Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




INFORMACIÓN I RUTA BTT DO FORGOSELO E FRAGAS DO EUME

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> I RUTA BTT DO FORGOSELO E FRAGAS DO EUME
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
marcosf



Registrado: 22 Ene 2008
Mensajes: 735




MensajePublicado: Mie Jul 16, 2008 7:54 pm    Asunto: INFORMACIÓN I RUTA BTT DO FORGOSELO E FRAGAS DO EUME Responder citando

I RUTA BTT DO FORGOSELO E FRAGAS DO EUME

Hola a todos,

Infórmovos de que o vindeiro día 30 de agosto de 2008 temos organizada unha ruta de BTT con saída dende As Pontes (lugar de quedada habitual diante do polideportivo), dirección Espiñaredo bordeando a mina, para despois adentrarnos no Forgoselo ata Goente. Dende alí subiremos ó pico de Fontardión, onde disfrutaremos dunhas extraordinarias vistas e paisaxes da nosa zona.

No Fontardión aproveitaremos para vestirnos e iniciaremos un intenso descenso de 18km ata o Mosteiro de Caaveiro. Esta baixada require un nivel técnico medio-alto, (os ultimos 3km. son realmente perigosos, con risco de caídas importante) polo que non é aconsellable para principiantes.

Ó finalizar a ruta, enviaremos as bicicletas de regreso a As Pontes nun camión que nos esperará no Centro de Interpretación da Natureza das Fragas do Eume. Nós subiremos ata As Pontes en bus que nos proporciona gratuitamente a empresa HERMANOS GABEIRAS. Por este motivo vémonos obligados a limitar as plazas a 45, polo que se dará prioridade ós 45 primeiros inscritos.

A distancia total é de aprox. 52km. Calculamos unha duración da ruta de 5 horas, incluíndo unha parada de avituallamento na Área Recreativa do Forgoselo, e outra parada no alto de Fontardión. A hora de saída do pabellón será as 14:15h., para dispor de marxe horario suficiente.

Se alguén se anima a vir de fora de As Pontes, informarvos de que haberá duchas no pabellón polideportivo de As Pontes. Despois a partir das 22:00h teremos pinchos no MESÓN A BODEGA (e cerveza tamén).

Requírese maioría de idade e uso obligatorio do casco para participar nesta actividade, así como acatar as normas que se expoñen o final deste post.

O custo da actividade será de:
- 3€ (para avituallamentos, pagar o camión que sube as bicicletas e dar un detalle á empresa Hermanos Gabeiras).
- Para os que quedemos ós pinchos, estes terán un custo de 10€ a maiores.
- O pago farese o mesmo día da ruta, nos buses de regreso.

Inscrivídevos para só ruta ou ruta +pinchos no post creado a tal fin os que estedes rexistados no foro. Os que non estedes rexistrados podedes facer a preinscripción enviando mail a: vcd1978@gmail.com (recordade poñer só ruta ou ruta+pinchos).

Espero que vos animedes e pasar unha boa tarde de BTT.






NORMAS QUE REXIRÁN A ACTIVIDADE:


- O foro de ciclismo Ciclaspontes organiza esta actividade consistente nunha saída BTT en grupo, non tratándose de ningunha actividade competitiva nin federada.

- Esta é unha actividade de libre participación, considerándose tódolos participantes en excursión persoal, polo que deberán aterse ás normas do vixente regulamento xeral de circulación, responsabilizándose persoalmente dos actos e infraccións que poidan cometer e non podendo reclamar ningún tipo de responsabilidade ós organizadores desta actividade grupal.

- Poñemos en aviso a tódolos participantes de que, durante o transcurso da actividade a circulación nas vías que se transitarán permanecerá aberta con normalidade, polo que recomendamos extremar a precaución. Do mesmo xeito, recomendamos circular con coidado en todo momento, e mantendo sempre o respeto hacia o resto dos participantes.

- Recordamos que ó longo da ruta hai zonas moi técnicas e con gran perigo de caídas. A organización non se fará responsable de ningún accidente do que puidera ser causa ou vítima o participante durante esta actividade.

- Tal e como aparece recollido no vixente regulamento de circulación, a organización recorda a obligatoriedade do uso de casco protector.

- Recordamos asimesmo que para participar nesta actividade requerirase ser maior de idade.

- O feito de participar nesta actividade grupal implica a aceptación destas condicións e a renuncia a tódolos dereitos, contra a organización, de calquer dano que se poida ocasionar durante o transcurso da mesma.

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ZALO



Registrado: 25 Mar 2008
Mensajes: 356
Ubicación: NARON



MensajePublicado: Jue Jul 17, 2008 7:37 am    Asunto: Responder citando

lastima que nesas fechas me pille fora Neutral,que se non acudia de boa gana,pasadeo ben.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email MSN Messenger
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Jue Jul 17, 2008 9:19 am    Asunto: PERIGO! PERIGO! Responder citando

Tal e como comenta Marcos, dou fé de que a baixada de 18 km final polas Fragas do Eume é das rápidas e esixentes, non apta para principiantes. Os últimos 3km son moi complicados a nivel técnico, e o perigo é bastante alto (penso que incluso non estaría demais levar proteccións para ese tramo).
Así que o dito, moito coidado durante toda a baixada, non facer o tolo pois non haberá ningún tipo de asistencia (nin vehículos nin asistencia sanitaria, esto NON é unha marcha si non unha ruta "entre amigos"). Recordo de novo o uso do casco e o requisito da maioría de idade.

A ver si nos acompaña o tempo ese día e os días previos, para que esa zona final (eses 3 km) non estén moi esbaradizos. Pode resultar casi "suicidio" baixar por alí si o chan está esbaradizo, xa que estando completamente seco xa é ben complicado. Un par de días antes faremos unha ruta preparatoria, e veremos si o estado é adecuado para baixar ou teremos que modificar os plans (esperemos que non sexa necesario, poñeremos unha vela á virxe para que o tempo acompañe).

Déixovos unha selección de fotos das zonas polas que pasaremos: zona da mina-futuro Lago, serra do Forgoselo, e baixada ás Fragas do Eume. A paisaxe durante todo o percorrido é impresionante, as vistas dende o Fontardión .................. mellor subir e velo (alcanza a vista boa parte das provincias de A Coruña e Lugo), e as Fragas do Eume, xa moitos as coñeceredes, unha maravilla natural........






_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Blas Lamas



Registrado: 25 Ene 2008
Mensajes: 244
Ubicación: As Pontes



MensajePublicado: Jue Jul 24, 2008 12:41 am    Asunto: CONTADE CONMIGO Responder citando

Tedes todo moi preparado,asi da gusto,a min gardademe unha praza xa,q teño ganas de coñecer a baixada do mosteiro...un saudo a todos
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Ago 04, 2008 11:40 pm    Asunto: Responder citando

Deixo as fotos da ruta preparatoria que fixemos fai uns días:

(De esquerda a dereita: VCD - Marcosf - Manolo Carballo - Xalo - Vivi)


Outra mais:


E outras de Marcosf, cando caeu desde unha altura de 2 metros monte abaixo, ainda se rie o tío e todo (menudo trompazo)!! Para que vexades que o de que o descenso é perigoso non é coña


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Ago 04, 2008 11:52 pm    Asunto: TRACK DA RUTA Responder citando

Tamén me pasa Marcosf o track da última parte da ruta, o que corresponde á zona de Goente en adiante (subida ó Fontardión e baixada ata as Fragas do Eume):
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=174271

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Ago 25, 2008 8:00 am    Asunto: Responder citando

Varios temas que comentar:

- Os buses recollerannos no Centro de Interpretación das Fragas do Eume sobre as 8, asíque (si todo marcha ben chegaremos sobre as 7-7:30) imos ter que esperar un ratiño por alí (mentres cargamos as bicis no camión,.....), polo que recomendamos que levedes algunha camiseta na mochila, ou incluso algo de mais abrigo, para poder cambiarnos e non enfriarnos mentres esperamos.

- Os buses deixarannos ó regreso no pabillón polideportivo. Alí haberá duchas para os que veñan de fora.

- A ruta estará marcada nos diversos cruces e desvíos (esperemos que ningún desaprensivo se dedique a retirar as estacas e cintas que imos deixar), e ademais procuraremos levar un ritmo tranquilo e reagrupar en varios puntos. Si aínda así alguen se perde ou sucede algún percance, recordade levar tlf movil pois á saída daremos os nosos tlfs. para que nos contactedes.

- Levade cámaras, bombín e repostos, pois recordamosvos que non haberá vehículos de apoio mecánico. A ruta discurre en algún tramo por terreo con toxos, polo que recomendamos levar cámaras antipinchazo.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Vie Ago 29, 2008 10:52 am    Asunto: Responder citando

MAIS INFORMACIÓN DE INTERÉS PARA OS ASISTENTES

- Como xa falaramos, o custe da actividade é de 3€ para os que vaian á ruta e fagan uso do bus e camión de regreso: para cubrir os gastos de avituallamento, combustible do camión, gastos do coche de apoio,..... (os pinchos serán 10€ mais para o que se quede a eles).

- Decidimos que, xa que hai unha boa cantidade de xente que vai facer a ruta e quedar en Pontedeume, toda esta xente non usará o bus nin camión asíque non é xusto que paguen a mesma cantidade. Entón, o custo da actividade para estas persoas será de 2€ (para pagar os avituallamentos,gastos do coche de apoio,....).

- En ambos casos, o pago poderá efectuarse antes da saída. O que sí vos pedimos é que traigades a cantidade xusta, pois non teremos cambio.



- Outro tema: polo que vexo en Meteogalicia, a predicción metereolóxica para mañán non é mala pero anuncian probabilidade de chuvascos ocasionais. Recomendamos a todos os que vaian regresar nos buses, para que non se enfríen ó chegar ás Fragas que leven camiseta e roupa nas mochilas para cambiarse (os buses saldrán sobre as 8 das Fragas, haberá que esperar ata daquela). Recordade meter a roupa en bolsas de plástico para que non se molle si nos chove no camiño

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Lun Sep 08, 2008 8:08 am    Asunto: TRACK DA RUTA Responder citando

Como sabedes en non fun o dia da ruta , e tiña intencion de facela outro día.
Non sei si a estas alturas estará marcada a ruta , por iso si alguén ten o track da ruta , lle pido que mo pase
Gracias
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Sep 10, 2008 7:45 am    Asunto: Responder citando

A ruta xa non está marcada, pero espero que poidas aproveitar eses tracks. Cando a vaias facer avisa que si podo apúntome.
Un saudo

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelc
Invitado








MensajePublicado: Mar Sep 23, 2008 10:07 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> I RUTA BTT DO FORGOSELO E FRAGAS DO EUME Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crea tu foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo