Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




Ruta dos Castelos e Mosteiros

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas BTT
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Lun Jul 06, 2009 10:04 am    Asunto: Ruta dos Castelos e Mosteiros Responder citando

Proposta de unha ruta da que chegou información as miñas máns
Saida - Castelo de Moeche
Chegada - Mosteiro de Caaveiro (prolongando un pouco mais a visión do mapa)

A ruta comeza no Castelo de Moeche e chega ata o Etnográfico da Capela.no lugar de Pazo.
O trazado da ruta é de aproximadamente 35 kms. Parte do Castelo de Moeche, pasa polo
Val de Moeche, despoís por Ferreira, Igrexafeita, Naraío, atravesa o
Forgoselo e remata no Pazo, onde o Etnográfico da Capela (desde alí pódese
baixar perfectamente ata o Mosteiro de Caaveio). A maioría do trazado vai
por pistas de terra, ainda que tamén hai zonas de asfalto. Toda a ruta está
sinalizada, polo que non deberían ter ningún problema á hora de seguila.



Se alguén se anima , podemos xuntarnos para facela , eu este més podería adaptarme a facela pola mañán ou pola tarde

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
marcosf



Registrado: 22 Ene 2008
Mensajes: 735




MensajePublicado: Lun Jul 06, 2009 9:41 pm    Asunto: Responder citando

hola,
e unha ruta que xa pensei algunha vez se se poderia facer, pero pensei que sería mais longa.

Eu teño moitas ganas de facela, se poñedes un dia que me caiga ben eu von sin dudalo un intre.
este mes non me quedan dias libres, este finde teño viaxe, para o proximo son as festas de aquí e o proximo a fraga... exceso de eventos.. ata o 1 de agosto non teño para sair na bici!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Jul 07, 2009 9:54 am    Asunto: Responder citando

Parece interesante....... pola miña parte podo acompañarte calquer tarde a partir das 3, anque estes días ando con molestias nunha perna e prefiro esperar esta semana sin pedalear a ver si recupero; si che cae ben quedar algunha tarde da próxima semana (e si esta molestia non me vai a mais) xa o comentas e falámolo, a ver si se anima alguen mais (despois, si merecese a pena, podería repetirse algún findesemana de agosto para que veñades os que currades entre semana)

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Blas Lamas



Registrado: 25 Ene 2008
Mensajes: 244
Ubicación: As Pontes



MensajePublicado: Mie Jul 08, 2009 7:58 pm    Asunto: Responder citando

Pois pareceme unha rutaq debe ser ben guapa,eu casi estou con marcos xq entre as festas e as vacacions,non vou ter tempo e xulio,pero poderiase plantear algo praagosto,haber chrnte se se recupera ese talon e imos dar guerra a burela,jeje,saudos
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Manuel Díaz



Registrado: 06 Ago 2008
Mensajes: 253
Ubicación: VILALBA



MensajePublicado: Vie Jul 10, 2009 8:34 pm    Asunto: Responder citando

eu tamén estou interesado nela, tendes que propoñer día e a ver se se poidera facer circular

_________________
"¡Alba go brath!"
http://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?name=Manoel
http://ccvilalbapontes.creatuforo.com/
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Mar Jul 14, 2009 3:57 pm    Asunto: Responder citando

Onte fixemos o colega Fran e mais eu a ruta proposta , para entrar no terreo e ver as posibilidades ciclabes da mesma
Saimos de Redes polo que aumentamos o percorrido previsto e esto provocounos que non poideramos remata toda , faltounos o ultimo tramo dende Igresiafeita ata Moeche , que parece ser e o mais facil e limpio da ruta
Para empezar podo comentaros que a ruta sae do Lugar de Pazo na Capela enfrente o Museo Etnográfico , ten uns primeiros Km faciles ata chegar o tramo de río da Fraga do Muiño ainda na zona baixa da Capela , dende aquí compartese ruta co Sendeiro do Bellelle ata chegar o Cabalar , podo comentaros que a maleza invadeu por completo estos tramos ribereños e no que se nota que non andan nin os pescadores , hai moita maleza xa que o tempo este ano axudou moito , logo deixase o tramo do Belelle para ir ascendendo hacia o zona do Forgoselo , este tramo non ten ningún problema solo o esforzo de ir collendo altura ata chegar os 520m de altitude , despois ven a baixada hacia o Castelo de Narahio de aproximadamente uns 4 Km bastante radical en moitos tramos e cos inconvintes de atravesar preto duns 50 ou 60 eucaliptos nos que a mayoría hai que parar e pasar por arriba , esto acarrea un esforzo e un perigo na baixada
Logo de facer a comida no merendero da Area Recreativa de Saíme e no que atopamos un Cartel de 2 Sendeiros do Rio Castro (Concello de San Sadurnino) , proseguimos a ruta compartindo a sinalización de un deles en concreto o tramo de OCastelo - Pozo de Lamas (igresiafeita), este tramo tamén ten zonas bastante cerradas pola maleza ainda que un pouco mellor que a zona inicial do Belelle , logo de pasar a Area Recreativa de Lamas , tivemos perdida de ruta durante un tempo , xa que posiblemente algunha sinal este tapada pola maleza , fomos un rato en sentido contrario ata preguntar nunha casa (das poucas que ten esa zona) e na que unha velliña medio impedida non nos soupo explicar , solo que ata Moeche tiñamos un bon anaco e que estabamos moi lonxe (ela decía sobre 30Km) , non podía ser posible cando na última sinal marcaba 10,5 Km ......... Enton o que fixemos foi coller dirección contraria e logo de desfacer a longa subida que habiamos feito tivemos que volver a subir no sentido contrario direción Igresiafeita ata que atopamos una sinal de Madeira que nos voltaba a marcar a ruta , seguimos ata chegar a Igresiafeita como vos comentei o principio e logo voltamos por Carretera , xa que o meu colega Fran faciaselle Tarde para poder ir traballar a noite
Sin mais rollo , espero poidamos repetila outro día cun grupiño mais grande de xente e cando a maleza perda algo de forza

Deixobos as fotos e o track da ruta

TRACK

FOTOS

Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas BTT Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo