Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




LIGA DE BTT CICLASPONTES 2009
Ir a página 1, 2, 3, 4, 5  Siguiente
 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes-2009
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
CICLASPONTES



Registrado: 09 Dic 2008
Mensajes: 28




MensajePublicado: Mar Dic 09, 2008 11:31 pm    Asunto: LIGA DE BTT CICLASPONTES 2009 Responder citando

- LIGA DE BTT CICLASPONTES 2009



DESCRIPCIÓN:
De cara a próxima tempada 2009 pretendemos organizar unha serie de actividades de BTT, que serán básicamente lúdicas, co obxetivo básico de pasalo ben, pero ás que ademais queremos aportar un pouco de “chispa competitiva” (anque loxicamente cada un poderá levar ó ritmo que considere mais oportuno sin ter que ser necesariamente competitivo). O que queira “darlle caña” poderá facelo, e o que queira ir tranquilo e tomar o asunto sin presas seguro que tamén atopará acompañantes para esto. Como podedes ver, o obxetivo básico é o de xuntarse e pasar unha mañán ou tarde de BTT en boa compañía e disfrutando o máximo posible.

A Liga consistirá en 3 actividades distintas que se levarán a cabo ó longo do ano, e celebraranse sempre en fines de semana para que poda asistir a maior cantidade posible de participantes.
É importante que os que vaian participar nesta Liga permanezan atentos ó foro porque as datas poderán variar en función da metereoloxía, e tamén poderán variar os recorridos. De todo esto poñerase información con varios días de antelación á data das actividades (intentarase unha semana de antelación como mínimo).




ACTIVIDADES:
inicialmente pensamos en facer 3 actividades, e cada unha delas realizarase por un tipo de terreo distinto:
(As datas destas actividades están por confirmar)

- Actividade 1. Cronoescalada BTT á Carballeira dende A Cuíña.
Realizarase de modo individual e será cronometrada. Os primeiros terán que amosar unhas boas capacidades técnicas polo tipo de terreo que se lles presenta, así como unha excelente forma física pola esixencia desta subida.

- Actividade 2. Descenso-Avalancha dende o Fontardión a Caaveiro.
Todos os participantes partirán xuntos dende o Fontardión e irán puntuando polo orde de chegada ó mosteiro de Caaveiro. Mais de 10 km de descenso (interrumpido en algunhas ocasións por rampas en subida de varios centos de metros), dos que os 3 últimos kms marcarán definitivamente as diferencias entre os mais técnicos e o resto dos participantes.

- Actividade 3. Rally, ida e volta a Espiñaredo dende Os Alimpadoiros. O orde de chegada ós Alimpadoiros marcará a puntuación. Unha ruta para os "machacas físicos" e sin apenas esixencias técnicas.

Debemos recordar a todos que estas actividades son básicamente lúdicas, e como tales todos debemos velar por que reine o "bo ambiente" e o aspecto competitivo non exceda os límites básicos de seguridade e respeto ós demais, que deben primar ante todo. Deste xeito, non haberá organizadores nin responsables das actividades xa que se consideran "entrenamentos en grupo", e cada un será libre de facer o que considere oportuno durante as mesmas. Por ese mesmo motivo, non haberá vehículos de apoio nin asistencia de ningún tipo, polo que cada participante debe levar todo o que necesite para reparar en caso de avería, e loxicamente buscarse os medios de transporte si é necesario.

RESPONSABILIDADES: Cada participante é responsable dos seus actos, non podendo reclamar responsabilidades polas infraccións que cometa ou polos accidentes dos que poda ser causa ou nos que se poda ver involucrado durante as actividades. Avisamos con antelación de que estas actividades, por tratarse de entrenamentos grupais, non terán seguros por accidentes.
Asimesmo, recordamos a todos os que participen que esto non é unha competición, e que debe extremarse a precaución e controlar os riscos para evitar accidentes ou danos persoais (todos os participantes deben ser conscientes do que "teñen entre mans" e a responsabilidade de que esto salga ben será de todos e cada un). Calquer participante que mostre conductas inapropiadas ou provoque riscos innecesarios poderá ser apartado.
Recordamos que as vías permanecen abertas á circulación con total normalidade, polo que se deben extremar as precaucións. Recordar tamén a obligatoriedade do uso do casco que recolle o vixente regulamento xeral de circulación.
AVÍSASE DE QUE NON SE PERMITIRÁ A PARTICIPACIÓN MENORES DE 18 ANOS polos riscos que estas actividades supoñen.

SISTEMA DE CLASIFICACIÓN E PUNTUACIÓN:

O sistema de clasificación será por grupos de edade, para o que se establecerán tres categorías (modificado con data 22-12-2008):
Categoría A: Mais de 41 anos (inclúe ós nacidos no ano 1968 e anos anteriores)
Categoría B: de 31 a 40 anos (nacidos entre o ano 1969 e o ano 1978, ambos inclusive)
Categoría C: ata 30 anos (nacidos no ano 1979 e posteriores)
(A modificación realizada atende a motivos de reparto igualitario dos participantes nas distintas categorías).


Das 3 actividades que se organizarán, puntuarán as participacións nas 3. En caso de empate en puntuacións, para decidir o posto final terase en conta a idade de cada participante, quedando por diante aquel que tivese maior idade.

A puntuación máxima de cada categoría en cada actividade corresponderá o número total de persoas inscritas inicialmente na mesma, independentemente de que participen ou non todos os inscritos da categoría nesa actividade concreta (é dicir, si nunha categoría hai 10 inscritos otorgarase 10 puntos ó primeiro clasificado desa categoría na actividade), e irase restando un punto por cada posto que se entre por detrais (por exemplo, o segundo desa categoría levará 9 puntos, o terceiro 8 puntos e así sucesivamente).

Irase facendo un ranking provisional para ver a evolución de cada participante no transcurso da Liga, e para o mes de septembro-outubro farase un pequeno detalle-recoñecemento ós primeiros clasificados de cada categoría durante a cena de despedida de tempada de Ciclaspontes.


ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES:
para evitar asistencia de demasiados participantes a algunha das actividades en concreto (o que consecuentemente aumentará os riscos da mesma) limitarase a participación a estas actividades, de xeito que únicamente poderán participar nas actividades da Liga aqueles que se inscriban antes de 31 de xaneiro do 2009.



¡¡¡Ánimo e a apuntarse!!!!

okAY

_________________
WWW.CICLASPONTES.CREATUFORO.COM
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
CICLASPONTES



Registrado: 09 Dic 2008
Mensajes: 28




MensajePublicado: Mar Dic 09, 2008 11:42 pm    Asunto: Responder citando

ABRIMOS A LISTA DE INSCRIPCIÓN PARA A LIGA

As inscripcións faranse neste mesmo post.
Inscribirse é tan simple como poñer o nome e tamén edade e data de nacemento, para encadrarvos dentro dos distintos grupos de edade.
A inscripción non ten ningún tipo de custe económico posto que como vedes tratase de actividades de libre participación e sin organización, nin seguros........... simplemente son "actividades en grupo con chispa competitiva".

Si alguen quere facer algunha aportación ou suxerencia para mellorar este tema que nolo deixe quedar neste mesmo post.

Gracias a todos pola colaboración, contamos con vós OK2

Nota: o prazo de inscripción estará aberto ata o 31 de xaneiro do 2009.

_________________
WWW.CICLASPONTES.CREATUFORO.COM
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Xalo



Registrado: 24 Mar 2008
Mensajes: 6
Ubicación: As Pontes



MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 9:47 am    Asunto: Responder citando

Eu apuntome,

Nome: Xalo Maira Pernas
Idade: 31
Data nacemento: 21 / 09 / 1977
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
korea



Registrado: 12 Sep 2008
Mensajes: 438




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 1:13 pm    Asunto: Responder citando

Nome: Manuel Pellón CArballeira
Idade: 20
Data nacemento: 03 / 10 / 1988

O que tivo esta idea hai que darlle un premio!!!Jajajaja
De onde parte o descenso ese que xa que son 20 km algun dia avera que ir dar uha volta por ali.Ademais de este descenso-maraton(que se de verda son 20 km estaria dpm!!!!!!!), poderiamos facer outro tipo de descensos pola cuiña ou dende o repetidor ata vilarbo polo medio da fraga,que arranxando un pouco o camiño, poderiamos facer unhos peraltes e algun salto de consideracion, e asi teriamos unha baixada moi tecnica que estaria interesante tela,ademais de que xente que igual non soe andar en bici animariase o estar o lado da casa!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
Isma



Registrado: 28 Ene 2008
Mensajes: 200




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 2:17 pm    Asunto: Responder citando

Eu tamen me apunto.

Nome: Ismael Vilaboy Ledo.
Idade: 29.
Data nacemento: 25/06/1979.

_________________
" Non hai estraños, tan só amigos ós que ainda non atopache "
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email MSN Messenger
Pink_Panther



Registrado: 01 Feb 2008
Mensajes: 57




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 3:34 pm    Asunto: Liga BTT Responder citando

Arriiiiiiiiiiba e aló imooooooooooooooos!!!!

Miguel A. Vilaboy Romero
Idade 33 anos
Data de nacemento:31/05/1975


alaU
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ZALO



Registrado: 25 Mar 2008
Mensajes: 356
Ubicación: NARON



MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 7:29 pm    Asunto: Responder citando

BRAIVO e unha idea caralluda BRAIVO

eu tamen me apunto montonT

ZALO
29 anos
08-02-79

PD:a baixada dende fontardion por donde é para chegar a 20km quest
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email MSN Messenger
SPYDER



Registrado: 20 Ene 2008
Mensajes: 131




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 8:38 pm    Asunto: ME APUNTO Responder citando

PARA VER LO QUE PASA Y DAR CERA A ALGUNOS JIJIJIIJIJII

QUE ES BROMAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA

_________________
IMPOSIBLE....................................................................................."NO EXISTE SI NO CABE EN TU CABEZA"...............AL FILO DE LO IMPOSIBLE
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
SPYDER



Registrado: 20 Ene 2008
Mensajes: 131




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 8:41 pm    Asunto: PERDON Responder citando

VICTOR M PICOS ROMERO
01-06-1975
33 CASTAÑAZOS
SPYDER

_________________
IMPOSIBLE....................................................................................."NO EXISTE SI NO CABE EN TU CABEZA"...............AL FILO DE LO IMPOSIBLE
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 9:09 pm    Asunto: Eu Apuntome Responder citando

Contade conmigo , sempre que poida

FSEOANEP - Fernando Seoane Peteiro
41 Tacos
09/09/1967

Un saudo e Noraboa polo Programa de Actividades
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 9:24 pm    Asunto: Responder citando

Pois eu tamén me apunto, anque sexa pa chegar de último en casi todo (pero preparádevos que na subida á Carballeira penso darvos caña eh).

Vicente Cabarcos Dopico
Data nacemento: 15-10-1978 / 30 anos (pa o 2009 cumplo 31 asique categoría de maiores de 31)

En contestación á pregunta de Korea e á de Zalo:
korea escribió:

De onde parte o descenso ese que xa que son 20 km algun dia avera que ir dar uha volta por ali.Ademais de este descenso-maraton(que se de verda son 20 km estaria dpm!!!!!!!)..........


Botade un ollo a este track do wikilock: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=174271
Digamos que esa baixada-maratón comezaría no alto do Fontardión (o primeiro alto que se aprecia no perfil da ruta) e chega ata Caaveiro, poden ser 17 ou 18 kms (non o sei con seguridade) pero é unha pasada, ten zonas moi rápidas-pisteras e zonas moi técnicas (sobre todo ó final), casi todo en baixada anque hai un par de rampas en subida polo medio (que ademais coinciden con zonas asfaltadas) que terán como moito 1km. Merece a pena facela.
Penso que no perfil da ruta a información é errónea; é certo que o Alto do Fontardión está a 700 e pico metros de altura, pero si non me equivoco o mosteiro de Caaveiro debe estar como moito a 100metros sobre o nivel do mar, non ós 450 que indica o perfil, asique imaxinade a rutiña, en 17-18kms baixanse 600 e pico metros de desnivel............
Saudos

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
korea



Registrado: 12 Sep 2008
Mensajes: 438




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 9:34 pm    Asunto: Responder citando

Eu creo que sendo por esa zona sale un descenso con moita pista e zonas moi chas.Eu cando fun con marcos,isma e vivi baixamos de fontardion polo camiño de senderismo e fumos dar a carretera general xunto antes da capela e despois poderiase tirar directo xa pa caaveiro.Sale unha ruta mais corta pero cero que pode ser con mais desnivel e zonas mais tecnicas.Chente,tamen se hai que propoñer o da baixada a vilarbo por donde vos levei que e corta pero igual asi se anima xente que non sae na bici a rutear!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Enviar email
javiqf



Registrado: 06 Abr 2008
Mensajes: 121




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 9:46 pm    Asunto: Responder citando

Veña logo outro para o lote.

Javier Quintero Feal
32 años
28-02-1976
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
marcosf



Registrado: 22 Ene 2008
Mensajes: 735




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 10:18 pm    Asunto: Responder citando

apuntome,

marcos fernandez bellas
28 anos
18/12/1980
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
marcosf



Registrado: 22 Ene 2008
Mensajes: 735




MensajePublicado: Mie Dic 10, 2008 10:23 pm    Asunto: Responder citando

korea escribió:
Eu creo que sendo por esa zona sale un descenso con moita pista e zonas moi chas.Eu cando fun con marcos,isma e vivi baixamos de fontardion polo camiño de senderismo e fumos dar a carretera general xunto antes da capela e despois poderiase tirar directo xa pa caaveiro.Sale unha ruta mais corta pero cero que pode ser con mais desnivel e zonas mais tecnicas.Chente,tamen se hai que propoñer o da baixada a vilarbo por donde vos levei que e corta pero igual asi se anima xente que non sae na bici a rutear!!


a baixada de 18 km. é ata o centro de interpretación da natureza. o descenso acabaría no mosteiro de Caaveiro, donde serán aproximadamente 10km.

Como di VCD, é un descenso mais ou menos completo do que temos por aquí, o principio unha baixada rápida ata vilariño, unha parte media ata enlazar co camiño de caaveiro, máis técnico e complicado..

Do que hai por aquí cerca é o que dura un pouquiño máis, a baixada a vilarbó está moi chula, pero cecáis algo curta.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Actividades Ciclaspontes-2009 Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2, 3, 4, 5  Siguiente
Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2, 3, 4, 5  Siguiente
Página 1 de 5


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear un foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo