Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




Portos en Galicia

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas Carretera
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
RicardoVelez



Registrado: 19 Feb 2008
Mensajes: 2




MensajePublicado: Mar Feb 19, 2008 8:24 pm    Asunto: Portos en Galicia Responder citando

Pois sí, como di Vicente, ahí tendes a miña web, onde podedes atopar unha boa morea de ascensións; salvo algún caso moi concreto, como podería se-lo do Pico da mariña na capela ou a Gañidoira que figuran cos datos anteriores a remodelación das estradas, toda-las demáis subidas encóntranse analizadas con unha exhaustividade que, considero, reflicte fielmente a sua realidade.

Teño todavía moitas máis en blocs, arquivos no ordenador, etc etc pero o tempo, ese ben, tan preciado na nosa época, cada vez déixame menos marxe para ir engadindo novas cimas. Tempo ó tempo...

Preto das Pontes tede-lo Caxado, a subida polo embalse, a Gañidoira e unha subida próxima a Muras que descende dirección a Viveiro (ten boa pinta esa pista nos mapas...a teño marcada cunha x para próximas medicións..), tamén tendes na Capela, a mítica, para min, subida dende a Central do Eume dirección Monfero con case 3,5 kms ó 11%, aínda que ten unha sorpresa que desvelarei próximamente....

En fin, un saúdo a todos/as e felicidades polo foro.



RicardoVelez
www.iespana.es/ricardovelez2002/

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Vie Feb 22, 2008 10:50 am    Asunto: Responder citando

Dende aquí envíoche un sáudo e un profundo agradecemento pola túa colaboración co deporte ciclista en xeral, prestando o teu tempo e coñecementos desinteresadamente para outras persoas que disfrutamos con este deporte. Pois resulta certo que a moitos nos interesa coñecer os porcentaxes das rutas e dos portos polos que habitualmente entrenamos, ou polos que transcorren as marchas ás que imos, amén de que un porto que teña feita unha altigrafía parece que gaña moito en caché.
É un placer contar co teu rexistro neste foro, e invitámoste a compartir con nós algunha saída ciclista e a amosarche algunha que outra subida na zona que ben merecería ser altigrafiada e subida á web para disfrute de todos.
Sen mais, o dito, un saúdo e gracias pola tua colaboración Very Happy
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
RicardoVelez



Registrado: 19 Feb 2008
Mensajes: 2




MensajePublicado: Vie Mar 14, 2008 7:30 pm    Asunto: Responder citando

TEño os datos actualizados de subidas da zona das pontes como o novo trazado da Gañidoira, os primeiros kms de ascenso hacia as Pontes desde Ortigueira ou unha subida que tendes na zona do Embalse pola que penso que discurre parte do trazado dunha proba de atletismo popular, esas así como outras de Galicia espero poñelas a non tardar moito, eran datos que tiña nalgún desos blocs que andan perdidos no medio de mapas, revisas e información varia.
Queda pendente para o futuro a investigación de subidas que coñecedes ben por ahí, non me olvido , pero a familia, o traballo e unhas importantes oposicions de promocion que teño no outono téñenme casi que recluido coma nun convento de clausura.
Noutro orde de cousas, bonita esa marcha que facedes por taboada, moito ánimo con esas boas subidas que afrontaredes.Un recorrido "salvaxe" que se pode facer pola zona é subir a central do eume dende a capela ata monfero, baixada, subida ata queixeiro, baixada deica taboada, baixada deica a carreteira das fragas, seguimos por hombre e antes de chegar a pontedeume subida ate o castelo de andrade,baixada por campolongo, chegasa a pontedeume pola carretera gral e subida final a breamo.
casi na!
en fin, felicidades polas vosas iniciativas e a seguir disfrutando da bici.
Seguiremos en contacto, cordiais saudos!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas Carretera Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crea tu foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo