.zobyhost.com/connio.html
Altimetria Pozo mujeres muertas:
http://gcensidesa.zobyhost.com/mujeres%20muertas.html
BTT: dispoñemos do seguinte track na zona, que parece moi interesante (asique levade GPS; si ningún dos asistentes dispón de GPS poderemos prestarlle un) -->
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=60302 . De todos xeitos, comentarvos que gracias á colaboración de Maismar estamos en contacto cos membros do CC El Rozón (dun municipio limítrofe con San Antolín), que nos mostraron o seu ofrecemento para propoñernos outras rutas/tracks pola zona. Irase informando de todo esto durante a semana.
Acompañantes: como sabemos que fastidia moito quedar un sábado na casa, para aquelas/es que se animen pero que non veñan a pedalear, tamén terán a posibilidade de facer actividade: partindo dende o mesmo lugar (San Antolín de Ibias) hai duas rutas de senderismo marcadas como Rutas PR: o sendeiro P.R. a "Ruta das Pallozas" que tamén parece moi interesante -->
http://www.vivirasturias.com/asturias/ibias/pr-as-26-ruta-das-pallozas-de-santiso/es, ou a ruta P.R. "Ruta da faena" -->
http://www.vivirasturias.com/asturias/ibias/pr-as-24-ruta-da-faena/es . Estas rutas son moi fáciles de seguir pois en tódolos cruces e desvíos están marcadas. A ver si se animan, que calquera das duas rutas discorren por unha zona natural impresionante.
Comentar por último que se fixa un plazo de inscripción máximo ata o xoves día 2 de xullo ás 14 horas. A partir de aquí queda pechada a reserva tanto do transporte como da comida. Non se pedirán cartos por adiantado (pagarase ese mesmo día) pero Rogamos a todos os que se inscriban que sexan condescendientes e acudan á actividade, pois unha vez estén reservados tanto o bus como a comida teremos que facernos cargo deses costes.