Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
Crónicas

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> I RUTA BTT DO FORGOSELO E FRAGAS DO EUME
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
ivan
Invitado








MensajePublicado: Dom Ago 31, 2008 9:14 am    Asunto: Crónicas Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
zagato



Registrado: 17 Abr 2008
Mensajes: 215




MensajePublicado: Dom Ago 31, 2008 1:30 pm    Asunto: Responder citando

Eu quedei moi contento coa ruta, a pesares de que non a realizamos completa (e témome que nos perdimos o mellor) por falta de tempo.

Impresionoume o poder de convocatoria que tedes xa que a pesar do día que estaba xuntaronse un montón de ciclistas.

Dado a excelente organización, pregunto....

¿Para cando unha marcha BTT en As Pontes???

Sen máis colgo as fotos que saquei e seguirei atento ás vosas iniciativas. Un saúdo dende Burela.

http://picasaweb.google.es/zagatorz/CiclaspontesForgoseloFragasDoEume

_________________
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Lun Sep 01, 2008 7:09 am    Asunto: Responder citando

Ca** en Ros , o final polas fotos estivo un día Cojonudo
Estou rabeando de envexa......................
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Sep 01, 2008 10:29 am    Asunto: AHÍ VAI A MIÑA Responder citando

Intentarei non extenderme moito:
- 10 da mañán do sábado: leva tronando e chovendo dende as 9 da noite do día anterior. Qué impotencia!! Despois do traballo organizativo, marcaxe,..... e da alta previsión de participantes (previsiblemente 51) vénsenos todo abaixo de golpe.
O ceo oscuro coma si fora noite, non presaxia nada bon, forte tronada............ abro o foro e non hai movemento.

Ó pouco comezo a recibir chamadas dos compañeiros: ¿qué facemos si sigue o tempo así? Haberá que suspender, porque é moi arriscado saír tronando.......... En principio, esté como esté o tempo imos ir ata o pabillón ás 2 e xa Dios dirá, según a xente que apareza alí decidiremos.

- Durante o resto da mañán pásoa conectado a internet, o foro comeza a moverse, a xente ten dudas.........., tamén contestando a chamadas dos participantes: "si o tempo segue así non imos", pois efectivamente seguía igual, e xa eran as 12 da mañán. Previsiblemente iamos ter que suspender a actividade, non contábamos que viñera ni dios.

- Sobre esa hora parou a tormenta, pero o ceo seguía oscuro de cara...... e non presaxiaba nada bon.

- 14:15>> chego o pabillón; o ceo fora pouco a pouco abrindo e a esa hora incluso quentaba algo o Sol. A miña sorpresa: 30 e pico bikers esperaban alí ansiosos e preparados para a ruta.
Expoñolles a previsión de meteogalicia para a tarde:
- "Previsiblemente volverá a tronada" "¿queredes que cambiemos os plans fagamos unha ruta mais corta por si acaso hai que voltar a fume de carozo?"........
-"Agora que estamos aquí imos a facela, caiga o que caiga" foi a resposta unánime, sin medo a nada
Asíque valientes para adiante, ás 14:30 estábamos partindo do pabillón para comezar a cubrir os 50epico km da ruta. A ratos sol e a ratos nubes, o día estaba bon para a bicicleta. Partimos pola beira do Eume, para continuar bordeando a mina en dirección Espiñaredo, a ratos pola pista ancha e a ratos saíndo dela para facer algún sendeiro e darlle un pouco mais de "vidilla" á ruta. O ritmo do grupo dianteiro era alto, parece que había presa (non sei moi ben por qué?) moita xente quedaba rezagada, pero fixéronse varios reagrupamentos e a cousa foise levando ben.
En Espiñaredo avituallamento, e continuamos hacia o Forgoselo.
Andivemos uns kms por asfalto, ata enlazar coa pista da área de lecer, e dende alí xa todo por terra ata Goente. ¡Cómo prendía a area da pista nas rodas! parecía que os frenos iban demasiado aproximados....... pero non, era a area e terra que ó estar mollada agarrábase moito.

- En Goente nova parada, reagrupamento. Había xente moi rezagada, xente que sufrira moito nas pistas do Forgoselo, asíque a espera foi longa......... e durante esta comezou a chover, e tronar (parecía lonxe). Poñer os chuvasqueros, e esperar un pouco a ver si amaina. Aparece Cartelle de Mugardos, viña do Fontardión:
- "Compañeiros, subín na bici dende Mugardos e estiven por aquí dando voltas a ver si aparecíades. Xa ia marchar xusto agora, pensei que xa pasárades por aquí antes de eu chegar". E así foi, outro compañeiro mais que se uneu á ruta de aquí ata as Fragas.

- Cando chegaron os últimos partimos de novo, anque algún xa partira facía un ratiño pois estaba pasando frío. Chegada ó cruce do Gallel, antes de subir ó Fontardión e novo avituallamento baixo a chuvia. A maior parte da xente decide non subir ó Fontardión pois a pista está moi mollada e as rodas patinan para subir (anque algún valente sí se animou).
Dende aquí, baixada rápida durante uns kms, ó final desa baixada despedímonos de Giantore, Zagato, JCBC e MiguelC, que voltaban para As Pontes por falta de tempo para completar a ruta. Penso que perderon a parte mais "interesante", pero haberá ocasión de repetila mais adiante.
Entramos nunha zona de rodadas de tractor, completamente enlamadas e donde a roda se quedaba "espetada".
Ó chegar á zona da Capela viña o peor: tras baixar un tramo por asfalto, chegamos o desvío da "baixada imposible" , a maior parte da xente xa fora para abaixo...........penso "vaia huevos lle botamos, a ver si polo menos non se lastima ninguén", encoméndome á virxe e para abaixo.

Fixen o primeiro kilómetro sobre a bici, pero tras levar varios sustos e ver que non era capaz de dominala (non había maneira de frenar con xeito, ou "clavaba" ou simplemente non frenaba) decido que xa está ben de arrisgar, asíque pé ó chan e baixar a pé nas zonas mais complicadas (que eran casi todas,jeje)
Fóronme pasando os últimos:
- "¿Pasouche algo?"
- "Non, pero tampouco quero que me pase, téñolle moito aprecio á miña dentadura, oye, nin unha soa caries eh" Wink
A verdade é que hai que botarlle un par para baixar todo aquelo na bici, sin botar pé o chan, a roca resbalaba que daba gusto ó estar mollada,............. demasiado para min, carretero de toda a vida.

Chego a Caaveiro, xa chegara tododios iba boa, aplausos e contos, ninguén se lastimara na baixada, boa noticia. Continuamos tirando por unha baixada de terra na zona traseira do mosteiro, cara o Eume. Agora xa estaba algo mais en "terreo firme", menos mal.
Ó chegar a ponte do Eume, parada para as fotos de rigor (algún parou "de golpe" jeje) e continuar cara o Centro de Interpretación da Natureza, os últimos 8 km por asfalto e xa descendendo, para ir relaxando as pernas e o corazón.

Ó pouco de chegar ó Centro de Interpretación, unha tromba que metía medo, as bicis viñan cheas de lama e quedaron impecables. Por sorte, nos estábamos xa a cuberto, cambiando a roupa e tomando o último avituallamento. Cando parou o trebón, despedímonos de algúns compañeiros da zona de Pontedeume-Ares-Ferrol que dende alí xa tiraron para a casa. Os que subíamos a As Pontes metimos as bicis no camión, e esperamos preto dunha hora a que os buses partisen de regreso a As Pontes, adonde chegamos sobre as 9 da noite.
Por certo, Iván e Manolo Carballo viñéranse dende alí a As Pontes na bici despois de todo o machaque da ruta ¡Boa gana de bici tiñan ese día!

Duchas, e ás 10 os pinchos na Bodega, que estiveron ben pero penso que non tanto coma outras veces................... o caso era xuntarse e disfrutar do final do día. Algúns quedamos de carallada ata horas intempestivas, pero "eso ya es otra historia".
Por suposto, onte todo o día na UCI, jeje
(Por certo, vaia "tocho" me saíu, coma sempre, e eso que pretendo non enrollarme!).



Un AGRADECEMENTO a TODOS OS ASISTENTES, espero que o pasárades tan ben coma nós, espero tamén que comprendades e disculpedes todos os erros que se puideron cometer, e si vedes algo no que mellorar facédenolo saber. E por suposto, un agradecemento ós demais compañeiros do foro que estiveron a pé de cañón para que esta ruta saíra do mellor xeito.

Temos idea de seguir facendo actividades coma esta, e si a xente o apoia coma este sábado, qué mais se pode pedir................

Un saúdo a todos
P.D. Contádenos a vosa experiencia, que ós demais tamén queremos vela eh!

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ecosse



Registrado: 03 Ago 2008
Mensajes: 11




MensajePublicado: Lun Sep 01, 2008 11:51 am    Asunto: Responder citando

pois eu era a primeira vez que ia de ruta(asi organizada9 e a verdade que o pasei dpm esperando a repetir de novo

_________________
Hay que intentar ser el mejor nunca creerse el mejor
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
tntrs



Registrado: 01 Abr 2008
Mensajes: 5




MensajePublicado: Lun Sep 01, 2008 12:43 pm    Asunto: Responder citando

a min chegoume ás tetas, antes de chegar a goente na zona final do forgoselo, polo resto invreiblemente ben, xa fixera a baixada de Caaveiro pero nunca mollada, hai que ter xoguetes!paseino xenial e esperando repetir pronto!un abrazo a todos
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
marcosf



Registrado: 22 Ene 2008
Mensajes: 735




MensajePublicado: Jue Sep 04, 2008 8:50 pm    Asunto: Responder citando

Bueno, polo que falei coa xente que foi, o balance xeral é bastante bo.
De feito moita xente comenta que hai que facer mais rutas deste tipo, quedadas ou como se lle queira chamar.. Pasar unha tarde facendo o deporte que nos gusta.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> I RUTA BTT DO FORGOSELO E FRAGAS DO EUME Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo