Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




XI Marcha Ciclista a Ferrolterra

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas Carretera
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Jue Jul 24, 2008 9:33 am    Asunto: XI Marcha Ciclista a Ferrolterra Responder citando

(Información copiada do foro do CC Ferrol):

El sábado, día 23 de Agosto, se celebrará la XI Marcha Ciclista a Ferrolterra, organizada por el Club Ciclista Ferrol, con una distancia a realizar de 120 kms.
La salida, será a las 15,00 horas, del Pabellón Polideportivo Municipal de la Malata en Ferrol.
Esta marcha está reservada hasta 75 ciclistas.

En archivos adjuntos están el cartel y el tríptico de la prueba, éste último, listo para poder cubrir desde el ordenador e imprimirlo.

Más información en la página web del club: http://www.clubciclistaferrol.es/gallego/gallego.htm

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Jue Jul 24, 2008 9:37 am    Asunto: Responder citando

Ben, si é posible irei a esta ruta. Recordade que hai unha limitación de plazas a 75. Sobre a ruta en sí, con decir que se sube a Garita de Herbeira dende Cariño e se vai hacia San Andrés (o porto mais duro da zona), creo que xa é suficiente. Ademais deso, son 120 km que se suelen facer a ritmo vivo, asique haberá que estar en forma para ir facer esta marcha.

Deixo enlace coa altimetría da Garita: http://www.altimetrias.net/aspbk/verPerfilusu.asp?id=54
E o enlace coa páxina do compañeiro do foro Ricardo Vélez, donde aparece recollido todo o porto con gran detalle e fotos incluídas:
http://ricardovelez2002.iespana.es/herbeira.htm Páxina 1
http://ricardovelez2002.iespana.es/herbeira02.htm Páxina 2
http://ricardovelez2002.iespana.es/herbeira03.htm Páxina 3

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Jue Ago 14, 2008 8:03 am    Asunto: Responder citando

Onte marchamos 3 "valientes" ou mais ben "tolos" (casi que ó segundo) ás 4 da tarde pasadas, a "visitar" a subida da Garita.
Manolo Carballo, Higinio mais eu. Arrancamos Caxado arriba para facer a dixestión. Vaia quentamento!! No alto do Caxado atopamos a Fernando que viña na nosa busca; tiña alí aparcado o coche. Descenso fugaz a Ortigueira, a 65-70km/h. No polígono xuntámonos con Rufino. Imos tirando a ritmo tranquilo en xeral ata Cariño (algún que outro escarceo).

Ó chegar a Cariño comezamos a dura subida, cada un ó seu paso. Facía polo menos 2 anos que non pasaba eu por aquí, e xa non recordaba moi ben como era esto. A subida comeza deixándote pedalear, incluso con algún falso llano nos primeiros km que dá para embalar a bici. Pero xa a partir do km 4 se torna mais dura, algunha curva de ferradura e veña a subir sobre o 8-9% de desnivel. Ó chegar ó cruce que bifurca Garita-Cabo Ortegal, miro parriba e recordo o tremendo desnivel. Aínda faltan mais de 2km para o alto, os mais duros. A pendente rondando o 11-12% e unha rampa interminable ó 17% fuf!! ó pasar esta rampa xa parece que a subida remata: equivocado, paso o "cambio de rasante" e segue a ascender, e así con varias rampas e cambios de desnivel aínda casi outro km. Ó final chego arriba "mallado", cun bo tempo de ascensión eso sí (apenas 30 minutos).
Un consello para o que non a coñeza: comezade tranquilos, sin cebarse porque o comezo é fácil e progresivamente vai endurecendo, ademais de que os km van castigando as pernas. Reservade forza para os 2,5 últimos km porque estou seguro que se van necesitar.

Despois, baixada hacia San Andrés, subida ó mirador donde remata o tramo libre da marcha (outra "rampiña" de 1,5 km moi dura, á que se chega "mallado" debido á subida á Garita e coas pernas frías pola tremenda baixada dende a Garita hacia San Andrés). Baixada a Cedeira, dende aquí retornamos pola carretera hacia Campo do Hospital. Volve a tocar subir. Baixada hacia Mera, imos ata A Cuíña e Subida de novo ó Caxado polo lado de Ortigueira (outros 700 m de desnivel repartidos en 18 km de subida, cos 5 primeiros ó 8%). Por si as pernas non tiveran pouco encima!! Embarassed Embarassed Embarassed Embarassed Embarassed
Rufino déixanos nas Canteiras (qué sorte ter a casa preto!), e Fernando no alto do Caxado. Dende o alto, a coller frío cara As Pontes.

Un recorrido duro, sempre en sube-baixa. Ó final chegamos a As Pontes preto das 9 da noite, con 120 km nas pernas e un desnivel acumulado de bastante mais dos 2000m de ascensión (e vaia ascensións!!). Todos caladiños (non había moitos folgos para falar) liscamos cada un para a casa, con ganas dunha ducha quentiña e cear algo, e por suposto, de ir para a cama canto antes que ben o merecíamos.
Como decía algún, pouco antes de chegar ó pobo "Vou ata as p..lotas de pedalear" (e eso que estes son dos "bravos").

En definitiva, moito coidado coa subida á Garita, que sin cebarse e a ritmo é unha subida bonita. Eu pensarei se ir á marcha deste ano, moito "machaque" para o corpo xa a estas alturas Wink

Un saudo


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
HIGINIO



Registrado: 19 May 2008
Mensajes: 53
Ubicación: As PONTES



MensajePublicado: Jue Ago 14, 2008 10:16 pm    Asunto: A Garita ben merece unha tarde Responder citando

Eu non contarei como viña o neno pequeno, so cecirche que hoxe pola tarde salin con Manolo, mais o amigo Souto ata Vilalba a probar si tiña pernas, pois onte cando chegamos mais ven eran contrapesos, pero mira por donde, cun poiquiño de descanso e un bo chuleton o medio dia xa parecian outra vez extremidades.
Como dixo un cando subiamos a Cedeira,pa estar en forma isto abia que facelo cada semana duas veces, outro dixo e os domingos tamen e un terceiro apostillou, camina o revienta,eu non sei se nos poñeria a camiñar, do que si estou seguro e do de reventar.
Tamen penso que calquer dia que se cadre a calquera de nos, a Garita de Herbeira vainos ver pasar de novo.

O dificil e poñerse, o demais casi se fai solo, e sendo en boa compaña tamen axuda. Un saudo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelc
Invitado








MensajePublicado: Mar Ago 19, 2008 2:30 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Dom Ago 24, 2008 12:42 pm    Asunto: Responder citando

Cómo vos foi?

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas Carretera Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Foro gratis | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo