Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
INFORMACIÓN - LISTA DE ASISTENTES
Ir a página 1, 2  Siguiente
 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> II XUNTANZA DE ESTRADA CICLASPONTES 25 DE MAIO
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar May 13, 2008 10:59 am    Asunto: INFORMACIÓN - LISTA DE ASISTENTES Responder citando

INFORMACIÓN II XUNTANZA DE CARRETERA CICLASPONTES (25-5)

Esperemos que nesta ocasión si nos acompañe o tempo. Despois de ter falado deste tema cos compañeiros na saída do 11de maio, e posto que o fin de semana do 24 e 25 deste mes non hai ningunha marcha na zona (sí hai no Sur de Galicia), propoñemos esta segunda actividade de carretera, que consiste nunha saída nas bicicletas de carretera en grupo (un entrenamento para entendernos) non tratándose polo tanto de ningunha actividade competitiva nin federada. A idea é xuntarnos un grupo de amigos para pasar unha mañán de bo ciclismo en compañía, facendo unha ruta interesante e de certa dureza.

- O día 25 de Maio

- A hora de saída será ás 9 da mañan dende o pabellón de As Pontes. Pedimos que se esté alí un pouco antes pois seremos puntuais na hora de saída (sabemos que é ben cedo, pero este percorrido require un mínimo de 4-4:30 horas de pedaleo, así que hai que madrugar si queremos chegar á casa para a hora de comer).

- Ruta: recorreranse os concellos de As Pontes, A Capela, Cabañas, Pontedeume, Monfero, Xermade,... e remate (por suposto opcional) na Casilla do Bañal.
Serán aproximadamente 95 km. O tempo estimado para completar o recorrido será de arredor de 4h:30/5 horas.


- Cada participante traerá o seu avituallamento necesario para facer a ruta. Ofreceremos unhas augas e pastelitos na metade do percorrido (km 53), e haberá auga dispoñible en varios puntos do percorrido por si alguen a necesita.

- Por tratarse dun entrenamento, cada asistente debe traer as ferramentas e material necesario para reparacións en ruta.

-Duchas: os ponteses ducharémonos cada un na nosa casa; contaremos con duchas para quen veña de fora.

-Pinchos: para non saturarnos deixámolos para futuras ocasións. De todas formas, si a alguen lle apetece quedar para tomar unhas cañas despois de ducharnos pódese falar ese mesmo día.

- Por último, animarvos a tod@s a participar, contamos coa vosa presencia


__________________AVISO!!! Esta é unha actividade de libre participación e sin ningún tipo de coste económico para os asistentes, considerándose tódolos participantes en excursión persoal, polo que deberán aterse ás normas do vixente regulamento xeral de circulación, responsabilizándose persoalmente dos actos e infraccións que poidan cometer e non podendo reclamar ningún tipo de responsabilidade a ningún dos participantes-organizadores desta saída.

Ponse en aviso de que, durante o transcurso desta saída a circulación nas vías que se transitarán permanecerá aberta con total normalidade, polo que recomendamos extremar a precaución. Do mesmo xeito, recoméndase circular con coidado en todo momento, e mantendo sempre o respeto hacia o resto dos participantes.

Ningún dos participantes-organizadores se fará responsable de ningún accidente do que puidera ser causa ou vítima o participante durante esta actividade.

Tal e como aparece recollido no vixente regulamento de circulación, recórdase a obligatoriedade do uso de casco protector.

O feito de participar nesta actividade grupal implica o coñecemento e aceptación das circunstancias e condicións anteriormente descritas.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar May 13, 2008 11:01 am    Asunto: INFORMACIÓN SOBRE O PERCORRIDO Responder citando

Itinerario Ruta II Xuntanza Carretera Ciclaspontes 2008

Faremos todos xuntos en grupo o percorrido ata Pontedeume:
- As Pontes (Pabellón Polideportivo)--> A Capela (km 20) --> Pontedeume (km 33)

A partir de Pontedeume, cada un irá ó seu ritmo:
- Pontedeume (km33) --> tomar dirección Ombre-Fragas do Eume
(Subida a Taboada, 5km de subida)
- Ponte da Pedra (Km 44) --> en cruce tomar a izquierda, dirección Irixoa (AC-151)
- Km 53 --> Tomar desvío a izquierda, dirección O Xestal – Xestoso (AC-3902)
Parada de reagrupamento e avituallamento (km 53)
- Km 54,5 --> En cruce tomar a izquierda, dirección Xestoso-Xermade-Vilalba
(Subida a Xestoso 4 km)
- Xestoso (km 61) --> continuar en dirección Xermade-Vilalba
(Subida a Momán 3,5 km)
- Momán (km 74) --> en rotonda xirar a izquierda, dirección As Pontes
(Subida a Piñeiro 3 km)
- As Pontes (km 93) --> (opcional finalizar en Alto da Casilla do Bañal km 96,5)
(Subida a Casilla do Bañal 3 km)

Tempo de Ruta aproximado: 4h30-5 horas


Descripción da ruta:

Poñemos en aviso de todos de que se trata dunha ruta de gran dureza, con 4 puertos de lonxitude e pendiente medias, de entre 3 e 5 km (sin contar o Alto da Casilla do Bañal, opcional) e o resto do terreo en constante sube-baixa, sin apenas ningún tramo chan. Polo tanto, non é unha ruta aconsellable para ciclistas que leven menos de 1500-2000 km de entrenamento nesta tempada; tampouco é recomendable andar de festa o día anterior, Wink jeje. Facemos unha pequena descripción da ruta:

Comentar antes de nada que todo o percorrido ten un firme excelente, de asfalto aglomerado, exceptuando o tramo de 10 km dende a Ponte da Pedra ata O Xestal (km 44 ata km 54) e o tramo de Momán a Os Airíos (km 74 a 90), con firme mais irregular pero perfectamente transitable.

Sairemos como é habitual do Pabillón Polideportivo de As Pontes (Avda da Habana) ás 9 da mañan (sabemos que é cedo, pero fai falta o tempo para completar este recorrido). Tomando dirección A Capela, xa na saída de As Pontes nos atopamos coas duas primeiras dificultades da xornada (duas subidas de algo mais de 1km cada unha) para ir quentando as pernas. A partir de Goente, xa o terreo suaviza e tende a descender ata chegar a Pontedeume (km33). Intentaremos chegar ata aquí agrupados.
En Pontedeume tomamos o cruce ó lado da gasolinera hacia As Fragas do Eume, tamén agrupados, e ó chegar a Ombre donde comeza a subida a Taboada, cada un marcará o ritmo que considere oportuno. Temos aquí a primeira dificultade seria da xornada: a subida de Taboada, con 5 km de subida e rampas entre o 5 e o 8% . Unha vez no alto, continuamos por esa mesma carretera, con varios repeitos ata chegar a Ponte da Pedra (km44). No cruce tomamos á esquerda, en dirección Irixoa, para entrar nun tramo de 10 km de firme irregular e tobogáns mais suaves. No punto kilométrico 53 teremos que tomar un desvío á esquerda, hacia O Xestal. Nesta zona pararemos a tomar un pequeño avituallamento (augas e pastelitos) e reagruparnos.
A partir de aquí, retomaremos a ruta coa parte mais dura por completar: 1,5 km mais adiante debemos tomar no cruce á esquerda, para continuar en dirección Xestoso; pouco mais adiante comeza a subida a Xestoso, que sin ser excesivamente dura (4-6% e 4km de lonxitude) é moi constante e vai facendo mella nas pernas. Despois dun breve descenso hacia Xestoso, continuaremos en terreo subebaixa (con tendencia a descender) ata chegar á base da terceira subida da xornada: a subida hacia Momán, que comeza con dous kilómetros realmente duros (8%), a continuación un pequeño descanso intermedio, e finalizando con outro kilómetro mais suave (5%). Continuaremos en dirección Momán en carretera ondulada con tendencia a descender. Na rotonda de Momán tomaremos á esquerda, e apenas 500 metros mais adiante volveremos a xirar á nosa esquerda. A partir de aquí entramos nun terreo duro e complicado, plagado de pequenas subidas, ata chegar á subida de Piñeiro, con 3 km de pendente variable, con algunha rampa realmente dura.
Despois, ata As Pontes atoparemos un pouco de todo: algún repeito (como o da subida á Pena da Revolta, de casi 1,5km) e sobre todo baixadas.
Ó chegar a As Pontes, penso que todos traeremos as pernas mais que “tocadas” e poucas ganas de pedalear, pero para os mais valentes propoñemos o último reto: a subida á Casilla do Bañal (carretera de Ortigueira, a primeira metade da subida ó Caxado), de preto de 3km de lonxitude e rampas de entre o 5 e o 7%. Para os primeiros en chegar haberá premio!!!! ...... anque non material, xa o avisamos.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Mar May 13, 2008 3:49 pm    Asunto: Responder citando

Xa a liamos, volve a tocar sufrir; e o peor, encima sin pinchos. Permiteme unha preguntiña Chente ¿Non atopaches un percorrido un pouquiño mais duro?, parece que se agadecia que fose mais distancia e con mais pendientes. Embarassed .
Bueno cachondeos a parte contade que si non hai novedad estarei con vosoutros.
Un saudo e agradecerbos que sigades animando a xente a xuntarse, ainda que alguns sexan reacios. alaU .

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelc
Invitado








MensajePublicado: Mar May 13, 2008 7:43 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie May 14, 2008 10:14 am    Asunto: Responder citando

Pois a verdade é que un recorrido mais longo sí que podíamos propoñer, pero atopalo mais duro por esta zona é difícil ....
De todas formas, teño que animarvos a todos a vir, pois penso que é asequible para calquera que teña algo de rodaxe. Xa digo, con 1500 ou 2000 kms de rodaxe nesta tempada debía ser suficiente para completar o recorrido, eso sí, a paso tranquilo e controlando o pulsómetro, son 5 puertos os que imos pasar (4 os que non suban ó Bañal).
O de dar caña nesa ruta xa é outra historia, recomendable só para colgados flip STARRS
Tamén penso que é unha desas rutas que se fan moi duras mentras pedaleas, sobre todo cando xa van acumulados os kilómetros, pero das que deixan sensación de ter feito un bo traballo cando chegas á casa. Por ese motivo non poñemos os pinchos, penso que todos chegaremos á casa con ganas de ducharnos, comer e aproveitar o sofá o resto da tarde, jeje jajUA
O único que espero é que teñamos bo tempo, pois esa zona con ceo nubrado e orballo é ben fría, a ver si desta vez nos acompaña algo o sol rain cold
Xa me contaredes o que vos pareceu cando a fagamos.
Un saúdo

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
javiqf



Registrado: 06 Abr 2008
Mensajes: 121




MensajePublicado: Mie May 14, 2008 5:02 pm    Asunto: Responder citando

Soamente comentarvos que a última parte da subida desde as Fragas do Eume ata Taboada está bastante desfeita (que eu teña constancia, senon a amañaron, hai unha parte con grava gorda solta).Un saúdo e teño que pensar o de acompañarvos, xa que fallei na última que organizachedes.Ánimo e seguide así.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie May 14, 2008 7:52 pm    Asunto: Responder citando

Boas Javi, coméntoche que fai pouco tempo que amañaron toda a carretera que sube dende o campo de fútbol de Ombre, por diante do Mesón Los Molinos, ata a Ponte da Pedra. Botaron asfalto aglomerado, e agora transítase á perfección, da gusto rodar por alí.
Despois da Ponte da Pedra, o tramo hacia Rebordelo e O Xestal (que son aprox 11km) está de carretera algo mais "botosa" pero transitable.
A continuación enlazamos coa carretera que sube dende Betanzos hacia Vilalba , que tamén está asfaltada con aglomerado e en moi bon estado.
E despois, quizais o peor tramo da ruta está entre Momán e As Pontes, pero tamén é perfectamente transitable, carretera "botosa" pero sin baches nin grandes irregularidades do firme.
Anímote a que veñas con nos. Un saúdo

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
javiqf



Registrado: 06 Abr 2008
Mensajes: 121




MensajePublicado: Mie May 14, 2008 8:44 pm    Asunto: Responder citando

Ok, pensei que falábades da pista que sube desde as Fragas ( no mesmo río) ata Taboada, entón non pasades por Ombre, vades por Nogueirosa, xa me asusta un pouco "menos" (dentro do que cabe, claro) a ruta (porque a outra subida é moi brava). Un saúdo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Jue May 15, 2008 6:58 pm    Asunto: Responder citando

Despois de estar falando pola maña con Higinio Carballo confirmo a sua asistencia a marcha o dia 25. Un saudo.

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Lun May 19, 2008 5:26 am    Asunto: Responder citando

Boas a todos, Carlos Franco (o fotanero) tamen nos acompañara o dia 25. Un saudo.

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar May 20, 2008 7:19 am    Asunto: Responder citando

Inclúe na lista a Blas, que deixou recado nun post da sección MTB.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Jose



Registrado: 22 Ene 2008
Mensajes: 65




MensajePublicado: Mar May 20, 2008 5:04 pm    Asunto: Cambio de posicion Responder citando

Wueeenaaaaaaaas!!

Bueno pues si puedo,contar conmigo tambien,eso si tengo que ir de "ciclipinchado", ya que la rutita es el terreno "ideal" para mi. jajUA jajUA

_________________
“Ni todos los sapos son príncipes, ni todas las braguitas son Princesa pero los culos más hermosos siempre van en bicicleta”

O. Patsí
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
MANOLO CARBALLO



Registrado: 26 Ene 2008
Mensajes: 41




MensajePublicado: Mar May 20, 2008 8:04 pm    Asunto: Responder citando

ivan escribió:
Facemos lista:

1- Chente
2- Tino
3- Ivan
4- MiguelC
5- Higinio
6- Carlos Franco
7- Blas
8- Jose
9- Manolo Carballo
10-
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie May 21, 2008 7:27 am    Asunto: Responder citando

Alégrome de que nos acompañes Manolo. ¿Rober non se anima? ¿e o resto de compañeiros: Rufo, Jaime, Fernando e demais?

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie May 21, 2008 10:12 am    Asunto: Responder citando

Darvos unha boa noticia: os compañeiros do CCRiazor teñen pensado acompañarnos (si o clima o permite) no tramo dende Pontedeume ata o alto de Xestoso. Podedes ver o tema no seu foro:
http://www.ccriazor.com/?MW=2&SW=0&ACCION=VT&CODIGO=454#F
A ver si algún dos de Leboreira se anima tamén.
E polo demais, falta moita xente por apuntarse á ruta (espero que vos animedes): Souto, Emilio e Vicente de Vilalba, Pergamino e os demais compañeiros do CCVilalba-AsPontes; tamén Paco e Adrián, ...... Veña, ídevos animando.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> II XUNTANZA DE ESTRADA CICLASPONTES 25 DE MAIO Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Página 1 de 2


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear radio | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo