Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




VI Ruta a Lalín BTT

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas BTT
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Vie Sep 04, 2009 11:26 am    Asunto: VI Ruta a Lalín BTT Responder citando

O 4 de outubro de 2009 celebraremos a VI Ruta a Lalín en BTT, unha nova edición con trazado inédito. Como xa sabedes os asiduos a esta marcha, todos os anos buscamos novos camiños e carreiros, tratando de descubrir esquecidas e xenuínas paisaxes e recunchos case ignotos da Comarca.

Neste ano a ruta toma rumbo sueste, buscando as terras de Dozón, tras uns primeiros quilómetros por lalinenses. Unha boa parte dos nobres e enxebres camiños desta ruta transcorren polo veciño concello de Castro-Dozón. Xa o poeta Ramón Cabanillas cantara a estas terras:
...
Terras outas de Dozón!
Terras bravas, montesías,
De menhires e cruceiros
Que soñan baixo os luceiros
Con antergas teoloxías.

E sirven para irnos ambientando nos camiños que esperan. Bos de andar (pedalear) pero esixentes. Será na praza da capital castrexa onde repoñeremos forzas, longo de 25 km e unha prolongada e dura subida. Logo encamiñámonos novamente cara os eidos de Lalín para movernos polas beiras do río Seixas e o seu val. Boa parte desta segunda parte da ruta transcorre por unha das paraxes máis fermosa e enfeitizadora da Comarca do Deza. As derradeiras pedaladas farémolas pola Vía da Prata, o camiño xacobeo do sueste, para xa entrar en Lalín.

Paisaxe, camiños, carballos, carreiros, pedra, auga, pontes ... unha morea de elementos acudirán ao camiño para que insuperables sensacións se acheguen o día da ruta e se graven na nosa mente. Ademais, as propias dificultades da marcha (física alta e técnica media) farán que a xornada perdure no noso corpo.

Queremos agradecer de antemán a vosa participación, desexarvos que gocedes do percorrido e da amabilidade destas terras. Estamos a traballar para ofrecer os servizos habituais (avituallamentos, asistencia mecánica, ambulancia, duchas, lavado de bicis...) así como os merecidos agasallos. Nesta edición o xantar será no pavillón municipal, pretendemos organizar unha comida típica galega (empanada, carne ó caldeiro, postre, pan e bebida), con todos sentados ao carón da confraternidade btteira.

Lembrade que saímos e chegamos desde o estadio M. Anxo Cortizo (o campo de fútbol) e que para poder dar un mellor servizo pechamos a inscrición o día 30 de setembro ou ao cubrir as 300 prazas.

Máis información aquí:
http://www.alambikelalin.com/2009-vi-ruta-lalin-btt/
http://www.foromtb.com/f46/vi-ruta-lalin-en-bicicleta-todo-terreno-508025.html

Volver arriba
Manuel Díaz



Registrado: 06 Ago 2008
Mensajes: 253
Ubicación: VILALBA



MensajePublicado: Dom Sep 06, 2009 8:06 pm    Asunto: Responder citando

se non hai novidade a esta haberá que ir de novo. Sempre o fan xenial.

_________________
"¡Alba go brath!"
http://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?name=Manoel
http://ccvilalbapontes.creatuforo.com/
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Dom Sep 06, 2009 9:37 pm    Asunto: Responder citando

Por esas fechas o tempo xa será máis agradable. jejeje rain rain
Volver arriba
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Mar Sep 22, 2009 1:27 pm    Asunto: Responder citando

Bueno pois xa estou eu tamén inscrito nesta.
Volver arriba
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Sab Oct 03, 2009 8:04 pm    Asunto: Responder citando

Mañá imos ter un tempo espléndido rain rain rain Que bon son. Xa o predixen cun mes de antelación jajUA jajUA. Voume adicar un aplauso que ben o merezo BRAVOOU
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Sab Oct 03, 2009 8:45 pm    Asunto: Responder citando

Moi bó jejeje Wink
En adiante ímosche chamar o Pemán de Ciclaspontes JEJEJO

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Dom Oct 04, 2009 4:29 pm    Asunto: Responder citando

As fotos xa están en camiño. Foi unha ruta preciosa cunhos sendeiros guapisimos (algún deles de 14 séculos de antigüedade según un foraneo do lugar que tamén ia na marcha). A marcaxe moi boa e poucas veces se saia á carretera. Nas poucas ocasións que se saiu sempre estaban os membros de Tráfico para parar os coches e que nosoutros poidesemos pasar. Todo perfectamente organizado, a xente de Alambike moi atenta e amable. E ainda por riba e a pesar da lama que había, non nos choveu en toda a mañá. Estivo un día moi agradable (Chente xa non valgo para Pemán jejeje). En xeral unha ruta dun nivel altísimo. Incluso nos ponían música no avituallamiento. Foi incrible. E bueno, e como dixen, en canto teña as fotos listas xa as poño aquí para que as vexades.
Volver arriba
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Dom Oct 04, 2009 5:18 pm    Asunto: Responder citando

Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Dom Oct 04, 2009 5:35 pm    Asunto: Responder citando

Mais efectividade é imposible Nacho. Moi boa pinta teñen esas fotos! E digo eu ¿qué tal lle foi a ruta ó voso colega da bici ríxida-ríxida? Aínda queda xente brava BALIEENTTE

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Nacho_borrado
Invitado








MensajePublicado: Dom Oct 04, 2009 5:40 pm    Asunto: Responder citando

Xa quixeramos nós andar coma él. Embarassed
Volver arriba
FSEOANEP



Registrado: 04 Mar 2008
Mensajes: 262
Ubicación: PONTEDEUME



MensajePublicado: Dom Oct 04, 2009 11:29 pm    Asunto: Re: Responder citando

Nacho Hermida escribió:
Xa quixeramos nós andar coma él. Embarassed


O que val realmente e o "Moneco" , de todos os xeitos si foi con vos andivo de Carallo ....... Estades feitos uns cracks , pena de non poder haber ido facervos compañia
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
Manuel Díaz



Registrado: 06 Ago 2008
Mensajes: 253
Ubicación: VILALBA



MensajePublicado: Lun Oct 05, 2009 8:07 pm    Asunto: Re: Responder citando

FSEOANEP escribió:
Nacho Hermida escribió:
Xa quixeramos nós andar coma él. Embarassed


O que val realmente e o "Moneco" , de todos os xeitos si foi con vos andivo de Carallo ....... Estades feitos uns cracks , pena de non poder haber ido facervos compañia


Anímate na próxima. Para min é unha das mellores de galicia (das que coñezo). Como di Nacho, pola xente, polo recorrido, polo marcaxe, pola música nos avituallamentos, polas camisetas de deseño, outra vez pola xente...en fin van tres ou catro anos e seguirá sendo unha fixa a pesar da distancia. Esperamos que a próxima vez vaiamos uns cantos ciclaspontes.
En canto ao amigo Chapi non hai quen o convenza para aumentar os 8 kg da burra que leva. É bravo, bravo porque ademais baixa que nin dios.

_________________
"¡Alba go brath!"
http://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?name=Manoel
http://ccvilalbapontes.creatuforo.com/
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas BTT Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear un foro | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo