Polo que vexo, este ano cambiaron por completo o recorrido: virán polo Barqueiro e Mañón, subirase ó Caxado, baixada hasta As Pontes e despois continuarase hacia Roupar, subirase a Muras e A Gañidoira, baixada a Viveiro e final en San Roque. Casi nada!!
Xa era unha marcha dura, pero o percorrido deste ano ainda é mais, mais dura e mais longa. A única ventaxa é que a maior parte das carreteras que transita están con firme impecable (antes eran pistas de aldea casi todo).
Menos mal que penso que o 19 de Xullo vou estar liado, asique probablemente non poda ir. Se non, xa me via sufrindo durante cerca de 5 horas.
"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Oxe celebrouse esta marcha. A miña intención inicial era ir, pero primeiro está "o patrón" antes que o pedaleo. Sí estiven no alto do Caxado vendo pasar a marcha, e debo decir que os dous únicos ponteses que se atreveron coa exixente ruta foron Higinio e Manolo Carballo , que pasaron coma sempre apretando os dentes e dando todo.......
Tamén pasou Miguel do C.CVilalba-AsPontes, pero polo que vin parou no noso pobo e non continuou a Viveiro.
Chamoume a atención que non había moita participación (60 serían?, penso que non moito mais), quizais ainda que o percorrido é atractivo, a fecha non é moi boa, en moitos sitios celebrase o patrón e esto "rapta" asistentes.
Un percorrido duro, e o día con bastante calor e moito aire de frente (dende As Pontes ata o final tivo que dar sempre de cara).
Espero que Manolo (a ver si nos estrenamos nas crónicas) e/ou Higinio nos conten algo mais de cómo lles foi
"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Registrado: 19 May 2008 Mensajes: 53 Ubicación: As PONTES
Publicado: Dom Jul 20, 2008 11:43 pmAsunto: TURRON DO DURO
Visto de que Manolo non se quere estrenar nisto de cronista terei que ser outra vez quen o faiga.
Durilla durilla foi a XXI marcha cicloturista concello de Viveiro . O de ciclo turista casi que lle sobraba , pois eu pouco tempo tiven de ollar o paisaxe.
Saida as 3,30h do pavillon polideportivo direcion plaia de area na carretera de Burela , despois duns 3 kilometros pa quecer pernas( que boa falta fixo despois), volta pa tras direccion Covas, a salida deste pobo toque de corneta a zafarrancho de conbate, peloton en fila hasta que rompeu no primeiro repeito duro que apareceu , logrei entrar cos de diante, unha ducia
Sobre 20 kilometros tiron tras tiron que quitaban o aire cando empezabas a collelo cheguei co grupo ata o cruce de mañon, como iba fora de punto e antes ou despois teria que afloxar decidin facelo aqui.
Despois dun repeito duro o principio do desvio ben a unica baixada que queda hasta o Caxado, nesta baixada pasoume un que vestia de colorado, no coñocin pois fixoo coma un lostrego nunhas curvas que non se ve nada , a un kilometro da subida cheguei a Manolo e un rapaz de Meira que despois foi segundo na categoria de menos de 25 anos mais o de colorado que me pasara na baixada , o pasar polas Grañas dixonos un guardia de trafico que o grupo dianteiro pasara a dous ou tres minutos, seria o kilometro 40 mais ou menos.
Antes de chegar o Vidueiro no limite dos concellos Das Pontes con Ortigueira pasei porriva do que seria unha lata pois tocar tocou como se a fora,enton deime conta que estava en llanta, cando me baixo e miro patras vexo a Manolo aparcando na cuneta, a mui condenada lata seguia viva e tamen picou a Manolo. Saca roda esta que cos apuros non quere salir e faise a revelde , ofin consigo sacala desmonta e mete camara nova , pasan dous de naranxa e estando dando vento pasa outra ristra deles de 12 ou 14, o bonbillo que da menos aire co pumba dun mariquita, saida con mita do vento necesario. Na primeira subida que hai cara o Caxado estaba o coche do avituaiamento parada a cargar bidos de auga e refrescarse un pouco, ca boa sorte que tiñan unha boa bomba de dar aire inflamos da bondo e caña parriva.
Na baixada do Caxado xa fomos collendo algun e na subida a Cruz das Cabezas collemos a tres, un deles quedouse e seguimos un grupo de 5 o rapaz de Meira, Manolo,un de Quintena da Coruña un asturiano mais eu, o de colorado que subira Mañon con nosoutros perdemolo, debeuse quedar no abituaiamento, chegando o alto da Gañidoira"pescamos" outros dous, baixada cara a Viveiro vento de frente, niebla espesa , chovendo auga miuda e carretera media humeda gas a fondo hasta Viveiro xa chegando collemos os dous ultimos que nos faltaban e que nos pasaran cando o pinchazo.
Xuntamonos os 5 ou 6 o principio do asalto a San Roque algun xa se quedara na baixada , saleu un asturiano que se foi indo na primeira rampa, enton inda que estaba ben tocado decidinme tamen a darlle un pouco mais, hasta donde no no sabia, as forzas eran as xustas ou algo menos,pasados os primeiros tres kilometros mui duros durisimos diria eu atopase unha gallada, collese a dereita e ben unha zona pa poder respirar relaxome un pouco pa o ultimo esforzo e miro patras, vexo un que non se me facia coñocido do meu grupo, chega o meu lado e agora si que o coñocin un asturiano do Naviego e da miña edade, faltaban poucos metros pa que acabara esta zona de respiro e puxenme a sua roda, o empezar a siguiente rampa dus 300 metros e pamin o mais duro de toda a subida hai unha curva a esquerda, colleuna por fora e subeu piñon, eu collina por dentro e baixei dous dentes, non dei separado del alo mais de 4 ou 5 metros o final hai outra curva esta a dereita que suaviza un pouco, cando me dou conta tiñao o meu lado, apreto os dentes e dixen pamin morrer, botei todo o que tiña mais o que non, cando cheguei o alto do Castelo ollei patras e vexo o compañeiro a mitade do ultimo repeito.
Cheguei no posto doce e primeiro dos da terceira edade .O de San Roque non sei quen llo poñeria, seu fora o padriño o de santo precisamente no no levaria, mais ben outro axetivo no que moitos de vos pensades.
Como xa dixen o principio, marcha dura 128 kilometros en 4,45h media de 27. Unha mestura de disfrute sufrimento e gañas de volver.
Bos dias Higinio, ante todo felicitarte por eses 1º e 12º postos, non esperabamos menos de ti, deixando o pabellon alto, coma sempre. Seguimos esperando a cronica de Manolo. Un saudo e felicitacions a ambos.
_________________ "Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro