otra, esta é espectacular! dou fé.. eso si, dura, dou fé..
Ola a todos:
tras revisar a cada día máis apertada axenda de rutas e kedadas, na sección de BTT do E.C. Rei Cintolo decidimos celebrar a "III Ruta polas montañas de Mondoñedo" o próximo domingo, 17 de Xuño
a edición deste ano percorrerá pistas e sendeiros por unha das zonas máis bonitas dos nosos bosques, un percorrido moi completo cunha forte suba, unha baixada espectacular e unha zona de sendeiros por preciosas paraxes ( parque da Fraga Vella ) ; asegurámosvos unha xornada de bo BTT!!!
sairemos ás 9:15 da praza da Catedral e o percorrido da ruta corta será de 40 kms aproximados e con nivel medio-alto.O percorrido da maratón será 55 kms aproximados e nivel alto .
o prezo da inscrición será de 20 euros para ruta e comida .
prezo por acompañante 11 euros comida .
a inscrición da dereito :
obsequio , avituallamento (un liquido e outro sólido e liquido) , asistencia mecánica , persoal de seguridade , duchas e vestiarios , comida o finalizar a marcha
esperámosvos a todos en Mondoñedo o día 17 de xuño
fotos da ruta do ano pasado
https://picasaweb.google.com/javierp...aBttReiCintolo
enlace vídeos do ano pasado
http://vimeo.com/25898093