Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




SOBRE AS ACTIVIDADES 2009

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes-2009 -> SOBRE AS ACTIVIDADES DO 2009 (a tódolos membros do foro)
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Oct 07, 2009 4:53 pm    Asunto: SOBRE AS ACTIVIDADES 2009 Responder citando

Unha nova temporada remata, unha temporada 2009 que comezou cargada de ilusións e proxectos comúns entre a xente deste foro, como foron as Ligas de BTT e de Carretera 2009, e algunha outra actividade prevista para realizar ó longo do ano.

Pero conforme foi avanzando a tempada, o que en inicio parecía factible (contando co esforzo desinteresado e a involucración de algúns de nós), foise tornando pouco a pouco en moi difícil de materializar, e por último, agora que xa remata o ano, ou polo menos a tempada ciclista, en algo xa imposible. Foron surxindo imprevistos cos que non se contaban: pola miña parte unhas oposicións nas que me xogaba o meu posto de traballo e que apareceron sin previo aviso, "obligándome" a ocupar a maior parte do meu tempo libre ó longo deste ano; por parte de outros, diversas circunstancias que mermaron a súa capacidade de participación nos diversos proxectos (enfermidades, "horas a destajo" no traballo, exames e estudios de carreira, ....); e por parte de todos, lóxicamente asuntos familiares e persoais. Tampouco axudou moito a metereoloxía de comezos do ano, cando sí podía chegar a ser posible organizar mais actividades nas fins de semana o tempo non acompañaba .............

O caso foi que por uns motivos ou outros, as actividades previstas inicialmente se tiveron que ir suspendendo/aplazando dunhas datas a outras, ata chegar á situación actual na que xa se fai imposible a súa organización pois xa estamos mais preto a nivel de preparación do comezo dunha nova tempada que do remate da actual.

Por tanto, PEDIR DISCULPAS a todos aqueles que dun xeito ou outro vos ilusionáchedes con esta proposta de actividades a comezos do ano, a aqueles que vos involucráchedes no asunto das Ligas e nos proxectos que dende o foro se anunciaron para disfrute de todos, e que nunca se chegaron a materializar. Creo que vos merecedes unha sincera disculpa (polo menos pola miña parte), sinto moito que esto non puidese avanzar mais/mellor pero moitas veces as cousas son como son e non como queremos ou nos gustaría que foran.

Sin embargo, penso que todo este asunto, lonxe de supoñer unha desilusión e un freno para o funcionamiento e o ambiente desta comunidade, debería ser todo o contrario. Ó longo do ano quedaron tamén un montón de actividades que deberiamos valorar moi positivamente, como algunhas rutas que se chegaron a materializar de ambas Ligas, o montón de marchas BTT e carretera nas que nos xuntamos a través deste foro, e moitas outras historias que me quedarán no tinteiro e que surxiron da iniciativa e esforzo dos seus membros (como o curso de mecánica, a roupa do foro, ou a cena de fin de despedida de tempada que en breve terá lugar), moitas cousas que en definitiva contribuiron a que Ciclaspontes seguise sendo un lugar de encontro e de compartir experiencias para moitos aficionados a este deporte. Alégrome de que ademais, pouco a pouco se vaia conseguindo que os seus membros sexamos como unha gran familia donde xa ninguén é un descoñecido para os demais, e donde predomina un ambiente xeral moi "sano".
Penso que estas son realmente as cousas que debemos valorar da tempada 2009, anque sin olvidar aquelas actividades que non se chegaron a facer e que mais que como un aspecto negativo e un freno para o foro deberiamos considerar como un asunto positivo do que aprender.............................. aprender que por moito que queiramos, este deporte segue a ser unha afición que ten que facerse compatible co resto da nosa vida, e que sempre poden surxir cousas mais importantes ou urxentes ás que dedicar un tempo libre case sempre moi limitado.

Desta reflexión, a conclusión que estraigo é que posiblemente para futuras temporadas a mellor fórmula á hora das actividades poda ser a que utilizamos no primeiro ano do foro (2008) e que tan ben funcionou, a de organizar Quedadas sin excesiva antelación e sempre que haxa alguen de nós que teña ganas, motivación e tempo para levar a cabo a súa organización.

Por último, tan só seguir pedíndovos a tod@s a mesma involucración e ilusión ou mais si cabe que ata o de agora, tanto para organizar ou argallar actividades como para participar nas que outros organizan, para apoiar a calquer compañeiro nas dudas ou nos momentos que o necesite, ou simplemente para ir de comellada e de festa cando algún de nós o propoña................. para todo o que faga falta e sempre que teñamos tempo e nos apeteza.

GRACIAS A TOD@S POR SEGUIR AHÍ, é todo un placer compartir liñas e padaladas con vós alaU alaU alaU alaU alaU alaU


P.D. Esta é unha reflexión que me levo facendo un tempo a nivel persoal, e que quería compartir con todos vós. Tan só espero que o entendades do mellor xeito.
Un saudo compañeir@s Wink


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Manuel Díaz



Registrado: 06 Ago 2008
Mensajes: 253
Ubicación: VILALBA



MensajePublicado: Mie Oct 14, 2009 7:28 pm    Asunto: Responder citando

Existen moitos clubes con grandes presupuestos e moitos cartos, que cobran cuotas aos afiliados, que non consigen facer nin a metade de actividades que fai este foro gratuitamente. Que non conseguen unir, ilusionar nin aunar esforzos de cara a realizar cousas xuntos que respondan a gustos comúns.
Desde este punto de vista as persoas que, sen ningunha motivación máis alá que a afición, se esforzan en manter este foro, realizar máis o menos actividades, acertar ou errar plantexando mil cousas que facer, non deberades pedir desculpas. Máis ben todos deberíamos agradecer o voso traballo.
GRAZAS POLO VOSO TRABALLO alaU alaU alaU

_________________
"¡Alba go brath!"
http://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?name=Manoel
http://ccvilalbapontes.creatuforo.com/
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes-2009 -> SOBRE AS ACTIVIDADES DO 2009 (a tódolos membros do foro) Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo