Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




MARCHA POPULAR CONCELLO DE AS PONTES - DOMINGO 29 MAIO

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Temas de Interés Xeral
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Vie May 27, 2011 7:25 am    Asunto: MARCHA POPULAR CONCELLO DE AS PONTES - DOMINGO 29 MAIO Responder citando


Para ampliar pinchar sobre a imaxen

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Vie May 27, 2011 7:55 am    Asunto: Responder citando

O Concello e o Clube Vilalba - As Pontes organizarán o domingo a VIII Marcha Popular Concello de As Pontes
• Os veciños e veciñas que participarán nesta cita partirán da Casa do Concello para percorrer varias das rúas do casco urbano

O Concello de As Pontes xunto co Clube Ciclista Vilalba – As Pontes está a organizar, para este domingo, a que será a oitava edición da Marcha Popular Ciclista Concello de As Pontes.

A proba, que dará comezo ás 12.00 horas, partirá das inmediacións da Casa Consistorial percorrendo varias rúas do casco urbano e está aberta a tódolos veciños e veciñas do municipio e concellos limítrofes, independentemente da súa idade, que desexen pasar unha xornada na que se mesturarán deporte e ocio a partes iguais.

Precisamente, dende o goberno municipal convidaron a xiareiros do mundo das dúas rodas e ponteses e pontesas en xeral a participar nesta cita que xa o ano pasado contou cunha gran acollida entre a veciñanza pontesa.

Dende a organización desta actividade veñen de anunciar que se repartirán agasallos entre os participantes, gracias á colaboura de diferentes establecementos comerciais locais e ao patrocinio do Concello.

Asemade, dende a organización insistiron na recomendación de utilizar casco protector para afrontar esta xornada, da que será posible informarse telefonando ao 639 072 074 ou 610 503 573.

No tocante á roita que seguirán os ciclistas, trala partida da rúa do Concello, a expedición percorrerá as avenidas de Ferrol, A Coruña e Habana dende onde accederán á rúa Celso Emilio Ferreiro ata as avenidas de Vilalba, Ortigueira, Campeiras ou Brixeo.

A comitiva tamén pasará pola Ronda do Poboado, o Poboado das Veigas e, por suposto, polas avenidas de Galicia, Castelao, Ortigueira ou Juan Antonio Suances, rematando na rúa do Campo da Feira, diante da Casa do Concello.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Temas de Interés Xeral Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo