Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




I ruta rio ulla btt concello de touro (sabado 3-7-10)

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas BTT
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
marcosf



Registrado: 22 Ene 2008
Mensajes: 735




MensajePublicado: Mie Jun 23, 2010 8:25 am    Asunto: I ruta rio ulla btt concello de touro (sabado 3-7-10) Responder citando

I ruta rio ulla btt concello de touro

EL PRÓXIMO SÁBADO 3 DE JULIO A LAS 16 HORAS Y ORGANIZADA POR EL AYUNTAMIENTO DE TOURO, TENDRÁ LUGARESTA RUTA E UNOS 30 KM. RECORRIENDO DIFERENTES LUGARES A LOLARGO DE LA RIBERA DEL RÍO ULLA QUE DIVIDE EN ESTA ZONA LAS PROVINCIAS DE PONTEVEDRA Y A CORUÑA.

INFORMACIÓN Y INSCRIPCIONES EN 981 504029 O EN http://www.concellodetouro.com

REGULAMENTO I RUTA RÍO ULLA BTT

1.-O Concello de Touro (en adiante O Concello), organiza a I Ruta Río Ulla en BTT de Touro que terá lugar o sábado 3 de xullo, cun percorrido de 30 km. de dificultade Media.
A mesma será de carácter non competitivo.
A saída terá lugar ás 16 horas de diante da Casa do Concello.
Aqueles participantes que ás 17:30 horas non pasaran polo punto de avituallamento situado na carballeira da Ponte Basebe serán desviados por unha ruta alternativa, co fin de que o remate da mesma non se demore demasiado.

2.- Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición.

3.- O prazo de inscrición finalizará o día 28 de xuño ás 24:00 horas. A inscrición farase efectiva mediante chamada telefónica ó número 981 504029, ou na web do Concello www.concellodetouro.com.
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba que non se solicitaran con anterioridade, mediante contacto coa organización, antes do peche da inscrición.
A cuota de inscrición, é gratuita.
A inscrición dará dereito á participación na proba, e incluirá os avituallamentos e obsequios que se entreguen.
Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición corectamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.

4.- A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 15:15 horas, do día 3 de xullo de 2010 no Concello de Touro, sito en Fonte Díaz. A saída efectuarase ás 16:00 horas, sendo as 19:00 horas a hora prevista de chegada para os primeiros participantes. A recollida de dorsais farase de xeito individual,presentando DNI.

5.- O emprego do casco é obligatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da marcha. Recoméndase a utilización de roupa deportiva adecuada. Todo ciclista participante deberá permanecer dentro do circuíto da proba e atender ás instruccións da Organización. O Concello non se fai responsable dos accidentes, nos que pudiera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como as débedas ou danos que por estes motivos pudieran contraerse durante a proba.




6.- O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Touro, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.

7.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento.

8.- A Organización preveu avituallamentos suficientes, tanto sólidos como líquidos, para realizar o recorrido convenientemente, así como un aperitivo de convivencia ao rematar a proba e obsequios conmemorativos.

9.- En todo momento respectaranse e obedeceranse as ordes e directrices do director da marcha, non sobrepasando en ningún momento ó vehículo que abre a mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.

10.- A Organización contará con servizo de ambulancia, a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
O Concello facilitará aos participantes, dentro das súas posibilidades, asistencia mecánica, que non incluirá pezas nin recambios que serán por conta dos mesmos.
Existirá igualmente un servizo de lavado de bicicletas gratuíto ó final da proba.

11.- A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.

12.-O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

13.-A proba realizarase independentemente da climatoloxía dese día.

Imágenes Adjuntadas:
http://www.foromtb.com/showthread.php?t=620399

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas BTT Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo