Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




PROPOSTA PARA FACER O CAMIÑO DE SANTIAGO

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas BTT
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Jun 24, 2008 9:06 am    Asunto: PROPOSTA PARA FACER O CAMIÑO DE SANTIAGO Responder citando

En contacto cos amigos de Leboreira (e por suposto de calquera que se anime a acompañarnos, si ó final se leva a cabo esta ruta), vou facer a seguinte proposta para intentar realizar a última parte do Camiño de Santiago francés (que xa vai tempo que teño ganas de facelo na BTT), a ver que vos parece:

Revisei horarios de buses, puntos kilométricos de paso, aloxamentos e demais, e pode surxir unha boa oportunidade para facer nun fin de semana intensivo o Camiño, dende Ponferrada (distancia ata Santiago 205km, é o mínimo para obter a compostela en bici), e que así puidéramos xuntarnos en grupo; anque haxa xente que traballe podería vir igual, pois esto sería somente sábado e domingo; o plan sería para o sábado 26 e domingo 27 de xullo, despois das festas (tamén poderían verse outras datas).
Ademais, ese fin de semana non hai nada calendado, nin de estrada nin de btt, e por outra parte, ó ser somente dous días de ruta non necesitamos carretar apenas equipaxe, o cal é unha ventaxa. O planning podería ser por exemplo o seguinte:

- Sábado 26--> saída dende Ferrol na línea de ALSA, ás 05:45 (o día anterior haberá que deitarse cedo, coidarse na Festa da Fraga). É necesario reservar con antelación pois si non é facil quedar sin plazas. O custe é de 19,32€, mais 5€ polo transporte das bicis (deben ir coas rodas desmontadas, e si é posible embaladas).

- Chégase a Ponferrada ás 08:30 (o bus non fai paradas, é directo). Aquí tomamos un pequeno almorzo na mesma estación, e sair canto antes camiño de Villafranca e O Cebreiro (km 50 da etapa); unha vez superado este, ata Triacastela e Sarria xa é practicamente todo baixar.
Parada en Sarria ese día, calcúlolle 91 km, aproximadamente 6:30- 7 horas a paso tranquilo de 13-14 km/h, e parando varias veces a avituallar. Dese xeito, poderíamos parar a comer en Triacastela (km 72 da etapa, pasaremos por alí entre as 14 e as 15 horas) ou xa en Sarria.

- Pasamos en Sarria o resto da tarde, ceamos por alí e aloxámonos en algún dos hostais ou albergues que hai (debe haber como 12 ou 15).

- O día seguinte, podemos madrugar para facer o resto do percorrido ata Santiago. Son 113 km os que faltan, a unha media tranquila de 13-14 km/h, calculo sobre 8 horas de ruta, parando varias veces a avituallar. Si saímos cedo (ás 7 da mañan), poderiamos parar a comer polo camiño(pex. en Melide ou Arzúa) e chegar a Santiago durante a tarde, ou ir comer xa en Santiago (calculo que chegariamos sobre as 15-15:30).

- Unha vez alí, recoller a Compostela e pasar o resto da tarde xuntos de palique. Para voltar, teríamos a opción de Coller o bus que ven dereito pola autopista de Santiago ata Ferrol, sae ás 21 de Santiago e chega a Ferrol ás 22:30 aprox. Tamén hai outro que sae ás 18:00, por si alguen vai apurado, pero penso que este sería moi xusto.

- Para chegar a Ferrol o sábado e volver o domingo, teríamos a opción de que alguen nos levase ata a estación, ou si conseguísemos xuntarnos varios, ir nun coche e deixalo no parking da plaza de España ou na propia estación (non sei si hai parking alí), dese xeito repartiríanse os gastos e non molestaríamos a ninguen para levarnos/recollernos; non é un coste alto, son 12€/24 horas (creo).

En total, o custe non é moi esaxerado, botando contas aproximadas saen:
- Transporte en bus: 35€ (25 sábado+10domingo)
- Aloxamento en Sarria (en habitacións dobles): uns 25€ por persoa (ou incluso algo menos).
- Comida e cea en Sarria: coñezo un par de sitios que fan bos menús do día por aproximadamente 10-12 € por persoa, asique podemos poñerlle 24 € para comida e cea o sábado.
- O domingo, según o que queiramos comer, pero podemos optar por un menú sin moitas complicacións de 15-20€, o típico "menú do peregrino" que ofrecen moitos restaurantes.
En todo caso, o custe total non debía sobrepasar os 90-100€ con todo.

- O que sí é necesario é reservar absolutamente todo con suficiente antelación: buses, hostal, comidas, ... pois no verán o camiño de Santiago desbórdase.

Non sei si vos parece unha esaxeración pegarnos algo mais de 200km en dous días??
Outra proposta sería aumentar o nº de días e facer etapas mais cortas :
sábado-->1ªPonferrada-O Cebreiro 54km,
domingo-->2ª O Cebreiro-Melide 99 km,
Luns 3ª etapa --> Melide-Santiago 53km),
Ou tamén se poden ver outras opcións kilométricas, o problema podería ser que si alguen curra ese luns, xa non podería ir.
Dependendo dos días que dispoña a xente poderíanse estudiar outras opcions en fechas , nº de dias e nº de Km , todo depende de o quorum de participación que teña previsto a xente

Queda a proposta feita , esperando a vosa opinión, ide comentando os que teñades intención de animarvos ...........................
Un saudo

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas BTT Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear radio gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo