Ciclaspontes Ciclaspontes
O foro dos que disfrutamos do Ciclismo
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 




XIII Rota Cicloturista da Mariña
Ir a página 1, 2  Siguiente
 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Quedadas Carretera
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
ivan
Invitado








MensajePublicado: Lun Jun 09, 2008 1:22 pm    Asunto: XIII Rota Cicloturista da Mariña Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.

Volver arriba
HIGINIO



Registrado: 19 May 2008
Mensajes: 53
Ubicación: As PONTES



MensajePublicado: Lun Jun 09, 2008 4:39 pm    Asunto: Marcha Burela Responder citando

Pois si este forero acercouse porali o ano pasado,na salida despistouse un pouco e caeronlle catro tellas pa enlazar co grupo de cabeza,quero dicir que me pingaba a azotea.No me acordo dos kilometros que son,sobre 90 todos libres a ca..llo partido con duas subidas de tensar cadea e casi todo tovogans, pra rematar subida o castelo que pouquiño lle envidia a do San Roque de Viveiro.
Boa pinchada o final e bon rollo. Chao ,Chao.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Lun Jun 23, 2008 7:38 am    Asunto: Responder citando

Déixovos tamén o perfil da ruta, e os puntos kilométricos de paso. Outra marcha mais na Mariña de Lugo, das duras e ademais toda libre. Intentaremos non perdérnola.


_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
zagato



Registrado: 17 Abr 2008
Mensajes: 215




MensajePublicado: Mar Jul 01, 2008 6:50 pm    Asunto: Responder citando

Non vos podedes perder esta marcha, vamosvos tratar moi ben....

_________________
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Jul 02, 2008 9:38 pm    Asunto: Responder citando

A Foz penso que non vou poder ir, pero espero estar con vos en Burela (eso sí, si non chove) nesta ruta do día 12. Están as carreteras en bo estado zagato??

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
zagato



Registrado: 17 Abr 2008
Mensajes: 215




MensajePublicado: Mar Jul 08, 2008 9:01 pm    Asunto: Responder citando

As carreteras están en bon estado, só hai uns km nos que está un pouco peor, pero nada grave.

Eu estarei axudando na organización, intentaremos facelo o mellor posible. Espero que contemos con presenza de As Pontes. (Dádevos a coñecer).

_________________
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
miguelc
Invitado








MensajePublicado: Mar Jul 08, 2008 9:19 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Mie Jul 09, 2008 7:57 am    Asunto: Responder citando

Si chove penso que a maior parte dos ponteses encollemos, non sei moi ben o motivo quest , e xa non é que sexamos moi altos en xeral (debe ser que somos da raza "ciclistas de invernadero").
De todos xeitos, aínda é pronto para facer caso das prediccións de meteogalicia, e máis vendo o inestable que está o tempo, ó mellor incluso fai un día radiante.
Desde logo si non chove podedes contar con uns cantos de nós Zagato.

Outro tema: ese mesmo día ás 11 da mañán celébrase o paseo do "día da bici" ó que habería que asistir tod@s os que poidéramos. Despois, a intención de algúns sería saír para Burela, comer xuntos por alá e participar na marcha (hai que estar polo menos ás 14:30 xa comidos para facer as inscripcións, cambiarnos e montar as bicis). ¿Quen se apunta a este plan?

_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
miguelc
Invitado








MensajePublicado: Sab Jul 12, 2008 11:12 am    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
zagato



Registrado: 17 Abr 2008
Mensajes: 215




MensajePublicado: Sab Jul 12, 2008 10:17 pm    Asunto: Todas as fotos Responder citando

Aquí vos poño un enlace a todas as fotos da marcha de hoxe. Só decir que foi un éxito, ainda que fomos poucos o ritmo ó que se rodou foi moi alto.
Houbo presencia de xente de As Pontes, coñecín a vcd e a Higinio. Espero que todos o pasárades ben e que en próximos anos veñades a Burela.

http://picasaweb.google.es/zagatorz/MarchaCarreteraBurela2008

_________________
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
VCD
Site Admin


Registrado: 18 Ene 2008
Mensajes: 1765




MensajePublicado: Dom Jul 13, 2008 10:13 am    Asunto: Responder citando

Ante todo un agradecemento a Zagato e os demais membros e colaboradores do CC Burela, que nos trataron de xeito inmellorable para que disfrutáramos desta excelente marcha. Nos próximos anos espero poder repetila, pois deixoume moi bon sabor de boca.

Vou facer unha pequena crónica:
11:30 da mañan, xuntámonos o redor de 300 ciclistas da nosa vila para celebrar o Día da Bicicleta, todo un éxito participativo. Aquí atópome con Manolo Carballo, Higinio e outros compañeiros habituais das marchas. Falamos sobre quen vai e quen non; uns que si non podían por compromisos, outros que non estaban "en forma",......... ó final quedamos Manolo, Higinio e eu ás 13:30 diante do pabillón para partir hacia Burela.
Eu no meu vehículo e Manolo e Higinio no coche de Manolo, bicicletas nos maleteros, saímos hacia A Mariña lucense. Á altura de Roupar comeza a orballar, e xa en Muras esa chuvia convírtese en diluvio. Niebla e auga espesa na Gañidoira, e 13º de temperatura. Chamada telefónica dun coche a outro:
-"¿Qué facemos?"
-"Eu si está o día así non saio"
- "Imos tirar hasta Viveiro a ver cómo está por alá"

Chegamos a Viveiro, ceo moito mais despexado e 18º de temperatura; parece que esto xa alegra. Tiramos ata Burela, inscripcións e saudar a algúns amigos que foron aparecendo por alí; montar as bicicletas, e ás 15:30 puntuais partimos para facer eses 92 km, TODOS LIBRES. Falar dunha marcha completamente libre é outra historia, esto non é un tramo de 6 ou 10 km, esto son 92 hachazo tras hachazo e ritmo alto en todo momento. Un desafío para a resistencia, no que todos e cada un dan/damos todo o que temos. É unha pena que non haxa mais marchas así, aquí na zona somentes Burela e Viveiro, a verdade que son unha gozada.

Saída de Burela e comezan os primeiros escarceos, pero en xeral a xente "reservándose", queda moito por diante. Km 20, primeiro porto, ata o km 28, rampas suaves e subida fluída, pelotón bastante agrupado. A metade de porto arranca un rapaz xoven do Cidade de Lugo e outro do Viveiro. Atópome ben e arranco detrás deles. Ténsase a corda, de subir a 18-20km/h pasamos a subir a 30 un bo rato, e cando o grupo traseiro enlaza con nós apenas somos xa 11 ou 12. Seguimos subindo a bo ritmo. Despois baixada longa, tobogáns, algún con rampas duras, novamente baixar e subir e baixar e subir. Algún porto de 2-3 km, imos perdendo efectivos no grupo dianteiro ata quedar reducidos a un grupo de 7 xa a partir do km 40 ou 45.
Carreteras moi bonitas, sempre metidos no medio da arboleda, o firme sempre impresionante. Unha ruta que merece a pena facer mais veces.

Sin embargo, teño problemas, enfrío nas baixadas (estábamos en zona de interior e a temperatura era baixa, supoño que 13 ou 14º), levo roupa de verán e paso frío, e as baixadas son bastante longas. Ese enfriamento fai que cada vez que remata unha baixada e comezamos a subir, durante o primeiro km ou algo mais me aparezan "tiróns" por tódolos lados: cuádriceps, aductores, gemelos, incluso nos isquios. Penso si será culpa da hidratación, pero non, rondamos o km 55-60 e levo bebidos 3 bidóns, e tamén comín. Ó volver a entrar en calor nas subidas mais longas, as pernas volven a responder con normalidade. No km 70 a 80 zona chan, por fin un pouco de "descanso" relativo, vento de cara pero intento taparme para reservar forzas. km 82, entrada en Burela, novamente zona de baixada e novamente a enfriar. Comezan as primeiras rampas da subida ó Castelo; pegan un ataque dous rapaces do cidade de Lugo e do Viveiro e marchan por diante, o pouco mais adiante responde un asturiano do Navia, despois sale Fernando "o Carteiro", póñome de pé para seguilo pero novamente tiróns nos cuádriceps, hai que sentarse por cojo..... Pásame todo dios, dun grupo de 7 comezo a subida no 7º posto. Como vou frío e as pernas non responden para subir de pé, márcome un ritmo bo subindo sentado, en zona umbral. Ó pouco comezo a coller ós compañeiros que van adiantados, primeiro a Rufino e un ciclista do Burela, engánchoos e pásoos, despois paso ó rapaz do Viveiro; vexo que o chaval do Cidade de Lugo se agarra a unha moto algo por diante miña; o asturiano vai tamén alí, enfádase por ese comportamento e decide pararse. Nunha rampa dura, ós poucos metros, o lucense volve a quedar clavado, esta vez non hai moto para agarrarse e eu pásolle a bo ritmo. Ben, de ir 7º e con problemas véxome 2º a falta de 2km para o alto. Esto dame moral, e tiro ainda con mais ganas para arriba, aquí as pernas xa volveran a entrar en calor e xa respondían ó poñerse de pé nas rampas. Pero Fernando vai por diante a un ritmo tamén moi bon, 200m de distancia entre un e outro que vai mantendo ata que chegamos ó alto. Un 2º posto que me sabe moi ben, a verdade é que non o esperaba.
Despois, baixada ata o pabillón de Burela, meter a bici no coche, duchas e estirar un pouquiño. Os pinchos excelentes: empanada de bonito (buenísima), tortillas no seu punto, queixo, chorizo e xamón cocido, un pan que se comía solo, refrescos, auga e viño,.......... e postre sobresaliente. Todo a repetir canto se quixera. Aproveitamos para falar un pouco coa xente, para sacar algunha foto (é efectivo o amigo Zagato que apenas nunhas horas xa nolas colgara no foro).

En definitiva, unha ruta dura e bonita, das que fan aficción, e uns anfitrións que nos deron todo o que tiñan (gracias por todo). Penso que non se pode pedir mais.
Prometemos voltar en anos vindeiros.



_________________
http://www.ccvilalba-aspontes.es/ccvp/desafio.html

"Hai no mundo unha linguaxe que todos comprenden: é a linguaxe do entusiasmo, das cousas feitas con amor e con vontade, na busca daquelo que se desexa ou no que se cree" (Paulo Coelho)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
HIGINIO



Registrado: 19 May 2008
Mensajes: 53
Ubicación: As PONTES



MensajePublicado: Dom Jul 13, 2008 6:38 pm    Asunto: MARCHA BURELA Responder citando

Despois do de Vicente pouco se pode comentar mais, se un caso a miña experiencia persoal. Solo unha coisiña que Vicente como implicado no tema non quixo facer mencion, e esta bai dirixida a organizacion que foi perfecta, solo lle faltou uns detalliños cos primeiros que chegaron o castelo, pouco custa e un recoñecemento o seu esforzo, e creo que un aliciente mais pa que nos proximos anos a participacion sexa inda mais numerosa.

En canto amin este ano nome pillou o touro na saida, aguantei ben ata a mitade do primeiro porto, unhos 25 kilometros aqui empezaron a estalar as cadeas e tuven que afloxar un pouco, foronse casi que os de sempre unha ducia deles, seguin co meu rimo ata coronar arriva, mirei patras e non viña naide. Baixada rapida con carretera en moi bo estado asi ata o kilometro 50 mais ou menos donde pasamos a outra carretera secundaria moito mais estreita e de piso moito mais irregular e tirando casi sempre pariva, acabando unha destas subidas ollei dous de verde, asturianos pa mais señas. Empezou unha baixada e logo unhos cuantos tobogans e non puiden enlazar, tiñaos cerca pero eran dous e o señor estaba solo,fun regulando o esforzo, pois coñecia o que faltaba,que eran uns 20 kilometros de llano e tobogas con vento no fuciño. Fixen 60 kilometros eu solo, podese cecir que foi unha contra reloxo. A entrada de Burela a 5 do alto do castelo colleronme dous rapaces da escola de ciclismo de Viveiro mais outro compañeiro que quedara 2º na suvida o Caxado o ano pasado, nunha das calles que pasamos pa enfilar a subida o castelo hai bandas rugosas e saltoume un dos bidos da auga, cando o dei metido no seu sitio xa me escaparan, enpecei a subida o castelo inda ben dura e funches recuperando pero non puiden pillalos. Fixen o nº 13 e como e mal numero mirarei o proximo ano de facelo un pouco mellor se se pode.

O mellor e gañar e se non se pode tamen e bo participar.

SAUDOS,
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
TINO



Registrado: 19 Ene 2008
Mensajes: 145




MensajePublicado: Lun Jul 14, 2008 6:25 am    Asunto: Responder citando

Ante todo dar a enhoraboa a os compañeiros das Pontes e alrededores, que polo que teño entendido a parte das cronicas de Chente e Higinio deixaron o pabellon ben alto.
Felicitar a Fernando "O carteiro" que fixo primeiro, a Chente que foi segundo, polo que se deduce das cronicas Rufino quedou entre o puesto 2º e o puesto 13, (correxideme se non e asi). Higinio o teu posto coa tua edade e con eses "problemillas" e como se quedases de primeiro, estou seguro que para o ano faralo mellor. Do que non teño a penas informacion e de Manolo Carballo, ainda que oin algo de un pequeno problema de estomago (espero que xa estees recuperado). En definitiva un bo papel da xente que asisteu a marcha.
Doulle a razon a Higinio en que un detalliño os tres primeiros polo menos pouco supoñia, e axente animariase un pouco mais.
Sobre do que comenta Chente do rapaz que se agarraba a moto e unha magoa que non sepas o seu nome para que todos o vaian coñecendo, flaco favor lle fai a un deporte tan duro, bonito e espectacular; pero en este mundo ten que haber de todo. Supoño que a moto a cual se agarraba era da organizacion, se e asi, pouco di tamen de ese membro, non vamos a incluilos a todos, porque supoño que o resto non ten nada que ver. Por culpa de un podese tirar polo chan o traballo que tanto costa a un grupo de xente organizar un evento de este tipo.
Un saudo a todos.

_________________
"Se se planta a semente con fe e se coida con perseveranza, só será cuestión de tempo recoller os seus froitos" (Thomas Carlyle)
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
ivan
Invitado








MensajePublicado: Lun Jul 14, 2008 12:56 pm    Asunto: Responder citando

Atención mensaje del sistema: Este usuario ha solicitado la baja de su cuenta y mensajes. Por este motivo el mensaje no se muestra.
Volver arriba
zagato



Registrado: 17 Abr 2008
Mensajes: 215




MensajePublicado: Lun Jul 14, 2008 7:54 pm    Asunto: Responder citando

A moto non era da organización, por suposto, e que quede claro. Era de un ciclista de Viveiro que non trouxo bici e anduvo dando voltas polo recorrido da marcha coa súa CBR. Seguramente que moitos dos asiduos ás marchas de carretera o coñeceredes

O dos detalles para os "gañadores" apuntaremosllo ós directivos a ver que opinan.

Alégrome polas boas críticas e intentaremos mellorar todo o que sexa posible para o ano que vén facela casi perfecta.

Un saludo a todos desde Burela.

_________________
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado MSN Messenger
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Quedadas Carretera Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Todas las horas son GMT
Ir a página 1, 2  Siguiente
Página 1 de 2


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro



Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group
mostrar

Crear foro phpbb | foros de Futbol | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo