Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




I RODA NO LAGO BTT (6-4-08)

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> I RODA NO LAGO BTT
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Mar 18, 2008 11:59 am    Asunto: I RODA NO LAGO BTT (6-4-08) Responder citando

Despois de darlle voltas á idea inicial sobre esta ruta por fin está todo preparado para que podamos facer unha ruta en grupo pola zona da mina-futuro lago. Aquí tedes a información sobre esta actividade:

- OJO!! Arrow Antes de nada, avisarvos que esto non é ningunha marcha oficial senon simplemente unha SAÍDA EN GRUPO ENTRE AMIGOS, organizada con moi poucos medios, polo que debemos avisar a todos os que acudades que cada un será responsable dos actos e infraccións que cometa, non podendo reclamar ningún tipo de responsabilidade ós organizadores desta saída grupal.

- Día 6 de abril 2008

- Saída dende o pabellón polideportivo municipal de As Pontes (Avenida da Habana) ás 9:30 horas.

- Ruta: saída do pobo e percorrido pola pista forestal que bordea a mina ata Espiñaredo, dende a que poderemos disfrutar dos pintorescos paisaxes deixados pola excavación mineira que comenza na actualidade a encherse de auga para a creación do lago (nas zonas mais profundas hai ata 400 m de profundidade sobre o nivel inicial do terreo).
Ó chegar a Espiñaredo ofreceremos un avituallamento gratuíto por cortesía de MATOJOMA GALICIA S.L. e MADECOR AS PONTES S.L. , e regresaremos outra vez pola mesma pista.
En Total son aproximadamente 32-34 km de percorrido sin moita dificultade a nivel técnico, e tampouco é excesivamente esixente a nivel físico. OK2
Intentaremos facer a primeira metade ata o avituallamento en grupo, e o regreso cada un virá ó paso que vexa mais oportuno. Levaremos coche de asistencia por si alguen sufre algunha avería ou percance de consideración (cortesía de BICICLETAS E MOTOS ROUCO).

- Ó regreso teremos mangueira para quen queira lavar as bicis, e duchas no pabillón polideportivo municipal (agradecementos ó Concello de As Pontes e GRUMIR).

- PINCHOS: temos previsto facer uns pinchos no mesón A Bodega (ó lado do pabellón) cando tódolos participantes estén xa duchados, comenzando aproximadamente á unha da tarde si todo marcha sobre o previsto. A idea non é facer comida, se non simplemente un ratiño de confraternización mentres tomamos unhas cañas e uns pinchos (un par de consumicións por persoa e unhas tortillas e algo mais), de modo que calquer persoa que veña de fora poda estar de regreso á casa á hora da comida. BEER2 TALKING beer3 beer4
Cada participante que queira quedar ós pinchos deberá aboar 6 € pola mañan antes da saída.
Rógase confirmedes por mail l (vcd1978@gmail.com) ou por contestación aquí no foro si pretendedes quedar ou non ós pinchos e cántas persoas seríades, para que no mesón podan facer unha previsión. Deixamos de data límite para esto o venres 4 (en último caso, se alguen non pode decidilo ata última hora non vai quedar fora, pero rogamos nolo confirmedes coa suficiente antelación si é posible).

- Por último, contamos coa presenza dos rexistrados neste foro, esperamos que fagades un esforzo e que ACUDADES TODOS. Asimesmo, invitar a todas aquelas persoas que queran disfrutar dun día de ciclismo en compañía e apreciar uns paisaxes pintorescos e distintos do habitual.
montonT

UN SAÚDO




Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> I RODA NO LAGO BTT Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crea tu foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo