Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
LIGA DE CARRETERA CICLASPONTES 2009
Ir a página 1, 2, 3  Siguiente
 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes-2009
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
CICLASPONTES



Registrado: 09 Dic 2008
Mensajes: 28




MensajePublicado: Mar Dic 09, 2008 10:27 pm    Asunto: LIGA DE CARRETERA CICLASPONTES 2009 Responder citando

- LIGA DE CARRETERA CICLASPONTES 2009


DESCRIPCIÓN: De cara a próxima tempada 2009 pretendemos organizar unha serie de saídas de estrada, que serán lúdicas e co obxetivo básico de servir como entrenamento, pero ás que ademais queremos aportar un pouco de “chispa deportiva” coa inclusión dentro dos percorridos de tramos “competitivos”, que loxicamente cada un pode facer ó ritmo que considere mais oportuno. O que queira “darlle caña” neses tramos poderá facelo, e o que queira ir tranquilo e tomar o tramo sin presas seguro que tamén atopará acompañantes para esto. En calquera dos casos, os tramos estarán situados habitualmente no medio das rutas que se organizarán, e deixaremos tanto o comezo das rutas como a parte final das mismas para reagruparnos e rodar todos xuntos “en familia”. Como podedes ver, o obxetivo final é o de xuntarse e pasar unha mañán ou tarde de ciclismo en boa compañía, ademais de intentar acadar un entrenamento o mais satisfactorio posible conforme ás espectativas de cada un.

A Liga consistirá nunha saída mensual que comezarán no mes de febreiro e rematarán no mes de septembro (sendo un total de 7 saídas ou xuntanzas grupais ó longo do ano, sempre que o clima nolo permita). As xuntanzas celebraranse sempre en fines de semana, para que poda asistir a maior cantidade posible de participantes.





RUTAS E TRAMOS LIBRES:
A lonxitude e dureza, tanto das rutas en sí como dos tramos “competitivos” que se incluirán, irán incrementándose conforme avance a temporada e a preparación dos participantes. As rutas están abertas a suxerencias ou aportacións que todos poderemos facer en canto a cambio-modificación de percorridos, fechas e demais, pero inicialmente imos proponer as seguintes saídas (que como xa decimos non son datas nin percorridos pechados):

- Ruta previa: ida e volta a Villalba con parada no Montero. Finais de xaneiro-comezos de febreiro. Non tramo competitivo. Non será puntuable para a Liga de Carretera.

- Ruta 1. Febreiro: As Pontes-Vilalba-Feira do Monte- Vilalba-As Pontes. Tramo libre Santaballa-Alto da Santa do Carballo.

- Ruta 2. Marzo: ida-volta a Cabañas. Tramo libre Cabañas- Alto de Lavandeira.

- Ruta 3. Abril: Somozas-Moeche-Iglesiafeita. Tramo libre Moeche-Alto de Iglesiafeita.

- Ruta 4. Maio: Somozas-Moeche-Ortigueira-Alto do Caxado. Tramo libre Ortigueira-Alto do Caxado

- Ruta 5. Xuño: Cabañas-Monfero-Xestoso-Momán-Piñeiro. Nesta ruta intentarase facer unha quedada conxunta coa PC Leboreira e co CCRiazor, do mesmo xeito que se fixo no 2008. Tramo libre Monfero-Alto de Piñeiro.

- Ruta 6. Xullo-Agosto: (percorrido por determinar)

- Ruta 7. Agosto-comezos de Septembro:
Cronoescalada ó Alto do Caxado. Dende o lavadero das Campeiras ata a Bola.


É importante que os que vaian participar neste circuito permanezan atentos ó foro porque as datas poderán variar en función da metereoloxía, e tamén poderán variar os recorridos e os tramos competitivos. De todo esto poñerase información con varios días de antelación á data das rutas (avisarase 3 ou 4 días de antelación como mínimo).


Debemos recordar a todos que estas rutas son saídas de entrenamento, e como tales non haberá organizadores nin responsables das saídas e cada un é libre de facer o que considere oportuno durante as mesmas. Por ese mesmo motivo, non haberá vehículos de apoio para avituallamentos nin para asistencia en averías, polo que cada un debe levar todo o que necesite para reparar en caso de avería, e loxicamente tamén o avituallamento. En algunhas saídas poderase facer unha parada de avituallamento en algún bar durante a ruta, pero procurarase que cando esto suceda se faga nos tramos nos que se circule todos xuntos para que todos podan parar, non nos “tramos competitivos”.

RESPONSABILIDADES:
Cada participante é responsable dos seus actos, non podendo reclamar responsabilidades polas infraccións que cometa ou polos accidentes dos que poda ser causa ou nos que se poda ver involucrado durante as rutas. Asimesmo, recordar que as vías permanecen abertas á circulación con total normalidade polo que se deben extremar as precaucións ó circular en grupo. Recordar tamén a obligatoriedade do uso do casco tal e como recolle o vixente regulamento xeral de circulación.

SISTEMA DE CLASIFICACIÓN E PUNTUACIÓN:

O sistema de clasificación será por grupos de edade, para o que se establecerán distintas categorías:
A. Maiores de 50 anos (nacidos no ano 1959 ou antes)
B. Entre 36 e 49 anos (nacidos entre o ano 1960 e o 1973, ambos inclusive)
C. Ata 35 anos (nacidos no ano 1974 ou posteriores)
NOTA: con data de 19-12-08 facemos unha pequena modificación no sistema de clasificación da Liga de Carretera 2009, que afecta tan só ós nacidos no ano 1974 (quedando encadrados na categoría C.Ata 35 anos/nacidos no 1974 ou anos posteriores).

Das 7 rutas que se organizarán, puntuarán as 4 mellores participacións (loxicamente todos os participantes terán obligacións e compromisos e non poderán asistir a todas as rutas previstas, polo cal só puntuan 4 desas rutas). En caso de empate en puntuacións, para decidir o posto final terase en conta o número de rutas nas que cada un participou, quedando por diante aquel que tivese participado en mais rutas.

A puntuación máxima de cada categoría en cada ruta corresponderá o número total de persoas inscritas inicialmente na mesma, independentemente de que participen ou non todos os inscritos da categoría nesa ruta concreta (é dicir, si nunha categoría hai 10 inscritos otorgarase 10 puntos ó primeiro clasificado desa categoría na ruta), e irase restando un punto por cada posto que se entre por detrais (por exemplo, o segundo desa categoría levará 9 puntos, o terceiro 8 puntos e así sucesivamente).

Irase facendo un ranking provisional para ver a evolución de cada participante no transcurso do circuito, e para o mes de septembro-outubro farase un pequeno detalle-recoñecemento ós primeiros clasificados de cada categoría durante a cena de despedida de tempada de Ciclaspontes.


ASISTENCIA ÁS RUTAS:
Por suposto, ás rutas poderá asistir calquer persoa por tratarse de actividades de libre participación, anque pedimos a vosa colaboración inscribíndovos na Liga si é posible, e participando en todas as rutas que vos sexa posible (pedimos a implicación e asistencia sempre que sexa posible de todos os inscritos). Asimesmo, calquer persona que queira acompañarnos nunha ruta puntual será ben recibida, anque non esté inscrita na Liga.


Esperamos que ninguén se sinta indeciso para inscribirse polo temor á competición, pois o importante en sí é xuntarse e que cada un faga as rutas ó ritmo que queira, e por ese motivo esperamos que as categorías non queden baleiras e se inscriba un bó número de participantes nelas, asique

¡¡¡ánimo e a apuntarse!!!!

okAY

_________________
WWW.CICLASPONTES.CREATUFORO.COM
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
CICLASPONTES



Registrado: 09 Dic 2008
Mensajes: 28




MensajePublicado: Mar Dic 09, 2008 10:53 pm    Asunto: ABRIMOS A LISTA DE INSCRIPCIÓN PARA A LIGA Responder citando

ABRIMOS A LISTA DE INSCRIPCIÓN PARA A LIGA

As inscripcións faranse neste mesmo post.
Inscribirse é tan simple como poñer o nome e tamén edade e data de nacemento, para encadrarvos dentro dos distintos grupos de edade.
A inscripción non ten ningún tipo de custe económico posto que como vedes tratase de actividades de libre participación e sin organización, nin seguros........... simplemente son "entrenamentos en grupo con chispa competitiva".

Si alguen quere facer algunha aportación ou suxerencia para mellorar este tema que nolo deixe quedar neste mesmo post.

Gracias a todos pola colaboración, contamos con vós OK2

Nota: o prazo de inscripción estará aberto ata o 31 de xaneiro do 2009.

_________________
WWW.CICLASPONTES.CREATUFORO.COM
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 9:28 pm    Asunto: Responder citando

Pouco movemento vexo eu por aquí de momento, cando a sección BTT está a arder.......................

Apúntome:
Vicente Cabarcos Dopico
Data de nacemento: 15-10-1978 (30 anos-categoría menores de 35)

Espero non quedar só nesta Liga!! Wink , asique vou solicitar a inscripción dos fieis compañeiros de estrada deste foro, VAMOS VAMOS!!

Un saudo

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 9:42 pm    Asunto: Apúntame Responder citando

Veña que eu doulle a todo
Contade conmigo , sempre que poida

FSEOANEP - Fernando Seoane Peteiro
41 Tacos
09/09/1967

Un saudo e Noraboa polo Programa de Actividades
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
javiqf



Registrado: 06 Abr 2008
Mensajes: 121




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 9:45 pm    Asunto: Responder citando

Veña logo outro para o lote.

Javier Quintero Feal
32 años
28-02-1976
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
EMILIO LOPEZ COLLAZO



Registrado: 20 Ene 2008
Mensajes: 26




MensajePublicado: Jue Dic 11, 2008 10:44 am    Asunto: Responder citando

BUENO EU TAMEN ME APUNTO:

EMILIO LOPEZ COLLAZO

54 AÑAZOS

01 / 11 / 1954
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
JAVIER VB



Registrado: 25 Ene 2008
Mensajes: 56




MensajePublicado: Jue Dic 11, 2008 9:30 pm    Asunto: Responder citando

BUENO FALTABA EU POR APUNTARME:
Javier Vazquez Barro 43 años
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
SPYDER



Registrado: 20 Ene 2008
Mensajes: 131




MensajePublicado: Sab Dic 13, 2008 2:45 pm    Asunto: Responder citando

Bueno, para rodar estara bien, venga apuntarme a dichas rutas;


Saludos;

_________________
IMPOSIBLE....................................................................................."NO EXISTE SI NO CABE EN TU CABEZA"...............AL FILO DE LO IMPOSIBLE
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Carlos Franco



Registrado: 25 Jun 2008
Mensajes: 37




MensajePublicado: Lun Dic 15, 2008 8:22 pm    Asunto: apuntademe a min tamen. Responder citando

Carlos Franco Castro 30 - 11 - 65 43 años.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
HIGINIO



Registrado: 19 May 2008
Mensajes: 53
Ubicación: As PONTES



MensajePublicado: Lun Dic 15, 2008 10:22 pm    Asunto: Responder citando

Despois de superada certa idade x os plans de futuro fanse a dia pasado,nostante e deus mediante chegando alo, veremonos polas nosas extradas disfrutando da bicicleta e dos bos colegas, que algun dixo aberlos ailos.
Como din as folcloricas os 50 xa os cumplin.

Saudos.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelc
Invitado








MensajePublicado: Mar Dic 16, 2008 12:47 am    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
javichin



Registrado: 13 Mar 2008
Mensajes: 7




MensajePublicado: Mar Dic 16, 2008 10:38 am    Asunto: liga carretera Responder citando

por supuesto yo tambien me apunto
javier perez bouza(javichin)
4-4-1974
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mar Dic 16, 2008 1:42 pm    Asunto: Responder citando

Javichin cumple os 35 para o 2009, xa entra na categoría de 35 a 49.

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Mie Dic 17, 2008 6:26 am    Asunto: Responder citando

Apuntademe a min tamen

TINO ( Constantino Dopico Méndez )

26 - 09 - 1964

44 anos

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
pulpeiro



Registrado: 31 Jul 2008
Mensajes: 10




MensajePublicado: Mie Dic 17, 2008 4:07 pm    Asunto: UNO MAS Responder citando

No me prodigo mucho por el foro, pero esta bien eso de compartir kilometros con gente nueva, y apretar el culo un rato de vez en cuando.

José Javier González Pulpeiro (15-06-1973)

Saludos.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes-2009 Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2, 3  Siguiente
Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2, 3  Siguiente
Página 1 de 3


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo