Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




Memorias dun neno labrego

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> A esencia de Ciclaspontes
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Abr 27, 2009 8:26 pm    Asunto: Memorias dun neno labrego Responder citando

Aquí deixo para disfrute da imaxinación, o relato co que nos agasallou Maismar en relación á Marcha de BTT de Monseibán. Por méritos propios, merece un post nesta sección (gracias por compartilo con todos amigo Maismar alaU alaU alaU alaU )



(Orixinalmente publicado por Maismar no seu blog: http://maismar.blogspot.com/2009/04/memorias-de-un-neno-labrego.html ):






[b]Memorias de un neno labrego.-
-------------------------------
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre". (c)Xosé Neira Vilas.

Hai esceas que pasan inazvertidas e en silencio para todos, menos para tí. Quedan tan dentro que non sabes que facer con elas e o fin decides contalas se non empezas a notar que reventas; as veces son esceas cortiñas, duran unhos segundos pero ... bufff como tan. Esta é a miña que vos deixo aquí por que a teño que sacar e compartir con vos se non ...

Ocurriu en esta fabulosa marcha o Monseivane en un tramo dos que mas me gustou, todo esto en foi en segundos pero que duraron unha eternidade na miña cabeciña, este é o relato:

Baixada de camín de terra con moito barro, moito moito barro, pero moito as rodas todas petadas de lama, a velocidade de baixada: impotante, pouco moderada ... entrábase en 500 m. de carretera asfaltada con algo mais de pendente, viña en 44x13 meto 44x11, sube a velocidade, un cruce con un desnivel que lle fixo voar a francesa; en aquel momento notei que iba "pasao" pero ben, iba voando non se podía frenar ... , o aterrizaxe era pista húmeda de graba fina e terra, a lama saltaba das rodas e inundaba todo facendo unha estela atras e salía despedida por a roda dianteira, de repente intuíase un cruce 90º esquerda e con moita xente que o custodiaba; oia berrar, berraban moito .... "frenaaaaa", "paraaaa", "¿onde vaaaas?", "Dios vai toooolo!!..!!", "xa non para", decía todos. Subin tres dentes e mentres clavei o freno e se oina as rodas derrapar no chan arrastro; mentres oin unha voz de neno, unha voz, non o vin, pero era a única voz que ainda que "debil" era a que eu oía na miña cabeza e silenciaba todas as outras, unha voz que ansiaba un momento de acción, que desexaba o que nos gusta os nenos, "paisón e ferro a fondo", "jolpe de pistón sin frenos", dinme conta que era o seu momento, o momento de aquel neno, tal vez tamen se chamaba Balbino, o intre que tubo esperando toda a mañá, ese derrape que centos de veces soñou facer con a sua bicicletiña de rodas gastadas e nunca lle saiu; ¡Dios!! era aquelo o que lle daba tantas voltas e tanto entrenaba na aira:"Sair magado do cruce en baixada, darlle mais ferro, coller velocidade, sair voando e aterrizar derrapando das duas rodas a un tempo facendo un boureo do demo que hasta os veciños sairan a porta ver que pasaba", ¡era eso!, ese era o seu derrape, taba alí diante, podíase facer, era ese o que tanto soñara. ainda que non iba en esa bicicleta ÉL ERA O PROTAGONISTA, porque era o seu derrape.

Por eso eu soio oin unha voz:

¡DALLE, DALLE, DALLE, DALLE, DALLE, DALLE, ¡COMO DERRAPA!, NON FRENES MAIS, NON FRENES!!, AHÍ, AHÍ, AHÍ, AHÍ, DALLE, DALLE, DALLE, DALLE, DALLE......

E así foi, ainda ahora sigo pensando como logrei sair de aquela curba de 90º a esquerdas e a aquela velocidade, seguro que alguen me axundou, tal vez unha voz; pero xa me quedo mais tranquilo o campartir ese "momento" contigo, porque seguro que tamén soñache de neno con ese derrape teu que espero sigas entrenando.

Bo día.

PD. CC.Villalba-As Pontes; gracias por ter a Balbino por ahí e ... por todo.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Maismar



Registrado: 10 Jul 2008
Mensajes: 102




MensajePublicado: Mar Abr 28, 2009 6:55 am    Asunto: Responder citando

Todo un honor; moitísimas gracias; recoñecementos coma este dan forza para seguir imaxinando e escribindo

Gracias compañeiros.

M.

_________________
¡Free Spirit. Estou en desacuerdo co que dis, pero defenderei ata a morte o teu dereito a dicilo.(Evelyn Beatrice Hall).
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> A esencia de Ciclaspontes Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo