Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
INFORMACIÓN DA RUTA E LISTA DE ASISTENTES
Ir a página 1, 2  Siguiente
 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> CAMIÑO DE SANTIAGO BTT. 26-29 XULLO
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Jul 01, 2008 9:36 am    Asunto: INFORMACIÓN DA RUTA E LISTA DE ASISTENTES Responder citando

Tal e como se falou anteriormente noutro post, temos a intención de facer o Camiño de Santiago Francés dende Ponferrada. As datas nas que o faremos serán do sábado 26 ó martes 29 de xullo.

Dentro duns días temos que facer as reservas dos albergues privados e tamén dos buses, ou corremos o risco de quedar sin plazas, así que os que estedes interesados en facer esta ruta ídevos anotando neste post.
Poñemos como data límite o mércores 9 de xullo, para que nos dé marxe suficiente de facer as reservas.

En todo caso, si alguien ten pensado vir pero non o saberá exactamente ata uns días antes (por asuntos laborais ou outros), que nolo faga saber, é preferible reservar antes que quedar sin plaza, e non debería haber problema por anular algunha reserva a última hora (anque esperamos que os que se inscriban acudan todos).

O plan sería o seguinte:

Día 1 – Sábado 26 de Xullo.

- Saída no bus de ALSA ás 13:30 horas da estación de Ferrol. Chegada a Ponferrada ás 16:30

- Dende aquí collemos as bicis e facemos o tramo Ponferrada-Villafranca del Bierzo. Distancia: 24km. Chegaremos a media tarde, e poderemos disfrutar ata a noite da visita ó pobo.

- Dormiremos no albergue privado Jesús Jato, en Villafranca.

Día 2: - Domingo 27
Villafranca --> Sarria. 82 km.

- Saíndo ás 7:30-8 da mañan estaremos en Sarria para comer ( Calculamos 6 horas de ruta).
Pasaremos a tarde visitando o pobo.

- Dormiremos no albergue privado A Pedra, en Sarria.

Día 3: -Luns 28
Sarria --> Arzúa. 77 km

- Serán aprox imadamente 6 horas de ruta

- Posibilidade de comer na pulpería Ezequiel en Melide e pasar parte da tarde de visita ó pobo de Melide, antes de facer o último tramo ata Arzúa (13km)

- Dormiremos no albergue privado Ultreia (Arzúa)

Día 4: -Martes 29
Arzúa--> Santiago. 42 km

- Tardaremos ó redor das 3-4 horas,

- Parada no Monte do Gozo, e chegada a Santiago amediodía.
-Comeríamos en calquera dos restaurantes que hai en Santiago e que ofrecen menús a bos precios.

- Tarde por Santiago. Recollida da Compostela.

- Regreso en bus da compañía ARRIVA, sae ás 21 horas de Santiago, vai directo por autopista a Pontedeume e fai parada en Pontedeume ás 22:00. Poderían recollernos aquí, ou na última parada en Ferrol ás 22:30.


Información de interés:-
Todos os albergues privados nos que pernoctaremos teñen garaxe para bicis e tamén lavadeiros e tendedeiros para a roupa, co cal non fará falta levar apenas equipaxe.
- É necesario levar sacos de dormir.


Gastos previstos:-
- Transporte na línea de ALSA de Ferrol a Ponferrada 20 €
- Pernocta no albergue Jato (Villafranca) 6 €
- Pernocta no albergue A Pedra (Sarria) 8 €
- Pernocta no albergue Ultreia (Arzúa) 10 €
- Regreso na línea de Arriva Santiago->Ferrol 10€
- Gastos en comidas, aproveitando os menús do peregrino que ofrecen moitos restaurantes, entre 10-15 €/menú
- Dese xeito, o custe aproximado sería de 130-150 € (incluíndo transporte, pernoctas e comidas), ó que habería que sumar outros gastos como consumicións e outros gastos persoais.

O dito, ídevos anotando neste post os que estedes interesados, antes do mércores 9.
Un saúdo

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Mar Jul 01, 2008 11:14 am    Asunto: Responder citando

Chente pareceme unha idea excelente, se non se torce nada iremos, porque ademais era unha das cousas que levaba tempo rondadome a cabeza, e nunca via a ocasion de facelo, e menos solo. Asi que terei que intentar mercar unha bicicleta de montaña e a rodar. Espero que nos xuntemos un bon numero de foreros e a pasalo ben. Un saudo.

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Jul 01, 2008 11:39 am    Asunto: Responder citando

Así da gusto, apoiando á iniciativa.
Pois veña, que xa somos dous e esperemos que aumente o número (sei de algún mais que ten moitas ganas de facelo).
Animarse que o imos pasar ben ben Very Happy

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ivan
Invitado








MensajePublicado: Mar Jul 01, 2008 1:34 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
EMILIO LOPEZ COLLAZO



Registrado: 20 Ene 2008
Mensajes: 26




MensajePublicado: Mar Jul 01, 2008 7:24 pm    Asunto: Responder citando

Buenas amigos:
Contade con migo por que eu tamen quero ir. Xa iremos falando
para ver que levamos por que ai que poñerse da cordo e levar as menos
cousas posibles, por ejemplo non fai falla que levemos todos espuma de
afeitar ou pasta de dentes, pero xa nos poñemos todos da cordo.
Un saudo a todos que vamos a pasalo moi ben.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Jue Jul 03, 2008 8:53 am    Asunto: INFORMACIÓN DE INTERÉS E CONSELLOS PARA O CAMIÑO Responder citando

INFORMACIÓN DE INTERÉS E CONSELLOS PARA O CAMIÑO:
Vou exponer unha serie de consellos para facer esta actividade do mellor xeito posible, sacados de diversas foros de peregrinos (e algún tamén da propia experiencia):
Posto que nos albergues teremos opción de lavar e tender roupa, e ademais o clima debería ser bon (polo menos non debía de facer frío), debemos intentar limitar ó máximo a equipaxe, non levando cousas innecesarias nin mais do que imos necesitar. Ademais, debemos procurar que esa equipaxe sexa o mais lixeira posible (prendas lixeiras, productos de hixiene en botes pequenos,...). A equipaxe básica podería ser:

Roupa:
-2 Culottes
-2 maillots (ou camisetas de licra)
- Casco, Gafas e Guantes
- Zapatillas para Bici
- Impermeable
- 2 Camisetas
-1 Bañador ou pantalón corto
- 3 Pares de Calcetins
- 1 chándal
- 1 par de Chanclas / 1 par de tenis lixeiros
- 1Toalla
- Roupa Interior
- Saco de Dormir
- 1 Sábana Baixeira (de 90) e funda de almohada, recomendable polo estado dos colchóns e almohadas nos albergues.
- 1Mochila tipo Camelback (que nos servirá para levar líquido, ferramentas e todo o equipaxe que necesitemos ter a man)
(- Recomendable levar tlf movil e cargador)

Útiles de aseo e outros:
- Crema Protectora de Sol
- Útiles de aseo (recomendable levar os productos en botes de pequeño tamaño): pasta de dentes (poderiamos levar un tubo a medio rematar) e cepillo; champú, xabón e desodorante en botes pequenos; peine, 1cuchilla desechable (como xabón para afeitado podería usarse o mesmo da ducha, eu téñoo probado en ocasións e funciona ben si se deixa actuar un par de minutos), e o que cada un considere que necesitará.

Documentación e diñeiro:
- Persoal: o DNI e a tarxeta da seguridade social
- Nos foros, os peregrinos suelen recomendar non levar moito diñeiro en efectivo, sinon levar tarxetas de crédito pois durante todo o Camiño hai caixeiros.

Mecánica:
Recomendable facer unha revisión completa da bicicleta, e cambiar as cámaras normais por cámaras especiais antipinchazos (esto evitará mais dunha parada imprevista). Revisar o estado das cubiertas, zapatas de freno, axuste dos cambios, estado da cadena. E engrase xeral.

- Recambios: 1 Camara (antipinchazos), parches, desmontables e bombillo.


Transporte da carga durante o Camiño:
Necesitaremos un transportin; oxe en día, a maior parte das btt non traen sitios donde fixar os transportines normales, polo que o mais aconsellable é un transportin dos que se enganchan na tija de sillín (do tipo do seguinte: http://www.decathlon.es/ES/orion-34966403/ ) hainos en calquer tenda de bicis, e algúns deles soportan ata 11-12kg .
O ideal é non levar alforxas (posto que o peso lateral tende a desequilibrar demasiado a bicicleta, e ademais en algunhas corredoiras poden engancharse na maleza). O mais fácil é suxetar ó transportin unha mochila na que nos quepa toda a equipaxe, mediante tensores ( http://www.decathlon.es/ES/2-tensores-longitud-60-cm-34966204/ ). Deste xeito, levandoa ben centrada non influirá tanto no manexo da bicicleta como as alforxas, nin nos molestará co balanceo ó poñernos en pé sobre os pedales.
Ademais, si algún día chove (esperemos que non) a mochila pode cubrirse fácilmente con unha bolsa de plástico para que non se molle.

Transporte das bicicletas:
Levaremos as bicicletas ata Ponferrada embaladas en caixas de cartón, que poderemos recoller en calquer tenda de bicis (en Ciclos Rouco vannos reservar varias, podedes pedilas alí). Somente fará falta desmontar a roda dianteira e sacar os pedales da bici. Ó chegar a Ponferrada, montaremos pedales e rodas, deixamos as caixas nun contenedor e comezamos o Camiño.
Para o regreso, podemos embalar as bicis en bolsas de transporte (o que teña bolsas de bici que mas faga chegar e eu encargareime de que estén en Santiago para o martes 29). Outra opción sería embalar as bicicletas con film transparente de cociña (como as maletas nos aeroportos), coa roda dianteira, pedais e sillín desmontados. O film poderemos mercalo en calquer supermercado de Santiago.

Alimentos e bebida:
Simplemente teremos que levar algo de líquido e unha barrita para a saída de Ponferrada a Villafranca. Para o resto dos días, durante todo o camiño hai tendas e bares nos que poderemos mercar bebida e comida (é interesante levar sempre encima algunha barrita ou plátano), así que non fai falta que vaiamos cargados.


Uns días antes de marchar, o ideal é (como dí Emilio) que nos vexamos ou nos poñamos en contacto a través do foro (xa organizaremos o modo) todos os/as que imos facer esta ruta para poñernos de acordo sobre diversos aspectos, como:
- Ferramentas (para repartir a carga): chaves allen, tronchacadenas, tensor de radios, algun destornillador, chave inglesa, 1 cubierta de reposto, 1 reposto de cable de frenos, aceite para cadenas.
- Cámara de fotos: con levar unha ou dúas para todo o grupo é suficiente.
- Petición das credenciales do peregrino.
- Compra dos tickets de bus (os de ida a Ponferrada é necesario mercalos con antelación)
- .....................................................

Pois eso, xa veremos a forma de contactar dentro duns días.
Anímovos a que vos vaiades anotando (recordade, ata o día 9) que a actividade vai estar moi ben.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Jue Jul 03, 2008 10:11 am    Asunto: Responder citando

Non vos preocupedes polo film do embalaxe, xa me fixen eu con un rollo para embalar industrial que debe dar para embalar 10 bicicletas ou mais, se fora necesario mais decidemo porque creo que non seria problema en facerme con mais. Veña a ver quen mais se apunta, cantos mais mellor o pasaremos, parece que estades medio apagados. Un paseo deste tipo fainos ven para eliminar os excesos das festas. Un saudo.

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Jose



Registrado: 22 Ene 2008
Mensajes: 65




MensajePublicado: Jue Jul 03, 2008 9:52 pm    Asunto: Otra vez sera Responder citando

Siento no poder acompañaros, la verdad es que tengo muchas ganas de hacer algo asi, pero las fechas me coinciden mal. Creo que mi maquina se sentiria como pez en el agua y estaria encantado de llevar el peso extra que os pueda surgir. Espero que haya mas ocasiones y pueda disfrutar con vosotros de la ruta. Seguro que lo pasais muy bien, seguir asi. alaU alaU

_________________
“Ni todos los sapos son príncipes, ni todas las braguitas son Princesa pero los culos más hermosos siempre van en bicicleta”

O. Patsí
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Dom Jul 06, 2008 1:30 pm    Asunto: Responder citando

A ver que xa estamos a domingo; ¿ninguén mais vai vir?
Sei que algún hai pendente de tomar a decisión, asique veña, animarse.

É unha pena que non podas vir Jose, a ver si en outras rutas mais adiante che coincide de estar libre para acompañarnos.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Blas Lamas



Registrado: 25 Ene 2008
Mensajes: 244
Ubicación: As Pontes



MensajePublicado: Lun Jul 07, 2008 5:56 pm    Asunto: Non poido,ohhhh¡¡¡¡¡¡¡ Responder citando

Boas chente acabo de falar co o meu superior,e esas fechas non as teño libres,e unha pena xq me apetecia de verdade pero xa se sabe q cando di o jefe q non e q non....de todas maneiras eillo comentar o meu cuñao e digoche algo mañan.saudos
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
SPYDER



Registrado: 20 Ene 2008
Mensajes: 131




MensajePublicado: Lun Jul 07, 2008 8:26 pm    Asunto: Responder citando

Bueno yo tampoco, voy poder asisitir esta vez, ya que he cojido vacaciones en septiembre y en esas fechas no podre hacer nada, ya que mis superiores tambien estan de vacaciones y claramente no podremos ir todos; Es una pena, pero otra vez sera;

_________________
IMPOSIBLE....................................................................................."NO EXISTE SI NO CABE EN TU CABEZA"...............AL FILO DE LO IMPOSIBLE
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Jul 09, 2008 6:49 am    Asunto: LISTA DEFINITIVA Responder citando

Chegou a data e xa andan tirándome das orellas desde algún albergue para que lles confirme o número exacto de xente que imos. Sei que é difícil cadrar 4 días agora no verán, e supoño que xa ninguén mais se animará coa aventura. É unha pena o de Blas e Spyder, pero por suposto "o curro manda". Tamén o de M.Carballo, que sei que viría de boa gana pero ................. que vaia todo ben.
Entón quedamos somentes tres: Emilio, Tino e mais eu. Durante esta mañán deixaremos todo reservado. De todos xeitos, si a última hora alguen mais se anima, que pregunte que podemos chamar ós albergues por si aínda queda algunha plaza (aínda que nesas datas vai a ser difícil, sobre todo en Sarria que é moi pequeno).
Un saúdo

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
save



Registrado: 21 Mar 2008
Mensajes: 56




MensajePublicado: Mie Jul 09, 2008 7:00 pm    Asunto: é unha pena Responder citando

Esta ez si que me poñedes os dentes largos...a verdade é que lle teño moitas ganas ó camiño, pero co dí VCD "o traballo manda".
!A disfrutalo vosoutros que podedes!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
SPYDER



Registrado: 20 Ene 2008
Mensajes: 131




MensajePublicado: Mie Jul 09, 2008 8:28 pm    Asunto: Responder citando

Eso, el curro manda, pero bueno habra ocasiones para ir montando cosas nuevas, y cosas chulas, la verdad es que llevo varias semanas desconectado de todo y sobre todo de las ruedas, pero espero que luego de estas semanas todo vuelva a la normalidad, y me encontreis en las carreteras y en el monte, brincando por ahi

A TODOS LOS QUE VALLAN A SUFRIR UN POQUITO AL CAMINO MIS SALUDOS Y SOBRE TODO UN RESPETO, YA QUE SE LO QUE ES, POR QUE LO HEMOS HECHO DOS VECES;

_________________
IMPOSIBLE....................................................................................."NO EXISTE SI NO CABE EN TU CABEZA"...............AL FILO DE LO IMPOSIBLE
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Sab Jul 12, 2008 9:54 pm    Asunto: Responder citando

Pois parece que en principio so nos animamos Chente, o inagotable Emilio de Villalba e eu. Xa sabemos que non son moi boas fechas, pero para o ano que ven habera que intentar facelo noutras datas haber si se anima mais personal. Comentobos que xa merquei a bicicleta de montaña (este Chente acaba conmigo e acabame tamen cos cartos, sempre me lia, e eu que son facil). E unha connor con doble suspension sacada hoxe pola maña de "Bicis Rouco", e que en breve vos colgarei unha foto dela na seccion de pepinos. Un saudo a todos e xa vos colgaremos as cronicas a volta.

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes 2008 -> CAMIÑO DE SANTIAGO BTT. 26-29 XULLO Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Página 1 de 2


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo